Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Altas e Baixas no #FútboldaCosta

Altas e Baixas no #FútboldaCosta
Altas e baixas FutboldaCosta

Xa temos en QPC Deportes, a táboa completa coas Altas e Baixas de todos os equipos do Fútbol da Costa. Son 40 equipos, coa presencia dun só filial, o Soneira B, que por certo aínda está pendente de confirmar adestrador.
E de adestradores, vemos que serán 9 os equipos que estreen míster.

En canto ao movemento, xa soubemos os grandes cambios no Xallas de Santa Comba, que deixan ao Dumbría cunhas fichaxes que o colocan como novo favorito ao ascenso. Vemos tamén que hai equipos con moitas idas e vidas, como o Malpica e o Camariñas, e pola contra, outros que apenas moven ficha, como é a Esteirana que afrontará a campaña na 1ª Autonómica cos vimbios da casa. O propio fará o Corme na Liga da Costa.

Xa na 2ª Autonómica, o proxecto máis chamativo é o do Castriz de Corredoira, pero haberá que estar atentos ao Cee e ao Fisterra, que parten como favoritos, así como o Zas ou o Sofán, que se están reforzando moi ben este verán.

En 3ª, e con só 13 equipos e algún en perigo, todo é unha incógnita.

Temos tamén a nova plantilla perfilada do Sporting Seaia, o novo equipo no fútbol costeiro para esta temporada, que dirixirá Taibo dende o banco.

Esta táboa estará visible en todo momento, polo que nos podedes seguir informando de calquera movemento que haia nos vosos equipos. Sabemos que aínda hai equipos pendentes de moitas cousas, como o Corcoesto, que está pendente da resposta dos seus xogadores e que non descarta unha posible retirada da competición.

Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios