1ª Autonómica: O Camariñas saca a cabeza a flote a costa do Ponteceso
O Camariñas é o protagonista desta xornada 13 da 1ª Autonómica tras vencer o derbi ante o Camariñas no partido máis importante, marcado pola necesidade, da xornada. O cadro de Berto superou en eficacia e lectura do partido ao Ponteceso, e sumou 3 que o sacan do descenso e que deixan ao Ponteceso a 5 puntos da salvación, que marca o propio cadro conserveiro.
Polo demais, malos resultados para os nosos. Malpica e Baio non pasaba do empate sen goles ante Amio e Lamela respectivamente, malia ter merecido máis. E a Esteirana xa leva 3 partidos sen gañar tras caer en Agolada.
Camariñas - Ponteceso (2-1)
- CAMARIÑAS: José Luís, Manu, Ro, Sergio, Fabi, Moriño, David (Mario Toja, min.40), Brais, Sule (Paco, min.70), Martín e Yuyo (Wii, min.55).
- PONTECESO: Illote, Rubén, Javi Peón (Tucho, min.46), Moscoso, Josito, Dani Cotelo, Mendieta (Miki Pose, min.60), Alberto Recarey, Dieguito (Bolón, min.65), Nando w David Brenlla (Martín Puente, min.46).
- Goles: 0-1, min.15: Alberto Recarey de penalti; 1-1, min.20: Martín nunha boa contra 2-1, min.35: Brais a centro de David noutra boa contra.
- Expulsión: o central camariñán Roi se cadra algo rigorosa (min.40) e o adestrador Berto.
Soubo xogar as súas armas o Camariñas e quedou con 3 punto vitais para saír dos postos de descenso e tomar un respiro. En fronte, o Ponteceso queda tocado, no fondo, pero mellorando cada semana.
Comezou gañando o Ponteceso, pero a primeira metade foi de total dominio camariñán. Seguramente polo gol inicial, o equipo pontecesán veuse algo atrás, cedendo o dominio aos camariñáns, que en 20 minutos xa remontaran cos tantos de Martín e Brais. Quedaba con 10 o Camariñas antes do descanso, e na segunda veuse arriba o Ponteceso.
Dominou o Ponteceso a segunda pero sen embargo, as ocasións máis claras foron para os locais, como unha de Martín ou unha de Mario Toja que remata alto un pase atrás de Wii. Puido sentenciar o Camariñas á contra e o Ponteceso, a pesar de estar toda a segunda en campo rival, non creou perigo.
Amio - Malpica (0-0)
- MALPICA: Abraham, Eloy Vilas, Manuel Casal, David Castro, Mario Casal, Fernando Varela (Tato, min.72), Neucha (Martín Maradona, min.60), Juan Carlos, Abel (Eloy Cabeza, min.63), Óscar Suárez e Ismael.
Partido tremendamente disputado con ocasións para ambos bandos que sen embargo non se traduciron en goles. Parece que o Amio pode estar máis arriba do que indica a táboa pois prantou cara a todo un Malpica que fixo un gran partido e que tivo boas ocasións pero non conseguíu romper a igualada.
Juan oBello mandaba un córner directo ao traveseiro. O propio oBello protagonizaba a mellor xogada do partido ao fío do descanso cuha gran combinación con Fernando Varela que o porteiro enviaba a córner. E xa contra o final, Óscar Suárez tivo dúas pero non acertou.
Baio - Lamela (0-0)
- BAIO: Anxo, Jose, Chema, Mario, Eloy, Yago, Fachal, Bieito, Alberto, Canay e MC. Tamén xogaron: Manuel, Ramón, Alberto II, Rubio, Christian.
- Expulsión: Iago no min.60
- Lesión: Fachal cun forte golpe no narís tras un codazo.
A sensación coa que queda o cadro baiés e a de 2 puntos perdidos.
Agolada - Esteirana (2-0)
- ESTEIRANA: Manu, Roi, Serramo, Dani (Uru, min.72), Sui, Pabliño, (Picho, min.66), Andel, Kike (Raúl, min.66), Róber Pladur.
- Goles: 1-0, min.18; 2-0, min.60.
Desprazamento longo que teñen que facer os equipos da Costa a Agolada, tras tantos quilómetros sempre se agarda traer un bo resultado pero non foi desta.
Na primeira metade despregou o mellor xogo a Esteirana que dominaba o partido e tiñas as mellores chegadas, se ben non estiveron acertados nos últimos metros. Ante este mellor xogo dos visitantes, os locais buscaban ao seu forte dianteiro centro que aguantaba balóns e deixaba de cara para a chegada dos compañeiros. Nunha destas foi unha internada por banda do lateral que sorprendeu a defensa poñendo o balón atrás para que o dianteiro fusile desde a punto de penalti. Seguiu a Esteirana envestindo con xogo por bandas sen moito acerto.
O segundo tempo foi un calco do primeiro, con chegadas desde a banda que non encontraban porta. Josiño por dúas veces, Róber Pladur ao pau e Kike que na primeira gozara de outra ocasión eran os que creaban máis perigo. Ante o asedio dos visitantes o Agolada, sacudíase a presión con un gol a balón parado que entrou chorando. Non puideron os de Esteiro darlle a volta cos cambios e víronse impotentes ante o orde, disciplina e xogo fácil dos de Agolada.
Mala xeira de resultados que está colleitando a Esteirana, cun próximo partido moi importante na casa a vindeira semana, agardando así que o mes de decembro sexa máis fructífero que o de novembro, pois xa van 3 partidos sen gañar.
Novas relacionadas
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta.
- Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos.
- Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Isma, o CD Baio e o Blog do Malpica de Luís E. Porto.