A deportividade e as vitorias protagonizan a fin de semana do tenis de mesa costeiro
Xornada casi completa a da pasada semana para o tenis de mesa da Costa da Morte, pois salvo os principiantes que xa xogaran o seu encontro en outubro, todos os equipos conseguiron a vitoria. Ademais da intensidade que se viviu en varios encontros, a deportividade foi unha das protagonistas.
Resultados 2ª Galega. Grupo Centro.
- Anorthosis Vimianzo - Liceo Senior (4-3).
- Concello de Zas Angepon - Breogán Oleiros "C" (5-2).
Emocionante e disputado foi o encontro entre Anorthosis Vimianzo e o Liceo Senior, con moitos puntos moi longos, algún set que parecía interminable (o 2º set entre Roi e Rubén que gañou Roi por 17-15) e unha mostra de como se comportan os xogadores neste deporte. I é que no último punto do partido de dobres (5º set e 11-10 para Anorthosis) e nunha bola que o árbitro primeiro dou para o Anorthosis, xa que viu que golpeara no lateral da mesa, e ante as dúbidas mostradas polos xogadores, mandou repetir o tanto. Cando se reiniciou o xogo, o xogador do Liceo non golpeou a bola dando así por finalizado o partido. Iso é deportividade.
Roi, Miguel e Marce gañaron un individual cada un e co dobre, comentado máis arriba, conseguiron unha vitoria moi importante para non perder o tren dos mellores deste grupo.
Por outra banda, cómoda victoria do Concello de Zas Angepon que suma así para colocarse no medio da táboa e non ter que pasar apuros máis adiante.
Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste)
- Concello de Zas P Tívoli - Breogán Oleiros "E" (4-3).
- Concello de Zas O Pinar - Oroso Valoriza (0-7 - xa xogado o 23 de outubro)
En 3º galega disputouse outro encontro moi igualado, tanto que empataron a sets 15-15, entre Concello de Zas P Tívoli e Breogán Oleiros "E". Aquí Fran demostrou xa a súa veteranía e gañou os seus partidos, 2 individuais e o dobre con Andrés, que xunto co que gañou Chiqui deron a vitoria. Ainda queda moita liga e xa veremos o que pode pasar.
En canto aos principiantes do Concello de Zas O Pinar nada poideron facer contra os xogadores veteranos do Oroso Valoriza.
Próxima xornada
- 2ª galega: Sábado 19 novembro 2011 as 17'00 h no IES de Noia: IES Virxe do Mar - Anorthosis Vimianzo-
(O encontro entre Breogán Oleiros "B" e Concello de Zas Angepon xa se xogou, resultado 6-1). - 3ª galega: Sábado 19 novembro 2011 ás 17'00 h en Oleiros: Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Pinar;
- Domingo 20 novembro 2011 ás 11 h en Cambre: Andeiro Promesas - Concello de Zas P Tívoli.
Crónicas de tenis de mesa
- Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias.
- Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa.
- Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca.
- Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas.
- O pinpon espállase pola comarca de Soneira.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Outras novas
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- Martín Varela tamén gaña en Canadá e EEUU e segue camiño Londres 2012.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.