domingo. 15.12.2024
El tiempo

A Selección da Costa raiou a gran nivel en Fontenla

A Selección da Costa raiou a gran nivel en Fontenla

Tras ollar os Resultados do 1 de novembro e mentres esperamos polas crónicas dos dous encontros da Liga da Costa, da 3ª e de xuvenís, repasamos o acontecido en Fontenla na tarde de onte. Unha sesión completa de fútbol, cun ambientazo no campo de Santa Comba con ata 400 persoas.

Como detalle, o saque de honra foi a cargo de Alba Caamaño, cantante de Santa Comba quer compite no Luar.

Selección da Costa sub23 - Selección Galega sub18 (0-0)

  • Selección Costa Sub 23: Parroto (Pablo, min.46), Doro, Rubén, Dani Becerra (David Agra, min.46), Simón (Matías Ramos, min.30), Tati (De la Sierra, min.46), Mayor (Pablo Pérez, min.46), Fuentefría (Iván Rey, min.46), Alán (Brais, min.46), Toni e Adrián Prol (Noli, min.46).
  • Selección Galicia Sub 18: David, Ocampo, Álex, Héctor, Jony, Sergio González, José Varela, Jordan, Dani Iglesias, Karim e Juampa. Tamén xogaron Isaac, Alberto, Cuadrado e Gabi.

Pese que a que non houbo goles as mellores ocasións foron para o combinado costeiro, sobre todo no segundo tempo nos pés de Pablo, Toni, Brais, Alán e Adrián Prol. I é que o cadro dirixido por Huelvis e Berto raiaron a gran nivel durante todo o encontro e demostraron a calidade do noso fútbol.

O único que lamentar foi a lesión de David, o porteiro do Xallas, que rompeu un dedo quentando. Así como o pinchazo que sentiu o esteirán Simón, que tivo que saír do céspede á media hora.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios