A vaca Mazarica tamén xoga ao Xadrez


O Ézaro abría a lata, e Mazaricos ratificou o potencial que vai ter este I Circuito Intercomarcal de Xadrez Activo Deputación da Coruña. Este pasado sábado o edificio Multiusos da Picota acollía I Torneo de Xadrez Concello de Mazaricos, segunda proba puntuable para o circuito, e foi o MI Diego Espiñeira o campión.
O torneo disputouse a 7 roldas con partidas de 10´+5” en horario de mañá e tarde, repartiu 1.000€ en premios. Foron 53 os participantes, e mellorando a calidade. Desta volta, ademais do campión, un MI, houbo 4 MF, con xogadores de diversos puntos de Galicia (e fora) como León, Sanxenxo, Vilagarcía, Boiro, Padrón, Santiago, Ferrol, Coruña, Arteixo, Carballo, Malpica, Zas, Muxía, Corcubión e os xogadores locais de Mazaricos.

Premiados

Con 5 puntos quedaron 6º o tamén ferrolán MF Pablo Fernández (era o nº1 do ranking), 7º Gumersindo Rocha do Capablanca, 8º MF Dan Cruz do Fontecarmoa, 9º Francisco Leal do Clubexa Coruñés. Con 4,5 puntos meteuse na xeral de 10º Eugenio Martínez de Sanxenxo, mellor sub-2000 foi José Soneira (Corcubión 11º con 4,5), mellor veterano foi Manuel Arias (Clubexa 14º con 4,5), mellor sub-18 foi Diego Bugliot (Clubexa 15º con 4,5), mellor sub-1600 foi Juan Carlos Siso (Clubexa 18º con 4 puntos), mellor feminino foi Lucia Cabanillas (Capablanca 47º con 2), 1º local Francisco Amigo (35º 3), 2º local Benito Martínez (36º con 3), 3º local Joel Vilar (46º con 2).
Nas categorías inferiores foi 1º sub-16 Daniel González (Arteixo 19º con 4), 1º sub-14 Luca Rei (Vilagarcía 27º con 3,5), 1º sub-12 Sergio Castro (Carballo 38º con 3), 1º sub-10 Alejandro Rama (42º con 3) e 1º sub-8 Darío Lema (Mazaricos 48º con 2), ademais grazas a cortesía de supermercados Gadis sorteouse un cheque regalo de 20€ que foi para Álvaro da Ponte de León.
Na clausura estiveron presentes representando ao Concello de Mazaricos, ademais do técnico de deportes Nito Estalote, o concelleiro de deportes Esteban Pereiro e o alcalde Juan Blanco que foron os encargados de entregar os premios.

Como “colofón” para pechar a xornada houbo un bo churrasco e unha fresca visita a unha praia fluvial próxima onde moitos dos xogadores e acompañantes gozaron dun baño refrescante durante todo o día.
Calendario de torneos
A próxima cita do circuíto é o luns 25 de xullo co XVII Aberto e X Memorial Miro Concello de Arteixo, máis información na web oficial do circuíto http://www.pokeryajedrez.com

Novas relacionadas
- O Ézaro abriu o Circuito Intercomarcal de Xadrez.
- Un Circuito para unir a Provincia a través do Xadrez.
- Os alevíns do Manuela Rial, campións provinciais de Xadrez.
- O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol.
- A canteira do xadrez costeiro triunfa na Pobra.
- O Xadrez invadiu o Centro Comercial.
- Xadrez e percebes para facer medrar a cabeza.
- O Xadrez tamén vai en feminino.
- Un centenar de cativos xa disfruta do xadrez na Costa da Morte.
- Torneo Entre Faros: O xadrez faise grande nos Faros da Costa da Morte.
- Desembarco do navío do xadrez en Lira-Carnota.
- O xadrez faise grande nos Faros da Costa da Morte.
- A Costa da Morte no epicentro do xadrez mundial.
- O xadrez invade a fin da terra.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
Máis novas
- Coñecendo mundo a través do xadrez.
- O xadrez muxián invade toda Galicia.
- A semente do xadrez prende en Muxía que xa conta con dous clubes.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).