Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Cee afía as garras ante a freada de Sofán, Esteirana e Corme

2ª Autonómica: O Cee afía as garras ante a freada de Sofán, Esteirana e Corme
Chiru no Cee-Baio-Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

Xornada con novidades. I é que os 3 que estaban arriba non conseguían a vitoria. Resultados que favorecen ao Cee, que vencía ao Baio con máis dificultade da que amosa o marcador, e se colca 2º a 1 punto da SD Sofán, que mantén o liderato a pesar da derrota por exceso de confianza en Castriz. A Esteirana non pasaba do empate ante un aguerrido San Lorenzo, en pleno proceso de mellora, mentres que o Corme caía nun choque complicado en Miraflores.

Por abaixo, Cabana e Dumbría seguen mellorando pero seguen sen coñecer a vitoria.

Cee - Baio (3-0)

Parroto gañoulle a partida ao pichichi MC no Cee-Baio-Foto- Jorge Parri
  • CEE: Parroto, Nico (Joserra, min.80), Jorge, Piquero, Rafa, Fermín, Diego (Sergiño, min.89), Fer, Chiru (Llanero, min.60), Rubén Yaya (Angeliño, min.46), Penedo (Fiuza, min.65).
  • BAIO: Anxo, José Antonio (Cristian, min.62), Mario, Moncho (Muiño min 85), Pablo, Iago, Norberto (Jorge, min.80), Martin, Alberto (Iván, min.68), Eloy, MC.
  • Goles: 1-0, min.53: Angeliño a centro de Nico; 2-0, min.60: Penedo a pase de Nico tras unha internada de Angeliño; 3-0, min.93: Angeliño.

10 minutos de desconcerto baiés no ecuador da segunda metade foron letais para que o Cee sentenciase un igualado partido. I é que ambos equipos, chamados a estar arriba, saíron con moito respecto e os primeiros 45 minutos non foron nada vistosos. MC prantouse un par de veces diante de Parroto pero unha despexábaa o meta ceense e a outra saía desviada. O Cee tamén avisaba cun tiro de Diego Cespón ou un cabezazo de Rafa, con Anxo superado, que sae por encima do traveseiro.

Na segunda coa entrada de Angeliño o Cee dominou o partido tendo a posesión do balón. O propio Angeliño adiantou ao Cee logo dun bo centro de Nico. Outra boa saída de balón de Angeliño desde atrás, permitía que Nico asistise a Penedo para que este marcara o segundo. Puido recortar distancias o Baio, un mal pase atrás de Piquero intercéptao Christian que se vai dos defensas pero o seu tiro despéxao Parroto. Angeliño volvía probar a Anxo cun tiro á media volta dentro da área pero Anxo saca unha gran man. McC volvía pór en aprietos ao Cee pero o seu lanzamentovolve atopar con Parroto. Xa co partido acabado unha contra levada por Fer que lla regala a Angeliño para o definitivo 3-0.

Como detalle, cómpre destacar que o partido estivo parado 5 minutos na segunda parte despois de que un balonazo na rede da portería defendida polo Cee fixo que se soltasen os agarres.

Arranxando a rede no Cee-Baio-Foto- Jrge Parri

Corcubión - Muros (4-1)

  • CORCUBIÓN: Abelleira, Paulo, Senra, Lema, Conguito, Pablo Lestón, Sebas (Miguel, min.80), David de Muxía, Jonnie (Balucho, min.60), Lourido, Mario (Alán, min.70).
  • MUROS: Trozo, Manu Dosil, Teo (Javi de Vístete, min.40), David, Ramón, Lisardo (Adrián, min.50), Dani Corniños, Gelo, Saúl, Sexo.
  • Goles: 1-0, min.5: Mario a pase de Lourido; 2-0, min.15: Senra tras un córner; 2-1, min.55: Sexo; 3-1, min.70: Lema, de penalti; 4-1, min.85: David de Muxía.
  • Expulsión: o muradán David (min.60).

Como auga de maio chega esta vitoria para o cadro de Manolín que tras un bo comezo de campaña levaba 5 derrotas consecutivas. Unha derrota que deixa ao Muros de Manuel Camello en apuros, pero aínda con tempo para reaccionar, se consegue comezar a recuperar homes lesionados.

Comezaba forte o Corcubión dada a necesidade de puntos. E pronto Mario asinaba o 1-0 demostrando que esa dupla de ataque con Lourido é moi perigosa. Non pasaban 15 minutos e o Corcubión ampliaba a renda cun gol de Senra, que se estreaba esta tempada cun fermoso gol de cabeza á saçida dun córner. Boas novas para el que vén de recuperarse dunha complicada lesión de xeonllo.

Reaccionou o Muros e quixo tomar o balón. Foron minutos de dominio alterno, antes e despois do descanso. Sexo recurtou distancias pero a expulsión de David foi demasiado para os muradáns. Lema ampliou de penalto e David de Muxía, recuperado dunha lesión no ombreiro, sentenciou.

Volantes-Corme (2-1)

Volantes de Baño-Corme - Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Rubén, Fran (Miguel, min.80), Javi, Mino, Juan (José María, min.80), Varo, Mingos, Jaro (Benja, min.70), Seluco, Ivi, Pardelo (Josiño, min.50).
  • CORME: Suso, Adolfo, Alejandro (Dani, min.35), Jesus, Pandi, Martin, Diego, Manu (Fran, min.75), Juan (Juanma, min.20), Lucas, Brais.
  • Goles: 1-0, min.25: Juan, ao saque dunha falta; 1-1, min.30: Alejandro de cabeza; 2-1, min.80: Ivi tras un rexeite.
  • Lesións: os cormeláns Alejandro e Juan.
  • Expulsión: O adestrador visitante Juan por protestar.

Partido tremendamente intenso e igualado nun Miraflores ateigado coa habitual volcada afección local e a marea azulona que sempre acompaña ao Corme. Cada un tiña serias baixas, como Alejo ou Adrián Doldán nos visitantes, que tiveron un día de infortunio pois no primeiro tempo sufriron as lesións de Alejandro e Juan. Haberá que ver se o mal xesto do xeonllo do capitán é algo grave.

O Corme tivo opción de poñerse por diante e Rubén fixo un par de boas intervencións pero tamén un par de saídas que deixou a portería libre, pero nin Diego e Juanma acertaron dende fóra da área coa porta baleira.

Juan adiantaba aos locais e Alejandro empataba de cabeza. E tras unha tensa segunda metade foi Ivi o que acadaba o empate noutra xogada a balón parado.

Os visitantes protestaron que, a pesar de que a arbitraxe foi, en xeral, correcta, que o colexiado non sinalou fóra de xogo nin falta en ataque nas dúas xogadas de gol, sobre todo no segundo tanto. Ademais, dende Corme van protestar a redacción da acta do colexiado que quixo camuflar un intento de agresión por parte do adestrador Juan que non foi real.

Volantes de Baño-Corme - Foto- Gonzalo Sestayo

Cabana - Zas (2-3)

  • CABANA: Añón, Eloy, Mato, Fariña, Ismael, Sandro, Fernando, Manolo do Cruceiro, Rubén Rama, Adao (Pablo, min.50), Berti.
  • ZAS: Miki, César, Víctor Vecino, Óliver, Pereiro, Peke, Lagoa, Jaime, Rubio, Pastor (Mancebo, min.60), Pichín.
  • Goles: 1-0, min.10: Berti; 2-0, min.18: Berti; 2-1, min.45: Pastor; 2-2, min.65: Víctor Vecino; 2-3, min.78: Pichín.

Tivo o Cabana a súa primeira vitoria na man, pero volveuna deixar escapar, ante un Zas que xa leva 2 partidos remontando. Adiantábase os locais gracia ao olfato de Berti, pero un gol zaense ao fío do descanso, cando o Cabana levara o peso do partido, deixaba a incertidume nos locais.

Na segunda, o Zas intentouno máis, e o Cabana tratou de aguantar a reda. Pero a sorte estivo de cara visitante e Víctor Vecino tras uns rexeites nun córner e Pichín nunha veloz internada propiciaron a remontada.

Outes - Carnota (1-2)

  • OUTES: Peipo, Martín Lago, Martín Caamaño (Borja, min.80), Chua, Damián, Arturo, Mario (Ángel, nin.55), Saúl (Iago, min.70), Deivid, Pesco, Quin (Elías, min.55).
  • CARNOTA: Luis, Tono, Pedro, Manolo, David, Loló (Pumuki, min.65), Andrés (Urko, min.65), Rodrigo, Jacobo, Nakata (Manuel Luís, min.70), Bernardo (Pablo Beiro, min.55).
  • Goles: 0-1, min.30: Loló pica dentro da área; 0-2, min.65: Pablo Beiro; 1-2, min.80: Arturo.

Gran vitopria do Carnota no Conchido ante un Outes que se cadra mereceu algo máis. Foi un choque moi igualado, que comezaba con avisos por parte dos Pesco e Quin. Pero foi Loló que abriu o marcador para os de Cambeiro á media hora. Tivo 10 minutos despois o Outes o empate no marcador pero fallaron un penalti.

A segunda comezaba co tanto de Pablo Beiro que deixaba costa arriba o partido para os locais. Pero se puxeron as pilas e apretaron. Arturo recurtou e o Carnota acabou pedindo o final ante o acoso dos outenses.

Castriz - Sofán (4-3)

  • CASTRIZ: Adrián, Rubén, Pepe, Álex, Prego, Javi, Víctor, Luís (Toniño, min.90), Pablo (Cili, min.85), Sebas (Anxo, min.50), Roberto (Iván, min.65).
  • SOFÁN: Bugui, Míchel, Pensado (Diego, min.60), Juanjo, Marcos (Santi, min.55), Luis Boedo, Rojo (Picas, min.70), Iván, Edu, Roi Cabeza, Abel.
  • Goles: 0-1, min.1: Edu; 1-1, min.15: Luís; 2-1, min.25: Roberto; 3-1, min.30: Víctor; 4-1, min.60: Pablo; 4-2, min.90: Santi; 4-3, min.93: Edu.

Primeira derrota do Sofán que se confiiu tralo gol inicial de Edu. I é que a reacción local foi tremenda. Amosou aí a súa mellor cara o irregular Castriz, e en media hora, Luís, Roberto e Víctor metían un claro 3-1 no marcador que reflectía a superioridade, en xogo e en intensidade, dos locais.

Na segunda o Sofán quixo recuperarse pero aos 15 minutos xa tiña o 4º endosado. Reaccionou pero era tarde e xa co tempo cumplido recurtaron distancias.

Buño-Mazaricos (1-1)

Buño-Mazaricos-Foto- Sara Ramos
  • BUÑO: Brais, Ángel, Diego, Secundino, Rubén, Jorge, Emilio, Dourado, Mauri (Miguel, min.60), Elías, Víctor.
  • MAZARICOS: Pejo, Casáis, Esteban Pereiro (Ricardo, min.55), Rodri, Matías, Ramón, Brais, Estéfano, José Ángel, Kevin, Molinos (Jose Ángel Xuv, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Elías; 1-1, min.20: José Ángel.

Partido igualadísimo no campo de Xaviña entre dous equipos moi parellos. O primeiro tempo foimoi igualado e en 5 minutos Elías adiantaba aos locais pero José Ángel anulaba a renda. Tivo algunha ocasión máis o Mazaricos para poñerse por diante, pero o marcador non se movería.

Na segunda continuaba a igualdade pero se cadra foi o Buño o que dominou algo máis e chegou con perigo por medio de Víctor á área de Brais.

Buño-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

San Lorenzo - Esteirana (2-2)

  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián, David, Anxo, Miguel (Peque, min.46), Javi (Torre, min.65), Chucho, Eloy, Fuentefría, Carlos.
  • ESTEIRANA: Marcos, Simón, Chispi, Dani Rama, Maxi, Picholeiro (Eloy, min.55), Pepe, Alex (Uru, min.65), Roberto Pladur (Bruno, min.85), Adelino, Kike Paluca.
  • Goles: 1-0, min.3: Chispi en propia meta; 1-1, min.8: Kike Paluca de tiro cruzado dende fóra da área; 1-2, min.50: Roberto Pladur picando o balón; 2-2, min.63: Eloy tras un córner.

Mellora e mellora o San Lorenzo de Gueli e onte puido parar a maquinaria da Esteirana, que chegaba con moita forza neste comezo de campaña. Comezaba o partido de cara para os locais cando Chispi, nun intento de despexe, puña o 1-0. Pero a Esteirana veuse arriba a base de potencial adiante. Kike tiraba dende fóra e facía o empate de contado, e a primeira metade foi de dominio visitante, que mesmo fallaron un penalti.

Comezaba a segunda co gol de calidade de Roberto Pladur, pero este facía espertar ao San Lorenzo. Na segunda os locais fixeron un bo partido, apretando moito arriba con varias xogadas perigosas a balón parado. Como a do gol, cando Eloy asinaba o empate tras un córner.

Dumbría B - Montelouro (1-2)

Dumbria B - Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • DUMBRÍA B: Sergio, Fernando (Israel, min.70), Samuel, Adrián, Martín, Pereira, Isma Pedrosa (Eduardo, min.85), Josiño, Roi, Jesús, Riki (Vicente, min.80).
  • MONTE LOURO: Isma, César, Álvaro, Pablo, Bolo, Fernando, Chema (Luís, min.60), Eduardo, Geico (Denís, min.55), Chumi (Mingos, min.75), Ancho (Pepe, min.85).
  • Goles: 1-0, min.50: Josiño; 1-1, min.65: Ancho; 1-2, min.80: Ancho.

Mellora tamén este Dumbría B coa chegada de Angel Ventanas sobre todo no aspecto defensivo. Segue sen puntuar e iso que onte o tivo de cara durante moitos minutos pero foi a rapidez e o oportunismo de Ancho os que decantaron o partido para os visitantes. Todo na segunda metade pois a primeira foi moi igualada e case de tanteo.

Dumbria B - Montelouro-Foto- Edu Olveira

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios