Nova xornada completa de Fútbol costeiro, e xa saben que estivo a pleno rendemento a APP e a plataforma de táboas www.futboldacosta.com cos 60 partidos en liza. Ademais, lembren que no Facebook do Fútbol da Costa apuntamos todas as novidades relacionadas co deporte reí.
Pero xa, sen máis, facemos a análise desta última fin de semana de verán, comezando pola Preferente - Senra Sport, nunha xornada na que os nosos colleitaron un puntiño fóra de casa que lles serve para manterse na zona media-alta. Con 7 puntos queda o Dumbría despois de empatar nada menos que en Betanzos, e iso que o cadro vermello aínda non lle colleu o puso á categoría. Importante o punto do cadro de Coméndez en Noia.
Xornada completa en 1ª
Non puido o Corme manter o liderato na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, pois o poderoso Villestro arrincou un empate do Cairo. Non foi unha xornada fantástica para os nosos, pero si que Baio e Sofán venceron na casa e se colocan con 7 puntos, igualando ao Corme, ben arriba na táboa. Caeron Soneira e Esteirana, quedando cun puntiño, mentres o Malpica sumou o seu segundo punto en casa ante o Amio.
Igualdalde na Liga da Costa e na 3ª
Quedan Volantes e Cee sós no máis alto da clasificación da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Os muradáns comezan a campaña como motos superaron a un Buño que viña coa 5ª marcha metida dende o inicio da Liga. O Cee trouxo de volta os 3 puntos do Agra da Filgueira, e suma tamén 9 puntos.
Non temos ningún equipo con 7 puntos, e un grupo de 7 equipos con 2 vitorias no taboleiro, quedando só Carnota, Camelle e Montelouro sen inauguralo.
E non quedan xa equipos que sumen encontros por vitorias na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Caía o Lira en Corcubión nun dos partidazos da xornada entre dous dos aspirantes ao ascenso directo. Quedan empatados con 6 puntos, por detrás dun Coristanco que vencía, na casa ante o Muxía (alteraron a orde do partido), que suma 7 puntos. Só o Muxía, cun partido menos, queda sen estrear o taboleiro de puntos.
De Xuvenís
Segue sendo a superioridade do Dumbría a nota predominante na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte. 34 goles a favor e 1 en contra levan os de Lobelos e Leis, tras meter 10 ao Castriz. O choque da xornada era o XSC-Esteirana que deixa aos dous equipos igualados con 6 puntos. O Cee ademais parou o bo comezo dos Miúdos.
Polo Norte, Coristanco e Cabana destácanse como líderes tras vencer en Malpica e Zas.
Ligas Galegas
Primeiro punto, en Coruxo, para o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría e para o XSC, ante o Conxo, na Liga Galega Cadete. Parece que pouco a pouco os equipos comezan a asentarse.
Queda aínda sen sumar o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, despis de caer na casa ante o Bergantiños.
Nova xornada das ligas locais
As Baleas e Corme son os líderes da 1ª Cadete, con 6 puntos en dous partidos. Mentres, en 1ª Infantil, son Outes, XSC e Esteirana os que suman 2 de 2.
Erro nas actas de Veteranos
E a xornada nas Ligas de Veteranos tivo o detalle informativo no choque entre Soneira e San Lorenzo. O partido rematou 1-1, pero o colexiado puxo na acta 0-1, se ben corrixíu cun anexo o resultado, que queda finalmente en empate.
Polo resto, cómpre destacar o liderato do Hosgran na 1ª División. O novo Corcoesto vencía con claridade ao Bértoa e é o único que suma 2 de 2 se ben varios equipos só levan un partido. Na 2ª División, son 4 os equipos con 6 puntos: San Isidro, Porteño, Camariñas e Agualada.
Noia | 1-1 | Xallas StComba |
Betanzos | 1-1 | Dumbría |
Esteirana | 1-2 | Cordeiro |
Lesende | 3-0 | Soneira |
Malpica | 1-1 | Amio |
Baio | 3-1 | Silleda |
Corme | 1-1 | Villestro |
Sofán | 4-1 | Puebla |
Montelouro | 0-2 | Cee |
Camariñas | 0-0 | Seaia |
Ponteceso | 2-1 | Camelle |
Baíñas | 1-3 | San Lorenzo |
Outes | 1-1 | Fisterra |
Buño | 0-2 | Volantes |
Carnota | 1-3 | Cabana |
Castriz | 2-1 | Zas |
Mazaricos | 4-0 | Porteño |
Laxe | 0-1 | Nantón |
Corcubión | 3-2 | Lira |
Castrelo | 0-0 | Cerqueda |
Coristanco | 3-2 | Muxía |
- Descansa Ameixenda.
- Coristanco-Muxía alteran a orde e xogan na Rocheira.
Muxía | 6-0 | EF Corcubión |
Fisterra | 2-1 | Outes |
Cee | 2-1 | Os Miudos |
Dumbría | 10-0 | Castriz |
Xallas StComba | 2-0 | Esteirana |
Corme | 6-1 | Baio |
Ponteceso | 2-5 | Cabana |
Porteño | 4-2 | Laxe |
Zas | 1-3 | Camariñas |
Malpica | 0-3 | Coristanco |
Muxía | 2-4 | Esteirana |
Cabana | 1-1 | Ponteceso |
As Baleas | 3-1 | Outes |
Cee | 2-2 | Fisterra |
Sofán | 1-9 | Coristanco |
Corme | 8-2 | Baio |
Coristanco | 1-2 | Esteirana |
Ponteceso | 1-2 | Corme |
E.M.F. Vimianzo | 6-3 | Sofán |
Zas | 0-5 | Outes |
Os Miudos | 4-2 | Cabana |
Xallas StComba | 4-2 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 2
San Román | 3-1 | Zas |
Cabana | 0-1 | Baio |
Hosgran | 4-1 | Bértoa |
Dumbría | 3-0 | Castriz |
At. Milagrosa | 0-2 | Ponteceso |
Soneira | 1-1 | San Lorenzo |
Laxe | Aprz. | Coristanco |
- Descansa o Xuv. Bergantiños.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 2
Corcoesto | 2-1 | Vimianzo |
Camariñas | 5-2 | Dep. Carballo |
Sofán | 1-2 | Erbecedo |
Cerqueda | 1-3 | San Isidro-Razo |
Poniente | 0-2 | Buño |
Malpica | 1-3 | Agualada |
Nantón | 3-6 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte