Luns. 04.11.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Xornada de derbis

1ª Autonómica: Xornada de derbis

Xornada con dous derbis esta 21 da 1ª Autonómica. Dous derbis que deixan a Ponteceso e Camariñas tan afundidos como estaban, e que permiten á Esteirana alonxarse da zona baixa e ao Baio seguir respirando en zona tranquila.

O que vai ao seu ritmo é o Malpica, xa 4º, a só 5 puntos do 2º.

Esteirana - Ponteceso (2-1)

  • ESTEIRANA: Manu, Juan, Serrano, Dani, Sui, Varela (Raúl, min.89), Álex, Andel, Rober Pladur (Josiño, min.75), Kike (Adrián, min.80) e Simón.
  • PONTECESO: Illote, Diego Xuv., Jorge, Javi Peón, Nando, Dani Cotelo (Youssef, min.75), Alberto Recarey, Dieguito, Bolón, Yago (Puente, min.-55), David Brenlla.
  • Goles: 1-0, min.19: Róber Pladur cruza o balón tras sacar Manu rapidamenre desde a portería e gañarlle a partida a defensa. 2-0, min.70: Andel tras forte disparo desde fora da área. 2-1, min.75: David Brenlla tras varios rexeites nun saque de córner.
  • Lesión: o capitán pontecesán Mendieta no quecemento.

Xornada de enfrontamentos entre os de abaixo e de gran importancia para estes dous equipos da costa. Contrapúñanse dúas rachas de resultados, a Esteirna que non vencía neste ano e o Ponteceso que encarrilaba dúas vitorias consecutivas. Para velo, máis de 200 afeccionados no Xosé Luís Vara.
No tema meramente deportivo, comezou o encontro con saída forte dos locais que impuxeron presión alta e posesión de balón, deixando ao Ponteceso saír buscando aos seus dianteiros e tocando o balón na parte da defensa. Con escasas ocasións adiantouse a Esteirana con un balón longo do porteiro, Rober que aproveita a súa velocidade para gañarlle a partida a defensa e tras disparo anotar. Tivo o Ponteceso unha chegada perigosa por banda de Bolón que non puido concluír en gol de Iaguito, e xusto despois o linier anula un gol ao locais por fóra de xogo dubidoso de Róberl Pladur.

Na segunda metade, tivo máis presencia o equipo visitante e a Esteirana saía a contra. Foi nunha destas cando Andel recolle un balón lonxano, busca o disparo e marque o segundo tras rexeite do porteiro. Despois disto, máis arrinconou o Ponteceso ao equipo de Esteiro que se defendía como podía.
Máis por gañas que por xogo, o cadro de David Velo tivo varias ocasións para acadar o empate, Dieguito mando ao longueiro un tiro ao longueiro, e o propio Diegutio non chegaba a un centro de Alberto Recarey. Despois de varios saques de esquina anota David Brenlla tras varios rexeites, e crecen a confianza dos pontecesáns, aínda que o cronómetro xa marcaba pouco para o final. Jorge tirou desviado, e xa no min.87 Martín Puente tirou dende a frontal que rebotou nun defensa e pedían penalti. Tras algunhas embestidas máis, finalizou un encontro sen moito fútbol onde a tensión se impuxo nos dous bandos.

Baio - Camariñas (1-1)

  • BAIO: Anxo, Fachal, Mario, Yago (Alberto I, min.46), Eloy, Norber, Brais, Bieito, Martín, Rubio (Cristian, min.60) e MC.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Manu (Fabián, min.60), Rodri, Pirucho, Sergio, Moriño, Mario Toja, Asier (Sule, min.46), David, Martín e Brais.
  • Goles: 1-0, min.42: MC; 1-1, min.80: Pirucho tras un córner en corto que centra Mario Toja.

Partido intenso no Pratas Reinoso que rematou cunhas táboas que alomenos serven para sumar. Parece que o Camariñas estivo máis metido enriba do partido, sobre todo nunha segunda parte na que foi polo empate en todo momento, pero "cando estás aí abaixo os balóns pegan no longueiro", valora Pirucho, autor do gol.

O partido comezaba moi equilibrado, e se MC avisaba cun tiro cruzado Mario Toja enviaba unha falta ao longueiro. O Camariñas facía moito dano cas faltas laterais, pero cando acababa a primeira metade, MC, que volvía tras máis dun mes de parón por lesión, marcaría o gol para os locais.

Saíu o Camariñas a por todo na segunda, e foi quen dominou os segundos 45 mintutos, con Sule e Brais polas bandas e Martín facendo moito dano arriba. O gol non chegaría ata, faltando 10 minutos, un córner botado en curto por Mario Toja que remata no primeiro pau Pirucho, para darlle un puntiño aos de Berto que alomenos seguen sumando.

Lamela - Malpica (0-3)

Lamela-Malpica-Foto-Wash-Calvo-2
  • MALPICA: Pombo, Adrián, Manu Casal, David Castro, Mario Casal, Andrés (Fernando Varela, min.73), Neucha (Abel, min.62), Cheo, Óscar Suárez, Ismael, Juan oBello (Eloy Cabeza, min.88).
  • Goles: 0-1, min.60: Mario Casal tras varios rexeites nun córner; 0-2, min.87: Abel tras un saque rápido dunha falta de Juan oBello; 0-3, min.93: Eloy Cabeza a pase de Abel.

Non foi tan clara a vitoria como indica o resultado pois só a falta de 3 minutos para o final o Malpica sentenciaba o choque en Lamela. Na primeira parte houbo mais equilibrio no xogo e non houbo dominador claro, nun choque condicionado polo mal estado do terreo de xogo.

Na segunda metade o Malpica fíxose dono do campo, conseguiu marcar e o Lamela non puido pecharse atrás, co cal o equipo malpicán non sufriu para dominar o resultado. Tardou en sentenciar pero a vitoria non correu perigo en ningún momento.

Lamela-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios