1ª Autonómica: O Baio afunde un pouco máis ao Ponteceso
08:49 10/03/14
Tocaba novo derbi nesta 26ª xornada da 1ª Autonómica, derbi do que sae perxudicado o máis tocado, un Ponteceso que ten a salvación a 5 puntos, aínda sen contar cos arrastres. O Camariñas non o ten mellor, tras caer ante o Amio, rival directo que se escapa a 9 puntos, cando podería ter quedado a 3.
Por arriba, o Malpica sumaba un punto ante o Agolada, que lle permite manter a 3ª praza, empatado cun Villestro que precisamente sacaba 3 puntos de Esteiro, ante unha Esteirana que non pode despistarse de todo, tendo a 9 os postos de descenso e tendo que ter en conta os posibles arrastres.
Malpica - Agolada (1-1)
- MALPICA: Pombo; Andrés, David Castro, Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza (Jorge, min.78), Juan oBello, Abel (Neucha, min.71), Ismael, Óscar Suárez (Martín Maradona, min.64).
- Goles: 1-0, min.5: Óscar Suárez aproveita a parálise da defensa tras un pase picado de Andrés; 1-1, min.80.
Partido difícil para o Malpica. E iso que tivo de cara o partido co gol inicial do incombustible pichichi Óscar Suárez, pero non rematou a faena e acabou cedendo dous puntos que non lle permiten recurtar ante un Arzúa que tamén empataba. I é que o marcador estivo 1-0 máis de 75 minutos, nos que os malpicáns puideron sentenciar. Pero nin unha chegada por banda de Abel que rematou Óscar Suárez lambendo o poste, nin un córner de Juan oBello que petaba no lateral da rede, nin un posible penalti sobre Abel que o colexiado non viu, sentenciaban o partido.
Non se marcou ese segundo gol e o Malpica pasou a sufrir pola incertidume do resultado xa que o Agolada, un equipo de gran envergadura, non quería marcharse cas mans baldeiras de Pedra Queimada. Contra o final lograron empatar nunha falta directa que tocou na cabeza de un defensor e despistou a Pombo. O resultado pode darse por xusto ainda que a arbitraxe de hoxe non estivo a altura do xogo dos dous equipos.
A raíz do empate, e case sen tempo a SCD Malpica, lanzouse en busca da vitoria pero esta non chegou debido a formidable actuación do porteiro Rafa.
Ponteceso - Baio (0-1)
- PONTECESO: Illote, Diego, Javi Peón, Josito, Lorenzo, Mendieta, Martín Puente (Youseff, min.70), Dieguito (Jorge, min.46), Bolón (Nando, min.80), Alberto Recarey e David Brenlla (Yago, min.46).
- BAIO: Anxo, Alberto II (Jose, min.46), Norber, Mario, Eloy (Chema, min.75), Yago, Brais, Bieito, Canay (Rubio, min.70), Christian (Alberto I, min.60) e MC.
- Gol: 0-1, min.40: Brais de falta directa.
Esteirana - Villestro (0-1)
- ESTEIRANA: Manu, Code, Juan, (Tobío, min.68), Rafa, Dani, Varela (Pabliño, min.46), Serrano, Alex, Josiño (Raúl, min.74), Kike e Róber Pladur.
- Goles: 0-1, min.30.
Bo partido dunha Esteirana que contaba con baixas significativas, unhas ausencias que provocaron o debut de dous xuvenís, Rafa como titular e Tobío que entraba na segunda metade. E con eles os outros catro ou cinco que veñen formando parte do primeiro equipo dende o comezo da tempada.
O encontro foi moi disputado pero sen excesivas ocasións de gol, as chegadas a ambas áreas non eran perigosas e o dominio do partido foi allternativo. Se ben o Villestro tentaba ter o balón, os locais roubaban e saían as contras con moito perigo. As ocasións máis claras chegaron a balón parado, Kike de falta mandaba o balón ao pau despois de que os visitantes se adiantasen no marcador tras agarrar perfecto un balón que andaba sen dono.
Non dispuxeron de máis ocasións os visitantes, os cales tentaban controlar o partido e unha Esteirana volcada ao ataque durante todo segunda metade. Kike voltou a tirar unha falta moi perigosa que sacou o porteito increíblemente e despois Álex collía un balón no borde que tamén despexaba o gardamallas. Seguiu presionando a Esteirana pero sen sorte.
Boa presencia de siareiros locais, coma sempre, ante unha tarde xeitosa para o fútbol.
Amio - Camariñas (2-1)
- CAMARIÑAS: Pablo, Rodri, Roi, Snack (Fani, min.70), Manuel (Yuyo, min.46), Moriño, Brais Triñanes (David Toja, min.46), Mario Toja, Pirucho, Sule e Martín.
- Goles: 1-0, min.6; 2-0, min.40; 2-1, min.50: Martín.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora Isma e o blog do Malpica de Luis E. Porto.