Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa
Moi bos os resultados dos representantes da comarca no Campionato Provincial de tenis de mesa celebrado o pasado 17 de maio en San Xoán (Ferrol). De 4 equipos desprazados ata Ferrol da Agrupación Deportiva CP de Zas (canteira do Anorthosis Vimianzo), conqueriron dous 3ºs postos (benxamín mixto e infantil femenino), un 4º posto (alevín femenino) e un 5º posto (infantil masculino).
Tendo en conta que participaban 8 equipos en cada categoría e entre eles estaban os representantes dos clubes punteiros de Galicia (Club del Mar, Arteal, Narón, Ferrol...), podemos considerar un grande éxito o acadado polos nosos deportistas, moi ben dirixidos nesta ocasión por Miguel Rey.
Nos equipos competiron:
- Raúl López e Laura Cernadas en benxamín mixto.
- Ana García e Marta Costa en alevín femenino.
- Lorena Castro (benxamín) e Laura Quintáns en infantil femenino.
- Brais Blanco e Gabriel Bouzas en infantil masculino.
Vindeira proba
O vindeiro sábado 25 de maio e como ven sendo habitual nos últimos anos, vaise a celebrar de novo o torneo de tenis de mesa, V TORNEO PONCIANO NIETO.
Nel participaran xogadores destacados da 1ª e 2ª división galega de varios clubes da provincia, así como todos os xogadores do Anorthosis Vimianzo, que terán a oportunidade de medirse antes os futuros rivais na próxima temporada en 1ª galega e ao mesmo tempo disfrutar do ascenso conquerido recentemente.
Dada a cantidade de xogadores que se inscribiron o torneo disputarase no pavillón municipal de Zas e non no ximnasio como os outros anos. O torneo empezará as 10 da maña cos enfrentamentos por grupos e, logo dun pequeno descanso, iniciar as 12'30 coas eliminatorias e finais.
Cando o torneo remate en sí todos xuntos disfrutarán dunha comida conxuntamente. Entre todos seguro que pasan un día agradable de competición e amizade.
Novas relacionadas
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- A Liga de Tenis de Mesa necesita prórroga e prepara un equipo federado conxunto.
- A Liga Intermunicipal de Tenis de Mesa segue chea de emoción.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso.
- O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas.
- Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa.
- Calendario: En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.