3 xogadores do Manuela Rial e un do Volei Dumbría celebran os Reis coa Selección Galega
Non para a Costa da Morte de exportar "internacionais". Desta volta, o volei, e o cadro ceense do Colexio Manuela Rial é o protagonista.
I é que as seleccións galegas infantís femeninas e masculinas disputan os días 2, 3 e 4 de xaneiro o torneo internacional Arturo Cortes de volei en Lloret del Mar (Xirona) e na convocatoria do equipo masculino figuran tres xogadores do Manuela Rial: o colocador Manuel Marcote, o receptor David Redonda e o universal Unai Larrañaga. Neste torneo enfrentaranse a seleccións potentes coma da Cataluña, Baleares, Holanda e Valencia.
Entrementres, un dos veteranos coa camisola celeste, o xogador corcubionés Javier Domínguez, do Voleibol Dumbría, foi convocado unha vez máis para adestrar coa selección galega cadete os dias 2, 3 e 4 de xaneiro en Lugo.
Sorte para todos eles.
Novas relacionadas
- As xuvenís do Volei Dumbría recuperan o ánimo cunha vitoria para pechar o ano.
- Mala xornada para os equipos de volei da Costa mentres 7 xogadores fanse internacionais.
- A Costa exporta á Selección Galega 7 xogadores de volei e 2 de balonmán.
- A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.