Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sicixia chega aos cines

Sicixia chega aos cines
prestrea-sicixia-cee Protagonistas e actores secundarios acudiron onte á prestrea de Sicixia nos cines Xunqueira de Cee As salas de cine - galegas e de todo o territorio nacional - teñen dende hoxe na súa carteleira a película roadada (case) integramente na Costa da Morte: Sicixia. Os sons e as imaxes son os principais protagonistas dos 99 minutos que dura o filme no que tamén hai unha peculiar historia de amor protagonizada por Olaia - interpretada pola actriz fisterrá Marta Lado - e por Xiao - Mon Santiso -. Todo baixo a dirección de Ignacio Vilar que presenta a súa sexta producción tralo bo sabor de boca que lle deixou A Esmorga. Un photocall ás portas das salas dos cines Xunqueira de Cee recibía aos protagonistas, equipo de producción, persoalidades da bisbarra e a unha boa parte dos actores secundarios que aparecen na película para contar a esencia pura da Costa da Morte. A vida do mar, as historias que agochan lugares emblemáticos ou os problemas cotiás das pequenas vilas da bisbarra están recollidos neste filme que xa se presentou en Xixón, París e Touluse. prestrea-sicixia-cee2 Á prestrea tamén asistiron representantes de distintas institucións da Costa da Morte Carteleira Dende hoxe xa é posible ver Sicixia nas salas de cine na Costa da Morte. Así, nos cines A Xunqueira hai tres pases diarios (17:45, 20:30 e 23:00) e mañá sábado unha sesión a maiores á 1 da madrugada. Mentras, nos cines Bergantiños, de Carballo, as sesións son ás 18, 20:30, e 22:45 e mañá sábado tamén á 1 da madrugada. [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellozas/videos/1357420257615156/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]  

Máis información

Novas cinematográficas

Máis novas cinematográficas

Outras novas

Fonte

Comentarios