Xoves. 21.10.2021
El tiempo

2ª Autonómica e Copa da Costa: Unha xornada con polémica sanitaria

2ª Autonómica e Copa da Costa: Unha xornada con polémica sanitaria

Vén marcada a xornada 31 por un suceso que nos lembra aos recortes en Sanidade. I é que esperar máis de 4 horas por unha ambulancia cunha fractura na fronte non é unha tontería. Así estivo o corcubionés Sebas, que tras un choque no partido co Pindo foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Tras facerlle unha proba, dixéronlle que se tiña que operar con urxencia, pero no Hospital da Coruña. O caso é que para conseguir unha ambulancia tardaron 4 horas, e dende o Centro hospitalario ceense se desentenderon totalmente e foron os membros do clube e da Asociación de Clubes da Costa da Morte os que tiveron que conseguir que unha ambulancia chegase á vila da Xunqueira para levar a Sebas. Un Sebas queaínda está a espera dos resultados de varias probas para proceder á operación.
Semella que os recortes tamén afectan ao fútbol da Costa, como repasaremos esta semana nunha reportaxe completa sobre os feitos.

Entrementres, faltan aínda 3 xornadas para o remate da tempada, xa coa Copa en competición, moitos equipos teñen que xogar 2 e ata 3 partidos na fin de semana, unha vez que os xuvenís son fundamentais a estas alturas da competición para moitos clubes.
Así, por arriba seguen as cousas iguais, co Corme meténdose de 3º ante o tropezo do Malpica co Zas, pero ollo cun Fisterra que parece que remata a Liga moi en forma. Por abaixo, o Nantón segue afundido, e sen sorte. Onte a piques estivo de facer unha épica remontada ante o Camariñas, pero a sorte, e Pombo, foron claves.

Fisterra - Dumbría B (7-1)

  • FISTERRA: Joselu, Pana, Manuel Cartamil (Roberto, min.72), Cote, Munitis, Guardiola (Nico, min.65), Roco, Marco Docabo (Roa, min.58), Rivas (Tata, min.50), Dudo e Mané (Bruno, min.67).
  • DUMBRÍA B: Anxo, Yerai, Samuel (Pablo Conde, min.46), David Carreira, José Carreira (Adrián, min.75), Jesús, Esteban (Josiño, min.60), José Manuel, Rodrigo (Ivanete, min.70), Fernando (Pereira, min.60), Miguel Poyo.
  • Goles: 1-0, min.5: Mané; 2-0, min.9: Marco Docabo; 3-0, min.11: Marco Docabo; 4-0, min.25: Mané de falta directa; 5-0, min.35: Dudo de falta; 6-0, min.57: Tata; 7-0, min.75: Bruno; 7-1, min.80: Pablo Conde de falta.
  • Lesión: o fisterrán Rivas.

Partido sen historia cun Dumbría con moitas baixas (5 xuvenís) e que aos 11 minutos xa encaixara 3 goles ante un Fisterra que lle saiu todo na fin de semana. O Dumbría, sen tensión ao non xogárense nada, deixouse levar e rematou goleado.

Camariñas - Nantón (4-3)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Diango, Roi, Maikel (Nico, min.80), Ogando, Paco (Moriño, min.65), De la Sierra, Carlos, David (Brais, min.60), Juan oBello, Javi.
  • NANTÓN: Ernesto, Martín, Eloy, Felix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Sito (Rubén, min.75), Luís, Manolo, Iván (Bonano, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: David; 2-0, min.25: David de penalti tras unha man de Félix; 3-0, min.40: Javi cun xogador cabanés no chan lesionado; 3-1, min.52: Manolo de rexeite; 4-1, min.65: Juan oBello; 4-2, min.70: Manolo pola escuadra; 4-3, min.80: Fabio saca unha rosca endemoniada que se cola na meta de Pombo.
  • Lesión: Sito (min.75) cunha rotura de fibras no cuádriceps.

Partido de tolos no Hermanas Patiño. O Nantón intentouno todo e a piques estivo de completar unha remontada épica. Pero en fronte estaba un Pombo crucial que salvou os mobles dun Camariñas que se relaxara co 4-1.

Comezou o Nantón cunha boa ocasión, pero Luís marrou ante o Pombo. O Camariñas recuperou pronto o balón e veuse arriba tralo primeiro gol de David. Pombo volvía responder a unha de Manolo, pero David non perdoaba o 2-0. Ao fío do descanso, unha xogada desgraciada puña o 3-0 que parecía sentenciar o partido.

Pero á volta dos vestiarios recurtaba o Nantón, pero de contado chegaba o 4-1 por medio de Juan oBello que parecía sentenciar de novo. Pero reaccionou o Nantón. Manolo facía o 4-2 cun tiro pola escuadra. Fabio asinaba un fermoso tanto cunha rosca para poñer a incertidume no marcador.

Pero aparecíu, ou re apareciu, Pombo, que lle gañou o envite a Luís. O dianteiro-adestrador cabanés tirou 3 ou 4 bos tiros dende a frontal pero Pombo respondeu de 10. Tivo o empate Bonano, porteiro que xa leva xogado moitos minutos de xogador, pero Pombo mandou a corner tras un perfecto control de peito e tiro cruzado. O Camariñas acabou pedindo a hora e o Nantón segue afundíndose.

Buño - Esteirana (7-2)

  • BUÑO: Toni, Eloy (Alfredo, min.75), Angel, Diego, Brais, Jorge (Rubén, min.30), Emilio, Ismael, Miguel Dourado, Elías, Víctor (Richard, min.65).
  • ESTEIRANA: Benancio (Adán, min.70), Maxi, Codesido, José Varela (Adrián, min.46), Roi, Eloy, Uru, Alex, Isma, Roberto Pladur (David, min.65), Cajulo.
  • Goles: 1-0, min.5: Ismael; 1-1, min.15: Alex; 2-1, min.20: Diego; 2-2, min.40: Alex; 3-2, min.50: Víctor coa axuda do porteiro esteirán; 4-2, min.53: Víctor; 5-2, min.60: Víctor; 6-2, min.65: Víctor; 7-2, min.80: Elías.
  • Expulsión: o esteirán Eloy no min.50.
  • Lesión: Jorge cun problema nunha man.

Chegaba con moitas baixas a Esteirana polo partido da Copa, pero aguantou con 2-2 ata o descanso, e iso que no primeiro tempo puido acabar cunha renda importante tralas ocasións marradas polos Cajulo, Roberto Pladur e Alex.

Pero dous goles iniciais e a expulsión de Eloy acabou coa Esteirana que se deixou ir. Ademais o Buño contou coa colaboración de Benancio, o meta esteirán que non tivo uha boa tarde.

Malpica - Zas (1-1)

  • MALPICA: Suso, Charly, Marcos Amado, Iago, Andrés, Rancaño, Neucha, Charro, Pablo, (Casais, min.65), Manu Pardo, (Tato, min.46), David Blanco.
  • ZAS: Elías; Dani, Pereiro, Maceda, Óliver, Lagoa, Rubio, (Víctor, min.90), Jorge, Peque, (Amado, min.80), Ismael, (Quintáns, min.91), Jaime, (Pablo, min.75).
  • Goles: 1-0, min.5: Charro chuta e se lle escapa das mans a Elías; 1-1, min.12: Jaime cun tiro que toca nun defensa e despista a Suso tras un pase de Jorge.

Paso atrás do Malpica ante un Zas que soubo maniatar o potencial ofensivo dos malpicáns. Os de Corredoira prantexaron unha presión continua que os locais non foron capaces de superar. Así e todo os Neucha e David Blanco tiveron boas opcións para poñer por diante aos locais (Rubio tamén tivo un par de boas ocasións para os visitantes), pero unhas Elías e outra a mala puntería impediron que romperan a igualada que subía ao marcador aos 10 minutos cun gol por cada bando.

Corme - San Lorenzo (3-0)

  • CORME: Javi, Adolfo (Chino, min.82), Alejandro (Gonzalo, min,82), Jesús (Iago, min.52), Pandi, Martín, Juan Chans (Lelo, min.70), Brais (Abel, min.75), Diego, Lucas, Alejo.
  • SAN LORENZO: Sergio (Recarey, min.5), Bolón, Anxo, Quillo, Puñal, Santi, Chucho, Miguel (Jorge, min.60), Gabri (Fuentefría, min.70), Eloy (Javi, min.80), Marcos.
  • Goles: 1-0, min.2: Alejo cunha falta lateral duro abaixo; 2-0, min.54: Iago pícalle a Sergio tras un pase longo; 3-0, min.80: Alejo nunha internada.
  • Lesión: o porteiro visitante Sergio nun xeonllo.

Bo partido, o segundo da fin de semana, dos de Verdillo (reservándose xa para a Copa), que vía como lle anulaban 3 goles. Pero enfronte ademais estaba un Corme moi efectivo, que acertou de 3 das 5 ocasións que dispuxo. I é que a dianteira do cadro azulón mete medo, e onte mesmo se permitiu o luxo de deixar a Iago no banco.

Coma sempre, o Corme levou o peso do partido, pero non puido superar con claridade a defensa carballesa. Iso si, a calidade dos Alejo e Iago foi clave para romper o partido.

Club do Mar - Muros (2-0)

  • CLUB DO MAR: Gonzalo, Chori, Juan Lareo, Alex (Fran Borrazás), Rubén, Jacobo, Jonnie (Luís Lareo), Chapu, Bertín (Diego), Vituco, Santi Silva (Manu).
  • MUROS: Fabio, Alberto, Teo, Mayuyo, Marco, Dani, Jesús, Adrián, Eloy, Aitor, Gelo. Tamén xogou: Fernando.
  • Goles: 1-0, min.33: Rubén; 2-0, min.74: Vituco.
  • Expulsión: o caionés Jacobo no min.80.

Partido moi aburrido cun bo Club do Mar ante un un Muros que chegaba moi xusto. Os de Sil esperando atrás, non permitiron moitas ocasións aos locais, que facía perigo só a balón parado e con balóns longos. O Muros tivo a igualada nun man a man e un cabezazo pero parcou ben Gonzalo, para firmar unha cómoda vitoria do indiscutible líder.

O Pindo - Corcubión (1-8)

  • O PINDO: Juan Vilela, Diego Trillo, Manolito, Alex, Juan Fis, Eloy, Lolo, Carlos Leis, Bicho I, Diego Riolo, Diego León.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Paulo, Sancho, Jose María, José de Atalaya, Edu, Alán (Andrés, min.70), Sebas (Conguito, min.35), Papi, Lourido, Mario.
  • Goles: Mario, Lourido (3), Edu (2), Andrés, Papi polo Corcubión. E Manoliño de cabeza tras un córner para O Pindo.
  • Partido marcado pola lesión de Sebas, que rompía a fronte nun choque cun xogador local, comezaba a sangrar e tiña que se trasladado ao hospital ceense, para comezar un periplo esperpéntico que recuperaremos esta semana cunha seria denuncia. Dende O Pindo deséxanlle unha pronta recuperación.

    No deportivo foi un choque sen historia, no que O Pindo, que viña facendo bos partidos nas últimas xornadas, decaeu.

    Sofán - Mazaricos (2-1)

    • SOFÁN: Tojeiro, Adrian, Gustavo, Juanjo, Rabuñal, Eloy Boedo, Victor (Diego, min.81), Suso, Jacobo, Ivan Rey (Berti, min.71), e Edi (Gurita, min.74).
    • MAZARICOS: Juan, Casais, Tuco, Matias, Oscar, Rodri, Brais, Esteban (Molinos, min.46), Estefano (Oreiro, min.46), Aldo e Cristian.
    • Goles: 1-0, min.10: Eloy no segundo pao tras varios rexeites a un córner; 2-0, min.25: Edi tras unha fermosa xogada; 2-1: Aldo de falta

    Moi superior na primeira metade o cadro local que marcaron dous goles rápidos para adiantar ao Sofán ante un Mazaricos algo cansos, e non crearon moito perigo.
    Na segunda o Mazaricos mellorou cos cambios, e tocaron durante os primeiros 20 minutos moi ben, cun Brais salientable na punta de ataque, pero os mazaricáns estiveron sen efectividade.

    Baio - Castriz (0-1)

    • BAIO: Guillermo, Matías, Iago, Fredi José Antonio, min.46), Ramón, Mario, Eloy (David, min.46), Lucas (Pardo, min.70), Valentín, Martín, Javi Suárez.
    • CASTRIZ: Herrera, Martín, Sergio Gerpe (Sergio Pose, min.60), Michi, Alberto, Toño, Bruno, Jorge (Pablo, min.50), Jonnie (Toño, min.70), Mauri, Pepe.
    • Gol: 0-1, min.60: Pablo tras unha falta lateral.
    • Expulsión: o baiés Mario.

    Acadou o Castriz unha vitoria que facía falta para tranquilizar os ánimos. E se aproveitou dun Baio no que algún dos seus xuvenís chegaron a xogar ata 3 partidos en 3 días, demasiados para un plantel curto como o do cadro baiés.

    Foi un partido igualado, sen ocasións, cun Castriz algo mellor ao longo do choque. Pablo adiantou aos xalleiros nun balón aéreo ao que non chegou Guillermo, que debutaba cos maiores. Así e todo, o resultado máis normal sería un 1-1, pero Javi Suárez, moi canso, marrou un penalti faltando 5 minutos que parou Herrera.

    O Baio saíu cunha camisola en homenaxe a MC, lesionado hai un par de semanas.

    Copa da Costa, ida da previa

    Mazaricos - San Lorenzo (0-1)

    • MAZARICOS: Juan, Chico, Tubi, Matías, Tuco, Iván, Esteban (Nakata, min.70), Estéfano (Casais, min.70), Cristian, Brais (Oreiro, min.60), Aldo (Molinos, min.60).
    • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Dubra, Quillo, Puñal, Antonio, Cachizo, Fuentefría, Chucho, Javi (Bolón, min.80), Jorge Pichel (Gabri, min.60).
    • Gol: 0-1, min.30: Cachizo tras un rexeite do pao nun córner.
    • Expulsión: o visitante Gabri.

    Bo partido do San Lorenzo, que colleita un bo resultado para a volta. E iso que o Mazaricos levou o peso do balón, pero ante un San Lorenzo moi ben armado atrás que non permitiu apenas unha soa ocasión e todo o partido.
    O San Lorenzo buscou balóns aéreos e foron moi superiores por arriba. O Mazaricos tocou máis pero non estivo acertado cara gol, a pesar de que non tivo demasiadas ocasións.

    Esteirana - Baio (1-1)

    • ESTEIRANA: Benito, Dani Rama, Suizo (Maxi, min.46), Chispi, Uru, Andel, Iago (Codesido, min.65), Alex, Adrián, Roberto Pladur, Adelino.
    • BAIO: Manuel, Matías, Fredi, José Antonio, Ramón, Mario, Rubio (Andrés, min.70), Martín, Bieito, Fachal, Javi Suárez.
    • Goles: 1-0, min.5: Adelino de cabeza; 1-1, min.25: Bieito.

    Partido algo soso e moi igualado, sen ocasións que rematou cun xusto empate. O Baio, moi ben prantado atrás buscaba a velocidade de Javi Suárez. A Esteirana, que non moi fina, tamén buscaba, pero por arriba, a Adelino, que foi o que marcou de cabeza. Bieito, un dos mellores no Baio, asinou a igualada.

    Outes - Camariñas (1-2)

    • OUTES: Gato, Saúl, Rafa, Debé, Lago, David (Babu, min.46), Poke (Martín, min.89), Lass, Elías (Pitu, min.84), Kin (Edu, min.46) e Damián.
    • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Diango, min.70), Roi, Maikel, Alberto Ogando, Moriño, De La Sierra, Brais, David (Nico, min.75), Juan Obello e Javi.
    • Goles: 0-1, min.4: Alberto Ogando; 1-1, min.43: Lago, de penalti; 1-2, min.63: David, de penalti.
    • Expulsións: Os visitantes Maikel e Javi, ambos no minuto 90 e con cartón vermello directo e o local Debé (min.91) tamén con cartón vermello directo. Os de Outes recurrirán este cartón, pois o colexiado recolle que é por dicir “pero que tes paiaso” e no contexto non entende que sexa merecedor de tal sanción, tras recibir unha forte entranda.

    Quédalles pena aos de Outes de saber o que pasaría si tiraran de todo o seu equipo. Dado que a prioridade está no ascenso, Manu Roque reservou a varios xogadores e a outros só os puxo a xogar uns pouco minutos. Non dan a eliminatoria por perdida e van ilusionados a Camariñas, pois non viron tanta superioridade sobre o campo. Na segunda metade os de Outes incluso levaron máis o peso do encontro.

    Fisterra - Montelouro (4-0)

    • FISTERRA: Joselu, Juanjete, Manuel Cartamil (Nico, min56), Cote, Borja Munitis, Gus, Guardiola, Marco Docabo (Roco, min.53), Rivas, Tata (Mané, min.53) e Dudo (Insua, min.87).
    • MONTELOURO: Isma, Bolo, Jose, Canelo, García, Teo (Fernando, min.46), Denís, Raúl, Germán, Mingos (Dani, min.46) e Jaro (Rico, min.60).
    • Goles: 1-0, min.1: Dudo; 2-0, min.36: Marco Docabo; 3-0, min.87: Nico de cabeza a un córner; 4-0, min.90: Insua a pase de Guardiola.

    Sentenciou o Fisterra o pase a Dezaseisavos ante un Montelouro que aguantou boa parte do encontro pero que sucumbiu nos últimos 5 minutos. Comezaba o Fisterra con forza e xa Dudo abría o marcador no primeiro minuto. Tras media hora de toma e daca Marco Docabo facía o segundo a 10 minutos do dencanso.

    A segunda metade estivo moi igualada con poucas ocasións para os dous bandos. Pero xa contra o final, un estirón do Fisterra e o decaemento dos muradçans, Nico e Insua finiquitaron a eliminatoria.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

comentarios