3ª Autonómica: Os 3 de arriba non fallan e o Volantes chega con forza

Dos equipos que veñen a caza dos cinco primeiros tan só o Volantes, que vén imparable, aproveitouse do pinchazo do Montelouro. O Porteño cedeu un novo empate no derbi co Soneira, mentres que o Cerqueda descansou polo que, cando menos, non se incrementa a distancia. Quen tamén cedía puntos era o Coristanco en Laxe. Os tres primeiros seguen firmes e sumaron cadansúa vitoria que fai que todo sega igual na parte alta.
Pola parte baixa, o Camelle gañáballe ao Corcoesto, mentres que o Xaviña empataba co Pereiriña. O Independiente deixou escapar dous puntos nos minutos finais ante o Alcaián.
Carnota - Montelouro (3-0)

- CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Pedro, David de Brea (Manolo Chouza, min.70), Manuel Luís (Boni, min.72), Jacobo, Andrés, Rodrigo (David Castreje, min.74), Borja Santos (Gabri, min.78) e Manoliño (Pumuki, min.75).
- MONTELOURO: Isma, García, Geiko, Pablo, Canelo, Fernando, Dani, Teo (Denís, min.46), Pesco (Jose, min.80), Jaro (Raúl, min.60) e Rico.
- Goles: 1-0, min.13: Borja Santos; 2-0, min.33: Borja Santos; 3-0, min.65: Rodrigo.
- Expulsións: Os visitantes Rico (min.41) e Canelo (min.46) por dobre cartón amarelo.
Salvou un dos escollos o Carnota que ten que pasar nestas próximas datas. Foille máis fácil do pensado para o equipo de Cambeiro, os visitantes descentráronse nas protestas co colexiado e laváronas de perder, dous expulsados e un máis que se perderá o encontro para a semana por acumulación de cartóns. Non foi un choque especialmente duro, pero o colexiado foi minando pouco a pouco aos de Louro con accións menores e ao pouco do descanso expulsou a Rico, camiño a caseta o cartón vermello caeulle ao míster e xogador Canelo, pola segunda amarela nas protestas.
No deportivo, os locais adiantáronse por medio do fisterrán Borja Santos que esta a facer unha sensacional tempada en Carnota, cunha boa acción persoal poñía o 1-0 e a media hora aproveitaba un pase de Manuel Luís para poñer o segundo. Na segunda a tras as expulsións o partido foi moi sinxelo para os locais que porían o terceiro para máis tranquilidade por medio do outro fisterrán Rodrigo.
O encontro estivo detido vinte minutos a maiores do descanso, ao solicitar o colexiado a forza do orden público, tendo que vir a Garda Civil de Santa Comba.
Independiente - Alcaian (3-3)
- INDEPENDIENTE: Dani, Efren (Rafa, min.55), Jonathan (Brais, min.61), Jorge, Rubén, Carlos (Scot, min.73), Cholo (Toni, min.80), Brian, Roberto, Ivi (Gustavo, min.46) e Juni.
- ALCAIÁN: Rizos, Andrés, Pombo, Ruben, Portillo, Victor Freire, Pío, David (Nahuel, min.70), Luís, Tote e Victor Pazos.
- Goles: 0-1, min.10: Víctor Pazos; 1-1, min.46: Juni; 2-1, min.50: Juni; 3-1, min.57: Juni; 3-2, min.75: Tote; 3-3, min.91: Luís.
Cabana - Muxía (3-1)
- CABANA: Añón, Rubén García (Eliseo, min.56), Marcos, David, Jose, Eloi García (Diego, min.46), Darío, Adrián (Eloi Pereira, min.65), Josiño (Fernando, min.81), Fran Martuxa e Nando (Jacobo, min.75).
- MUXÍA: Jose Antonio, Herrera (Antoniño, min.85), Currás, Pataca, Martinciño, Ziro, Julián, Juan do Coral, Raúl, Angel Luís e Felipe.
- Goles: 0-1, min.20: Pataca; 1-1, min.27: Fran Martuxa; 2-1, min.75: Diego; 3-1, min.83: Eliseo.
- Expulsión: O visitante Julián (min.57) por dobre cartón amarelo.
Fisterra B - Outes (0-5)
- FISTERRA B: David, Gaby (Carlos, min.65), Cote (Diego, min.80), Jorge (Didier, min.80), Juanjete, Pablo, Eddy, Champy (Noe, min.75), Bruno, Insua e Jose D'Anchoa.
- OUTES: Gato, Saúl (Alvaro, min.80), Martín, Chúa, Lago, David, Arturo, Quin, Deivi (Lass, min.78), Potro (Michi, min.71) e Fernando (Damian, min.63)
- Goles: 0-1, min.6: Deivi; 0-2, min.11: Chúa; 0-3, min.54: Arturo, de falta; 0-4, min.77: Deivi; 0-5, min.88: Michi.
Lira - Volantes (0-3)

- LIRA: Santi, Jose, Pelexo, Edu, Yerai, Manolo (fran, min.5), Suso Perico (Miche, min.85), Gabri (Oscar, min.75), Fran Perico, Ancho e Suso Patachin.
- VOLANTES: Iago, Fran (Mou, min.70), Juan, Josiño, Paquy, Brais, Ramón (Benja, min.72), Nimo, Pardelo (Ivi, min.55), Seluco (Javi, min.75) e Piti.
- Goles: 0-1, min.35: Seluco; 0-2, min.42: Seluco; 0-3, min.75: Piti.
- Expulsión: O local Fran Perico (min.85).

Laxe - Coristanco (1-1)
- LAXE: Diego, Aarón, López, Naya, Jacinto, Rubén, Iván, Samuel, Zúrich, Mario e Darío.
- CORISTANCO: Pombo, Castro (Mallón, min.70), Arantón, Germán, Luis, Iván, Adrián (Carlos, min.50), Sergio, Benítez, Márquez e Pazos (Magoby, min.62)
- Expulsión: a Carlos (min.80) do Coristanco.
- Goles: 0-1, min.50: Iván, de penalti; 1-1, min.51: Darío.
Camelle - Corcoesto (3-1)
- CAMELLE: Carlos Purrúa (Diego, min.30), Manuel, Juanjo (Cristian, min.60), Carlos Devido, Adrián, Mario, Iván (René, min.46), Sergio, Barreiro, Jose (Alvaro Pantera, min.75) e Varu (Alberto, min.80)
- CORCOESTO: Siro, Lista, Manuel, Germán, Pichón, Uru (Couto, min.55), Longo, Javi, Martín, Rodri e Xabi.
- Goles: 0-1, min.20: Martín; 1-1, min.63: Barreiro; 2-1, min.66: Álvaro Pantera; 3-1, min.89: Barreiro.
Soneira B – Porteño (1-1)

- SONEIRA B: Víctor, Damian, Curra, Alberto, Roi, Quilmes, Jemisa, Chans, Vicente (Pichón, min.80), Cristian de Cereixo, Cho (Marquitos, min.66).
- PORTEÑO: Jimy, Pejo (Gabi, min.66), Brais, Piti, Maikol, Asier, Jorge, Oscar (Rubén, min.83), Iago (Cousillas, min.77), Brais II (Iago Carril, min.88) e Wi (Ismael, min.77).
- Goles: 0-1, min.20: Wi; 1-1, min.58: Cristian de Cereixo.

Xaviña - Atl. Pereiriña (1-1)
- XAVIÑA: Pablo, Chiribi, Juan Antonio, Snaqui, Juan, Caamaño, Adrián, Saviola, Martin, Yuyo e Electro.
- ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Javi, Alvaro, Mateo, Adán (Javier, min.75), Alex, Poki, Víctor, Rafa (Jorge, min.80) e Néstor.
- Goles: 1-0, min.10: Saviola; 1-1, min.80: Poki, de penalti.
- Expulsión: O visitante Mateo (min.30) por dobre cartón amarelo e o local Caamaño.
Máis información
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: 3 diante e 4 por detrás.
- Preferente: Descalabro do Santa Comba nunha xornada negativa para os equipos da Costa.
- 1ª Autonómica: O barco do Cee afunde e o Ponteceso sae a flote.
- Resultados do Futboldacosta.com.
Máis novas
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Miguel de Lira.