2ª Autonómica: O Outes vai ao seu, o Sofán apreta con garra e o Corme engánchase



Intensa esta 8ª xornada da 2ª Autonómica, con varios focos de atención. Había dous partidos entre rivais directos, e non defraudaron, ao tempo que o Outes segue ao seu ritmo, con xa 8 de 8, e 5 puntos de vantaxe sobre o 2º, o Sofán. Preicsamente o Sofán tiña un dos choques da xornada en San Pedro. O Castriz dominou durante 80 minutos pero non foi quen de superar o muro carballés.
Ademais o Corme engánchase á loita tras vencer nada menos que en Cee nun partidazo dos cormeláns que xa levaban semanas merecendo mellores resultados. Quedan agora os azulóns a 11 do liderato, empatado co Castriz, a 3 do Cee, que queda á súa vez a 3 do Sofán.
Polo medio se manteñen Fisterra e Zas, que seguen sumando vitorias sen alzar a voz.
Por abaixo primeiro vitoria do San Lorenzo que deixa ao Cabana, que prantou cara e mereceu máis en San Andrés, acompañando ao Corcubión no descenso.
Castriz - Sofán (0-1)
- CASTRIZ: Toño, Javito (Pichín, min.55), Alberto, Agra, Alex (Balsa, min.65), Pose, Ferrín (Martín, min.60), Bruno, Cili, Chinda, Marqués (Yordi, min.75).
- SOFÁN: Bugy, Santi, Marcos, Javi, Eloy, Jorge, Iván Rey (Míchel, min.20), Iván Rojo, Brais (Alberto, min.65), Suso Docampo (Bertín, min.70) e Raúl.
- Gol: 0-1, min.8: Iván Rojo de penalti.
Acoso e derribo do Castriz ante un Sofán que marcou e gardou a roupa. Así foi o partido da xornada en San Pedro de Castriz, cun cadro local volcado durante 80 minutos e un Sofán que só soubo poñer o muro e defenderse a capa e espada.
Xogou ben o Castriz, facendo un auténtico monólogo, entrando por bandas e polo centro, ante un Sofán que estiveron moi replegados e conseguiron aguantar o temporal. Dous tiros ao pau de Agra, un gol anulado, un paradón de Bugy, o mellor dos carballeses, a tiro de Bruno e outro a cabezazo de Chinda, un remate de Pichín fóra... Ata co tempo cumplido Pose mandou ao pau un remate de cabeza tras un córner. Numerosas ocasións tivo o Castriz para empatar pero onte non era o día cara gol dos de Corredoira que quedaron sen premio a pesar do seu partidazo.
E se cadra demasiada renda para un Sofán que tamén demostrou que hai que sacar de garra, sóbranlle arrestos.
Camelle - Carnota (2-4)
- CAMELLE: Ángel, Matías, Baliña, Martín, Javi Rañal, Iván, Mario, Miguel Riveiro, Adrián, Sergio, Barreiro.
- CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pumuky (Elías, min.80), Nakata, Rodri (Pablo Pichín, min.75), Pablo Beiro (David, min.55), Adrián (Urko, min.70), Poyo.
- Goles: 0-1, min.10: Pedro Pichín tras un córner; 0-2, min.20: Ferreiro de novo tras un córner; 1-2, min.30: Matías de cabeza; 1-3, min.40: Adrián tras regatear; 1-4, min.70: Miguel Poyo de vaselina tras roubar un balón; 2-4, min.80: Matías de falta pola escuadra.
Mala primeira do Camelle de Anxo, que quedou sen 8 xogadores nas últimas semanas, e tivo que xogar con 11 xustos, pero xa ten varias fichaxes pendentes. O Carnota foi superior nese primeiro tempo, adaptándose mellor do esperado á lameira do Rodeiro. Pedro Pichín e Ferreiro en sendos córners e Adrián metían en vantaxe aos carnotáns.
Na segunda mellorou o cadro camellán, que se meteu no partido, pero cando mellor estaba, un erro nunha indecisións locais permitiron a Poyo sentenciar o partido. Así, na segunda moi mellor o cadro local pero a vitoria carnotá nunca perigou.
Volantes - Buño (2-1)
- VOLANTES: Iago, Juan (Edu, min.75), Mingos (Gabri, min.55), Maikel, Miguel, Moja (Adrián, min.70), Martín, Varo, Ivi, Pardelo, Piru.
- BUÑO: Brais, Ángel, Alfredo, Iago (Dani, min.46), Rubén, Diego, Secundino, Miguel, Fran, Gurita, Charro.
- Goles: 1-0, min.20: Juan de cabeza tras unha xogada a balón parado; 1-1, min.30: Gurita; 2-1, min.65: Moja tras unha deixada de Varo que fixo unha gran xogada individual.
- Lesión: Iago.
Vitoria importante do Volantes, que ademais contou coa volta de Adrián, que promete, e Varo vai collendo ritmo, e con estas dúas "fichaxes" Alex considera que o equipo dá un salto de calidade. O que tamén está en cadro é Esmorís, que queda con 15 xogadores por mor da emigración, tirando dun central e dun lateral como medios centros.
Así, o partido comezou ben para os locais, que intentaron baixar o balón e fixeron 20 bos minutos culminados co gol de Juan. A partir de aí o Buño boutouse arriba e meteu atrás ao Volantes. Empatou Gurita e puido meterse por diante con varias ocasións antes do descanso, como un man a man de Charro que mandou fóra, outro de Miguel que tirou ao boneco ou unha balón de Diego ao longueiro que acabou sacando un defensa baixo paus.
Na segunda volveu saír mellor o cadro local e marcou pronto por medio de Moja tras unha gran xogada de Varo. O Buño apretou e tivo algunha ocasión para acadar o que non tería sido un inxusto empate.
Porteño - Outes (1-3)

- PORTEÑO: Ali, Bonano, Pejo (Esteban, min.75), Gabi, Maikol, Iago (Juan Antonio, min.84), Doyle, Cousillas, Óscar (Elvis, min.70), Brais (Marcos, min.65), Varela e Felipe.
- OUTES: Gato, Borja, Arturo, Rubén, Chúa, Chía, Martín, David, Piki, Migui (Elías, min.46), Kin (Saúl, min.65).
- Goles: 0-1, min.30: Kin; 1-1, min.55: Varela tras un rexeite; 1-2, min.65: en propia meta tras un córner; 1-3, min.75: Martín cun golazo dende lonxe.
Segue o Outes ao seu, tocado coa variña máxica e alá por onde vai arrasa. Hoxe tocaba na Grixa ante outra das sorpresas da tempada. O Porteño tras un gran inicio (xa ten un gran colchón) vai perdendo fol. Así e todo hoxe prantou cara a todo un Outes e só a eficacia dos da Serra serviu para que levasen os 3 puntos.
Kin, en plan Diego Costa, adiantaba aos da Serra ámedia hora. E Varela empataba aos 10 da segunda. Nunca estivo claro o partido, coa Grixa de herba natural algo encharcada. Era un choque de segundas xogadas, que levaría o que menos imprecisións tivese. E foi o Porteño o que fallou, marcándose un gol en propia meta, que abría o marcador. O Outes, que no cómputo global tivo máis ocasións, acabaría sentenciando contra o final cun golazo de Martín.

Mazaricos - Fisterra (2-6)
- MAZARICOS: David, Casais (Sandelo, min.46), Chico, Ramón (Coxo, min.65), Tuco, Rodri (Kevin, min.46), Esteban, Estéfano, Ricardo, David e Molinos (Ferreiro, min.65).
- FISTERRA: Joselu, Piti, Julio, Manuel, Robertín (Cristian Hidalgo, min.75), Bebeto (Tati, min.46), Santi, Tony, Dani, Guardiola (Munitis, min.72) e Aitor.
- Goles: 0-1, min.25: Tony de falta; 0-2, min.30: Bebeto tras un corner botado por Tony; 0-3, min.48: Aitor; 0-4, min.52: Tati; 0-5, min.59: Guardiola de penalti; 1-5, min.65: Kevin de vaselina; 1-6, min.70: Tati; 2-6, min.75: Ricardo.
De novo os regalos atrás (devecen pola volta dos centrais lesionados Martín e Matías) condenaron ao Mazaricos, ante un, iso si, gran Fisterra. Un Fisterra comandado por un Tony que vai collendo o ton e se nota. Hoxe comezou marcando un golazo de falta e botando o córner do segundo gol, obra de Bebeto. Aínda tivo o terceiro Tony pero o seu penalti petou no longueiro.
O Mazaricos aguantou ben as embestidas locais pero as dúas boas ocasións que dispuxeron non as materializaron.A segunda arrincaba co Mazaricos fóra do partido e en apenas 10 minutos os fisterráns marcaban 3 seguidos. O Mazaricos intentouno xa con Kevin no campo, que mandou unha falta moi pegada ao pao e marcou un fermoso gol de vaselina. Pero xa era tarde, pois o partido estaba visto para sentenza.
Indep. Carballo - Corcubión (3-1)

- IDC: Noe, Belar, Yoni, Atu, Seo, Carlos, Cholo, Gato, Manu, Mario e Juni. Tamén xogaron: Dani, Adrián e Pichel.
- CORCUBIÓN: David, Marcos, Senra, Gabi, Balucho, Alán (Trillo, min.67), Edu, Sebas, Xabi (Anxo, min.46), Lema e Coiradas (Tito, min.55).
- Goles: 1-0, min.20: Mario cun tiro dende 30 metros que entrou pola escuadra; 2-0, min.48: en propia meta; 3-0, min.55: Juni tras roubar unha mala cesión atrás; 3-1, min.70: Tito tras un rexeite.
Saíu durmido o Corcubión, a pesar do necesitado que está, que regalou un par de goles. Non foi regalo o primeiro, cun Mario que segue espectacular con 5 goles, e marcou un tanto dende 30 pola escuadra.
Apenas houbo máis ocasións no primeiro tempo, e nada máis empezar a segunda Gabi facía o primeiro regalo cun gol en propia, e de contado unha mala cesión atrás de Senra quedaba curta e Juni, moi pícaro, non desperdiciou o novo asagallo.
Intentouno o Corcubión, con varias ocasións que non puido materializar. Só o xuvenil Tito se estreaba na categoría tras un rexeite para recurtar un marcador que nunca perigou.

Cee - Corme (0-3)
- CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Fiuza, Piquero (Javi, min.69), Leis (Rodri, min.58), Angeliño, Josiño, Penedo (Paulo, min.89), Diego Cespón e Llanero (Cristian, min.10) (Tebo, min.84).
- CORME: Suso, Adolfo, Dani (Jesús, min.51), Pandi, Sergio, Alejandro, Juan Chans (Javi, min.87), Adrián (Toniño, min.26), Brais (Miguel Torrado, min.57), Lucas e Alejo (Diego, min.69).
- Goles 0-1, min.17: Juan Chans; 0-2, min.60: Lucas a pase de Juan Chans; 0-3, min.90: Lucas de penalti.
- Expulsión: Parroto con vermella directa (min.89).
- Lesión: Llanero.
Menuda vitoria dun Corme que parece comezar a erguer o voo. E foi espertar no San Paio de Refoxos ante outro aspirante a todo. Foi mellor o Corme ante un Cee que non conseguiu entrar no partido en ningún momento. E iso que comezaba avisando con dúas boas chegadas do incombustible Llanero, antes de lesionarse.
Estirábase o Corme e na primeira chegada Juan Chans non perdoaba e metía por diante aos seus. O mesmo avisaba de novo para os cormeláns pero tamén o Cee o intentaba e Pandi despexaba ao seu propio longueiro un centro de Nico. Eran os mellores minutos do Cee e Josiño mandaba de espuela un córner preto do pau.
Pero á volta do descanso volveu o Corme ser superior. Volvía aparecer Juan Chans por banda para facer moito dano e deixarlla nesta ocasión a Lucas para que batise a pracer a Parroto. Angeliño puido recurtar pero o longueiro repeliu o seu chut, e o partido remataba cun penalti e tarxeta vermella a Parroto e o terceiro gol de Lucas.
Malas novas para este Cee que suma a súa segunda derrota da tempada, e boas novas para o Corme que se engancha arriba ademais de disfrutar do debut de Toniño, que chega do Ponteceso e de seguro vai dar moito equilibrio arriba.
San Lorenzo - Muros (2-1)
- SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, David Rey, Casillero, Germán, Anxo, Cachizo, Schuster (Canteiro, min.87), Joaquín (Dani, min.65), Javi (Fuentefría, min.60), Chucho (Velo, min.80).
- MUROS: Fabio, Berni (Eloy Carocho, min.80), Pedro Nieto (Sandro, min.85), Eloy, Teo, Lisardo, Gelo, Dani, Gabo (Jesús, min.50), Juan (Ramón, min.10), Sexo.
- Goles: 1-0, min.13: Cachizo de volea dende fóra da área; 2-0, min.60: Germán nun córner; 2-1, min.94: Jesús.
- Lesión: Juan nun xeonllo.
Xa levaba o equipo de Gueli varios partidos merecendo máis, e onte por fin acadou a primeira vitoria. Foi superior o cadro carballés ante un Muros non estivo fino, que non soubo adaptarse ao campo de Verdillo e que foi superado por arriba e nas xogadas a balón parado continuamente. O poderío físico dos carballeses foi fundamental, sobre todo na segunda metade, co 1-0 no marcador Germán, Dani, Joaquín tiveron ocasións para sentenciar, pero o San Lorenzo, sen demasiado xogo, pero si con máis ocasións, levou o partido. O gol da honra só chegou co pitido final para o muradán Jesús.
Zas - Cabana (1-0)
- ZAS: Rizos, Martín, Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Canedo, Peke, Samuel (Damián, min.65), David Blanco (Lagoa, min.30), Pablo (Pablo Lestón, min.65), Isma (Fabián, min.75).
- CABANA: Añón, Pepe, Charli, David Sande (Manolo do Cruceiro, min.50), Ismael, Fariña, Josiño (Iván de Treos, min.30), Adán (Diego, min.60), Sandro, Fernando (Eloy Pereira, min.65), Berti.
- Gol: 1-0, min.35: en propia meta tras unha xogada de Isma por banda dereita.
- Expulsión: Peke no min.85 por protestar.
- Lesión: David Blanco cun pinchazo no abdutor e os visitantes Josiño e David Sande.
Prantou cara o Cabana en San Andrés e mesmo acabou o Zas pedindo a hora, tras marcar o único tanto en propia meta. A primeira metade foi de dominio do cadro local, e xa David Blanco avisou nada máis empezar pero tras regatear ao porteiro chegou forzado e mandou fóra. Lagoa pegou un chutazo nada máis saír e aos 10 da segunda pero foron poucas as xogadas de perigo locais.
A partir do min.55 meteuse arriba o Cabana, con balóns directos, meteuse arriba e mereceu o empate, pero os de Periscal non están finos cara gol. Un saque de esquina que se paseou por diante da metad e Rizos, un gol anulado a Charli moi dubidoso, un fóra de xogo tras un pase atrás da defensa cando o dianteiro cabanés encaraba a meta ou un remate de Adán foron as mellores ocasións para un Cabana que mereceu sacar algo máis de San Andrés.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: A veteranía imponse no derbi na xornada da primeira vitoria pontecesá.
- Preferente: Demasiada tensión no derbi do ano.
- Resultados e análise da última xornada de outubro no Fútbol costeiro.
Artigos relacionados
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Unión Club Cee e David Castro.