Martes. 16.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Igualdade incompresible

3ª Autonómica: Igualdade incompresible

Semella que a liga de Terceira deste ano vai a ter moito resultados incomprensibles. Pero é que a igualdade e tal que calquera pode gañar a calquera. Si o Volantes goleaba a semana pasada ao Muxía, esta semana saía goleado do campo do Cabana, mentres que o Muxía tan só perdía 0-1 na casa e con moitos apuros para o Coristanco que xunto ao Outes e o Montelouro son os únicos equipo que fixeron pleno nas dúas xornadas que se disputaron.

Muxía - Coristanco (0-1)

  • MUXÍA: Cristian, Miguel Camarón (Carrera, min.78), Martinciño (Ramón, min.70), Ruso, Currás, Javi, Ziro (Julián, min.76), Pataca, Albertiño (Jose Ignacio, min.57), Juni, Arxires (Peski, min.55).
  • CORISTANCO: Pombo, Iván, Oscar, Germán, Marcos, Castro (Edgar, min.65), Dani, Adrián (Pazos, min.60), Benitez, Arantón e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.77: Pazos.

Despois da sonrroxante derrota da semana pasada o Muxía pretendía lavar a súa imaxe ante a súa afección no primeiro partido na Arliña e sinceramente non mereceron perder, nun partido que estaba predestinado para unha igualada a ceros despois do visto.

O partido diluíase no medio campo, sen un dominador. O Muxía tentábao e tamén os da vila da pataca pero sen chegar con perigo as áreas. Da primeira metade só poderíamos destacar un saque de esquina aos 8 minutos no que case converte en gol olímpico o local Albertiño. E polo Coristanco unha ocasión que desperdiciou Arantón.

A segunda metade seguiu a tónica da primeira aínda que a maior experiencia dos xogadores do Coristanco lles daba unha mínima vantaxe. No mínuto 55 Toniño tivo unha ocasión ante o xoven gardamallas local Cristian. O adestrador local Jesús María tentou darlle frescura ao equipo e fixo todos os trocos para tentar levarse a primeira vitoria da tempada. Pero lonxe de iso no minuto 77 un lanzamento dunha falta lateral rematou co gol a pracer de Pazos tras asistencia de Toniño. De aí ao final os locais entráronlle os nervios así nun intento de despexe o porteiro local Cristian golpeou sobre un compañeiro e tivo que ser Javi quen se adiantara a Toniño para que non rematara definitivamente co partido. Arantón tamén dispuxo de unha opción de anotar o segundo.

A imaxe non foi mala, pero a falta de xogadores vetaranos e a falta de pegada condenou a un Muxía que nin inquietou, nin foi inquietado.

Xaviña - Montelouro (0-2)

  • XAVIÑA: Pablo, Marcos, Sergio, Juan Antonio, Adrián, Chapu (Alberto, min.70), David (Rubén, min.80), Diego, Angel, Elvis (Brion, min.30) e Martín.
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Juan, Canelo, Pedro de García, Chema, Dani Sahorta, Denís, Chumi, Edu e Raúl (Fernando, min.55).
  • Goles: 0-1, min.65: Edu; 0-2, min.75: Chumi.

Encontro igualado que se decidiu na segunda metade. Os visitantes pese a verse mermados de efectivos por unha voda, non se viñeron abaixo na segunda metade e conseguiron levarse os tres puntos.

Lira - Outes (0-4)

  • LIRA: Quique (Miguel Anxo, min.70), Míchel, Josiño, Fran Chacho, Fernando, Chindo (Gabri, min.65), Manolo (Santi, min.70), Fran (Alvaro, min.46), Suso Patachín, Ancho e Fran Perico.
  • OUTES: Gato, Alvaro, Martín (Sergi, min.75), Lago, Arturo, Poke (Chúa, min.81), David, Pesco (Deivi, min.61), Fernando (Damián, min.61), Fabio (Potro, min.75) e Kin.
  • Goles: 0-1, min.12: Pesco; 0-2, min.20: David, de penalti; 0-3, min.64: Kin; 0-4, min.76: Deivi, de penalti.
  • Expulsión: O Local Santi (min.85) con cartón vermello directo por un plantillazo.

Comezaron fortes os locais e durante os primeiros 15 minutos tiveron dúas boas ocasións de gol, nunha delas o balón estrelouse no pau a tiro de Fran. Pouco a pouco foi baixando a intensidade lirense e os de Manu Roque foron tomando o control do balón, un gol de Pesco e outro case seguido de David ao transformar un penalti por derribo de Fran a Kin deron ao traste co arreón local e aplanaron o camiño da vitoria visitante. Xa na segunda metade primeiro Kin e logo Deivi ao transformar outra pena máxima, esta por máns dentro da área, puxeron a sentenza definitiva a favor dun Outes que ao contrario dos últimos anos esta a comezar ben a competición. Os locais reclamaron airadamente un gol pantasma que case todo o mundo viu menos o colexiado, o resultado era de 3-0.

Soneira B - Independiente de Carballo (0-0)

  • SONEIRA B: Víctor, Vicentiño, Curra, Chuchi, Alberto, Dani, Chans, Cristian, Cristian de Carantoña (Félix, min.83), Ricardo (Coneso, min.87) e Marquitos (Cho, min.65)
  • INDEPENDIENTE: Upi, Dani, Jorge, Carlos, Efrem, Rubén, Michel, Cholo, Brian, Juni e Roberto Sande.

Tras o descanso da primeira xornada botou a andar o filial soneirán dirixido polo tándem Mayco-Ana Mouzo. Dende o primeiro momento os locais demostraron que van facer unha clara aposta por ter o balón e tentar combinalo. Con xente moi nova e pouco corpulenta o equipo vimiancés non vai poder xogar de ti a ti con moitos dos equipos, cousa que xa se viu o sábado fronte a un Independente con moi poucas caras novas co respecto ao ano pasado e cunha aposta clara tamén polo bo trato do balón.

Con estes antecedentes vimos un partido moi igualado tanto en posesión de balón como en ocasións e cun xusto reparto de puntos. Ambos equipos demostraron ter pouca chegada a área e as poucas ocasións de perigo que houbo foron con lanzamentos dende fóra da área. Ricardo Vía Rápida, xuvenil de primeiro ano, tivo a primeira ocasión para o Soneira, o seu tiro con moita intensión foi desviado a córner con oitos apuros polo meta Upi. Polos locais a primeira gran ocasión chegaría na segunda metade cun lanzamento de falta de Dani Rosalia. Os locais puideron levarse o partido se estiveran acertados a pouco do final, cando o colexiado se comeu un claro fóra de xogo, pero os soneiráns non estiveron acertados no dous para un co porteiro.

Laxe - Corcoesto (0-1)

  • LAXE: Jacobo (Diego, min.80), Iván Ventura (Naya, min.75), López, Antonio Castro, Adán, Rubén (Aarón, min.55), Samuel, Iván, Felipiño (Zurich, min.46) e Manuel Xuvenil.
  • CORCOESTO: Siro, Rodri, Luís, Germán, Edelmiro, Javi, Longo (Couto, min.60), Uru, Martín (Pichón, min.75), Pablo e Héctor (Xavi, min.25).
  • Goles: 0-1, min.30: Uru, ao rematar o rexeite do penalti que lanzara el.
  • Expulsión: O local Naya (min.78) con cartón vermello directo por unha falta por atrás.

Partido moi igualado, os visitantes estiveron mellor na primeira metade. Tras unhas mans na área do Laxe o colexiado sinalou pena máxima e o recén fichado do Cerqueda, Uru, subiu o primeiro gol ao marcador tras o rexeite do porteiro. Puido ampliar distancias o Corcoesto pero Javi non acertou no remate.

Tralo descanso, os visitantes baixaron en intensidade e os locais con empuxe da grada viñéronse arriba. A baixa de Longo no medio campo do Corcoesto notárona os seus compañeiros que vía como o Laxe se aproximaba con máis perigo, aínda que non creaban ocasións claras de gol. O Corcoesto intentaba saír a contra e a pouco para o final, o recén entrado Naya tivo que derriba por atrás a Pichón que encaraba a portería, expulsión para o de Laxe e a partir de aí o partido baixou en ritmo.

Camelle - Alcaián (1-1)

  • CAMELLE: Carlos, Cristian, Mauri (Coruña, min.46), Manuel, Juan José, Iván, Alvaro, Gati (Buri, min.35), René (Sergio, min.60), Felipe Barreiro e Mario.
  • ALCAIAN: Rizos, Pombo, Andrés (Tote, min.65), Dani, Luís, Negreira, Pío, Nahuel, Pistolas, Víctor e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.22: Gati; 1-1, min.40: Roberto.
  • Expulsión: O local Coruña (min.86) por dobre cartón amarelo.
  • Lesión: O local Gati (min.35) cunha posible rotura de muñeca.

Debutou na “casa” o Camelle e non o fixo só, os veciños de Camelle desprazáronse a Camariñas para acompañar aos seus xogadores e fixérono en masa ateigando as bancadas do Hermanas Patiño. Segundo as previsións da directiva, contan que nun par de meses poidan estar xogando no seu campo do Rodeiro que están acondicionando (podemos ver como estaba o ano pasado...). Como vemos na imaxe están a acondicionar o terreo de xogo e quedan por arranxar os vestiarios e banquillos.

Os locais saíron mellor na primeira metade, conseguiron adiantar e puideron ampliar a distancia. A rentes do descanso chegou a lesión de Gabi, tras un salto, caeu desequilibrado e magoouse a muñeca tendo que saír na ambulancia de cara ao hospital Virxe da Xunqueira. Do parón aproveitouse o equipo visitante para acurtar distancias.

Na segunda metade os visitantes melloraron e levaron o peso do encontro, o encontro relantizouse moito con constantes interrupcións por faltas e o marcador non se movería máis.

Fisterra B - Cerqueda (3-3)

  • FISTERRA B: David, Dudo (Eloi, min.76), Jorge, Cote, Senra, Eddy, Hidalgo, Bruno, Cote Xuvenil (Santi, min.90), Carlos (Juanjete, min.76) e Insua.
  • CERQUEDA: Che, Javi Pazos, Javi, Juan, Jorge (Lorenzo, min.46), Dani, Manu, Añón, Maikel (Iván, min.46), Dieguito e Alex.
  • Goles: 0-1, min.19: Alex; 1-1, min.24: Cote Xuvenil; 2-1, min.28: Carlos, de penalti; 2-2, min.33: Dieguito, de falta; 2-3, min.90: en propia porta; 3-3, min.91: Insua.

Partido tenso e bronco o xogado en Fisterra no que houbo moitos goles e emoción ata o pitido final. A primeira metade foi de loucura total e a media hora xa se marcaran 4 goles. A maquinaria goleadora descansou e volveron a retomala os dous equipos no tempo de desconto para acabar firmando un empate que imparte xustiza ao visto sobre o campo. Os locais acusaron as baixas de Roberto e Marco que tiveron que ir convocados con primeiro equipo.

Carnota - Porteño (2-1)

  • CARNOTA: Juan Manuel, Urko (Boni, min.70), Manolo Chousa (Tono Goyanes, min.40), Pedro Pichín, Tono da Caixa, Joselu (Pedro, min.80), Borja Santos (Pumuki, min.75), David Brea, Rodrigo, Manuel Luís (David Castreje, min.60), Manoliño.
  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Iago Porteño, Maikol, Iago Carril, Cousillas, Asier, Quilmes, Pablo Santacristiña, Tajes, Brais. Tamén xogaron: Sergio Vilaseco, Jhimy, Piti, Pablo Quintans e Óscar.
  • Goles: 1-0, min.20: Manoliño de penalti; 1-1, min.55: Iago Porteño; 2-1, min.65: Joselu cun golazo pola escuadra.

Partido igualadísimo entre dous dos que poden ser aspirantes a voltar á Liga da Costa. A sorte estivo de cara para os carnotáns, pois aproveitaron as súas ocasións mentres que no bando visitante marraron ata un penalti no primeiro tempo parado por Juan Manuel.
O Carnota controlou lixeiramente na primeira metade, e se adiantou por medio de Manoliño, o punta liracho que volve ás ordes de Alfredo Cambeiro. Joselu e o propio killer tiveron ocasións para ampliar a renda.

Na segunda metade mellorou o Porteño que se foi arriba. Empataba por medio de Iago Porteño, e metía no seu campo aos locais. Joselu puxo de novo ao conxunto local, que acabou sufrindo, e moito ante a avalancha dos da Ponte, que non puideron acadar o empate malia merecelo.

Haberá que estar atentos a estes dous recén descendidos, que buscarán estar o menos posible na 3ª.

Cabana - Volantes de Baño (5-1)

  • CABANA: Añón (Dani, min.70), Jose, David Sande, Jacobo (Óscar, min.65), Pancho (Marcos, min.75), Josiño, Sandre, Adrián, Eloi Pereira (Fernando, min.60), Darío (Diego, min.25) e Nando.
  • VOLANTES: Bole, Ramon, Juan, Maikel, Paki, Brais, Varo, Javi (Benja, min.70), Piru (Fran, min.70), Pardelo (Mou, min.65) e Piti.
  • Goles: 0-1, min.7: Juan; 1-1, min.28: David Sande; 2-1, min.40: Josiño; 3-1, min.45+2: Nando, de penalti; 4-1, min.52: Nando; 5-1, min.80: Nando.

Non intimidou o Volantes ao Cabana coa goleada da semana pasada e saíu goleado do campo das Redondas principalmente polos problemas na defensa a balón parado.

O encontro foi máis igualado do que reflexa o marcador e pese que se adiantaron os muradáns e dominaron a primeira media hora, o gol local foi un forte estímulo que os levou a remontar o encontro antes do descanso e marcar un gol psicolóxico xusto antes de ir a vestiarios. Tralo descanso os cabaneses foron pechando cada vez máis aos visitantes na súa área e non lle deron opción algunha de remontada.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios