130 ciclistas disfrutaron da beleza das nosas estradas no II Trofeo Luso-Galaico
Como dicimos, a Costa da Morte segue afianzándose no panorama ciclista nacional. As imaxes da Vuelta polo Ézaro atravesaron o mundo, e a colleita xa a podemos ver e paladear. Esta fin de semana era o II Trofeo Luso Galaico o que circulaba polas nosas estradas, partindo de Camariñas e rematando nese pico, xa sacro para o ciclismo galego, o Mirador do Ézaro.
Finalmente foi o portugués Joaquim Silva o primeiro en conquistar o Mirador de Ézaro, sendo Óscar González (Froiz) terceiro e primeiro galego.
A carreira dun día que centraba máis espectativas da tempada Élite-Sub 23 en Galicia respondeu plenamente ao esperado cun espectáculo digno das mellores probas do calendario nacional. Cunha participación de 130 ciclistas procedentes dos equipos galegos, portugueses, asturianos e de Castilla León e tralo corte de cinta a cargo dos alcaldes de Camariñas e Dumbría, dábase a saída, ás 10 da mañá do II Trofeo Luso Galaico.
O control do pelotón nos primeiros km. non permitiría intentos serios ata a subida ao segundo paso puntuable, (Paxareiras) alí, comezaron a producirse os ataques que estiraron ao paquete facendo que se formasen grupos de selección e eliminando aos homes que menos forma teñen a estas alturas de tempada.
Así o pelotón quedouse reducido prácticamente á metade, para afrontar a definitiva selección final na subida ao Mirador. Unha experiencia nova para a prácitica totalidade do grupo e unha nova historia que terá para contar o ganador, o portugués Joaquím Silva (Mortagua) que entrou con once segundos de vantaxe sobre o seu compatriota Rubén Guerreiro (Liberty Seguros) e 21 sobre o estradense, Oscar González (Froiz). O propio Joaquim Silva levaríase a montaña e o corredor do Liberty Linel Coutinho métalas volantes.
Presentación do II Desafío del Atlántico
Se ben o prazo de inscrición xa está aberto, o vindeiro mércores 14 de maio será o día da presentación da segunda edición do Desafío do Atlántico en terras galegas. Terá lugar na Coruña, concretamente en Sala de Eventos de Bergin, a partir das 12 do mediodía. Do mesmo xeito que no acto do pasado ano, estarán presentes ciclistas e exciclistas do panorama galego, así como profesionais doutros deportes afeccionados ao cicloturismo. O exciclista Ezequiel Mosquera, o atleta Pedro Nimo, o multidisciplinar Víctor Tasende ou o cómico Marcos Pereiro, xa confirmaron a súa presenza para falar da súa experiencia en 2013.Novas relacionadas
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
- Aberto o prazo de inscrición para o Desafío del Atlántico.
- Dumbría subiuse á bici de montaña.
- Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
- Carnota pensa na II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT para a Semana Santa.
- A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).