600 rapaces disfrutaron da festa do deporte carballés e este venres tócalle aos ceenses


Carballo vivíu a súa festa atlética, e Cee espera pola súa, que caerá este venres. Case 600 cativos de 6 centros de ensino do Concello carballés, e algúns deles pertencentes ao Club Atletismo Carballo, participaron o pasado venres 17 de xaneiro, na fase local da Carreira de Campo a Través que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo e o Concello de Carballo.
Nesta proba puntuable para o Campionato Intercomarcal, clasificáronse os dous mellores equipos e os/as oito primeiros/as atletas de cada categoría.
Medalleiro por Centros

Os dous centros que coparon os primeiros postos no podio foron o IES Parga Pondal e o Colexio Artai, con sete e seis metais, respectivamente.
Se ben tamén hai que mencionar que os centros que remataron primeiros na clasificación tamén foron quen presentaron un maior número de corredores, con 218 do Parga Pondal e 140 do Artai.
IES Parga Pondal | 7 |
Centro Artai | 6 |
A Cristina | 4 |
CEIP Bergantiños | 3 |
Atletismo Carballo | 3 |
CEIP Nétoma Razo | 1 |
Proba en Cee
Un ano máis o Concello de Cee acolle unha nova Proba de Campo a través de deporte en idade escolar, que foi aprazada o pasado 19 de decembro polas condicións climatolóxicas. Esta proba enmárcase dentro do programa “XOGADE” (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o curso 2013-2014.
Este venres 24 de xaneiro terá lugar esta proba a partir das 11.00 horas no Estadio Municipal de Fútbol “San Paio de Refoxos” de Cee e nela participarán 10 centros de ensino e 1 club deportivo que xuntarán máis de 700 rapaces e rapazas da comarca nas seguintes categorías: benxamín (masculino/femenino), alevín (m/f), infantil (m/f) e cadete (m/f).
Estarán representados os seguintes centros:
- IES TERRA DE SONERIA DE VIMIANZO
- CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO
- CPI XOSE ALCALDE PICHEL DE CORISTANCO
- CEIP EUGENIO LOPEZ DE CEE
- COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO DE CEE
- AGRUPACION DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE
- IES FERNANDO BLANCO DE CEE
- IES AGRA DE RAICES DE CEE
- CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRIA
- CEIP VIRXE DA BARCA DE MUXIA
- CPI CABO DA AREA DE LAXE
Máis información
Novas relacionadas
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.
- Carballo tírase á piscina co AD Fogar.
- O mal tempo non impediu que o Duatlón de Reis de Vimianzo fose un éxito.
- Lariño fixo disfrutar a pequenos e maiores do seu I Cross.
- A familia Olimpia celebra o fin dun primeiro curso inmellorable.