A longa travesía seca de Martín Varela
Tremenda a mala sorte de Martín Varela nesta tempada 2015-2016. O tenista cormelán soñaba con estar nas Paraolimpiadas de Río, pero ademais dos temas económicos, este ano tivo un novo inimigo: as lesións.
Van máis de catro meses dende que Martín Varela tivo que apartarse das pistas de tenis debido ao seu paso polo quirófano para someterse a unha hernioplastia que reparase a hernia crural que sufría, a cal foi provocada polo elevado número de competicións nas que Martín estaba participando co motivo da búsqueda da clasificación para as Paraolimpiadas de Río 2016.
A recuperación desta lesión prolongouse máis do esperado debido a unhas fortes dores que sofre o tenista cormelán cada vez que está sentado durante un período maior a unha hora. Nestes días, Martín Varela estase sometendo a diversas probas para determinar a orixe destas molestias. Este contratempo acaba con calquera mínima posibilidade de que Martín siga na súa carreira polas Paraolimpiadas de Río 2016, aínda que lonxe de pensar na retirada, o cormelán espera ter unha boa recuperación para poder empezar coa súa preparación física e retomar a súa carreira deportiva. O tenista de Corme e os seus colaboradores xa están pensando no traballo para a recuperación.
Entrevistas con Martín Varela
- Entrevsta de David Castro Falando cun dos mellores deportistas da Costa da Morte.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
Máis información
Novas relacionadas
- 17-12-15: As lesións alonxan a Martín Varela das Paraolimpiadas de Río 2016.
- 16-11-15: Martín Varela non perde a esperanza de Río 2016 tras ser operado con éxito.
- Unha lesión complica a presencia de Martín Varela nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
- Martín Varela supera o cansanzo e segue sumando en Lleida.
- Martín Varela segue sumando cun triunfo no segundo cadro de Florencia.
- Martín Varela segue a súa carreira cara Río 2016 sumando puntos en Madrid.
- Martín Varela suma os primeiros puntos en Eslovaquia na súa carreira cara Río 2016.
- Martín Varela buscará esquecer o mal torneo checo na veciña Eslovaquia.
- Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España.
- Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia.
- Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores.
- Martín Varela no inForum 2015.
- A Gala do humor logra recadar 4000€ para levar a Martín Varela a #Río2016.
- Agosto 2014: Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda.
Fonte
- Nota de prensa de David Castro.