Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Análise e resultados dunha xornada con Copa e o ascenso consumado do XSC Cadete

Análise e resultados dunha xornada con Copa e o ascenso consumado do XSC Cadete
O Corme non puido co XSC-DFoto-Diego Lema

Fin de semana completa de Fútbol da Costa, e xa sabedes que neste final de curso a plataforma de resultados en directo está en www.copadacosta.com. Mentres, o equipo QPC seguimos armando a III Gala do Fútbol da Costa.

Repasamos as competicións que aínda quedan vivas, cunha atención especial á Copa, que chega a semifinais tras uns fantásticos Cuartos. Todo nunha fin de semana na que o Baio celebou o seu 50 aniversario. O Decano do Fútbol da Costa rendiuse homenaxe por todo o alto, como contaremos mañá, tras falar co presidente, Chema Rey, que dirixiu uns actos coa vila enteira festexando a importante data.

Copa da Costa

Menudos Cuartos que nos deixaron e menudas semifinais que quedan: un derbi xalleiro e un derbi da comarca fisterrá.

Deu a relativa sorpresa o Cee en Malpica, pois tralo 1 a 1 da ida en Cee, o Malpica, tras unha temporada fantástica na 1ª, era favorito. Pero tras un partidazo, o cadro de Floreal sacou de casta e sacou un empate. En fronte estará o Dumbría, que superou con máis solvencia da esperada ao Zas, i é que tralo 1-2 da ida as cousas xa estaban de cara para os da Preferente.
Polo outro lado do cadro, o Castriz sorprendeu en Baio, algo pendente da celebración dos 50 anos, e con dous goles ao fío do descanso sentenciou a eliminatoria o cadro rossonero, a pesar de levar case un mes sen competir. Enfrontaranse os de Esteban Blanco ao veciño XSC, que sufriu para superar ao Corme, e o solitario gol do polémico choque de ida vale o pase a semifinais e manda ao cadro cormelán a casa tras unha temporada inesquecible.

Copa de Veteranos

Espectaculares os Cuartos da Copa de Veteranos, que traen como nota máis salientable a igualdade global, e a sorpresa no campo da Rocheira onde quedou eliminado o Coristanco, actual campión de Liga e da pasada Copa. O Zas remontou o 1-3 da volta cunha fe incrible que vale unha semifinal. Ademais, o Dumbría aguantou a súa renda da ida, mentres que o Erbecedo sudou tinta para superar ao Cabana, e o Soneira, tres cuartos do mesmo, nun partidazo, co San Román.

O martes traeremos unha crónica completa dos partidos.

O XSC, novo equipo da Liga Galega Cadete

O XSC Cadete na Liga galega

Sorte dispar para os nosos equipos nas Fases de Ascenso á Liga Galega. A grande nova protagonizouna o XSC, que tras un temporadón xogará o ano que vén na Liga Galega Cadete. O cadro de Santi Casal só cedeu 7 puntos en Liga, e na Fase non desperdiciou a ocasión que se lle brindaba como primeiro de grupo e superou, con apuros, a primeira rolda, e nesta segunda, foi netamente superior ao Ánimas, ao que tras vencelo alá por 0-1, onte o remataba cun claro 3-0 en Fontenla. Así o celebraron:

O que non puido pasar a primeira das 3 eliminatorias que lle quedaban para acadar o ascenso foi o Cabana, que tralo 1-1 das Redondas caía por un apretadísimo e vibrante 6-5 contra o Dorneda, despedindo así unha gran temporada.

En Xuvenís, unha de cal e unha de area para os nosos. O Dumbría tiraba de fe para superar ao Polvorín, pois despois do empate sen goles no Conco, o 2-2 da volta deixa aos de Lobelos e Leis na segunda rolda, tendo que superar esta e outra máis para o soñado ascenso. O luns será o sorteo.
Mentres, a Esteirana caía en Boiro 2-0 e di adeus á temporada, pero coa ilusión posta de que o ano que vén ten que ser o do equipo de Martín, pois os xogadores de primeiro ano foron protagonista neste curso.

Cee-Callobre Infantil-Foto-Jose Cambeiro

Xa en Infantís, o Cee deunos outra alegría ao superar, por penaltis, ao Callobre. Gañara o Cee 2-1 na ida, resultado que se repetiu en terras ferrolás. Foi a sorte dos penaltis a que decidiu que o Cee sexa o que loite na seguinte rolda (terá esta e outra eliminatoria máis) polo ascenso á Liga Galega.

Unha Liga Galega Infantil da que se despedirá o XSC a semana que vén, e da que o Dumbría terá que pelexar nunha finalísima o vindeiro sábado ante o Xuv. Oroso, pois ten só un punto máis que o cadro santiagués.

Fases Finais dos Biberóns

Xa nas Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín, malas novas para os nosos campións das Ligas de Biberóns, que sucumbiron ante equipos superiores. Xa caera na ida o Dumbría Alevín co Xuv. Aguiño, e volveu caer con rotundidade no Conco. O Outes Benxamín caera 2-1 na ida ante o Victoria, e volvía facelo no Cunchido por 0-1, chegando os 3 goles a balón parado. Ademais, o Fisterra Prebenxamín caía ante o Narón, ao que non foi quen de marcarlle un gol.

Así e todo felicitamos aos 3 conxuntos pola súa grandísima campaña.

As Ligas Norte

Queda unha xornada para o remate das Ligas Alevíns e Benxamíns Norte. Cómpre lembrar que os 4 equipos do Norte e os 4 do sur xogarán a fase final da I I Copa da Costa de Biberóns en Outes.

Copa da Costa, Volta dos Cuartos


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuveni

0-0Dumbría - Polvorín2-2
2-2Esteirana - Boiro0-2
  • O Dumbría pasou e ten que superar aínda dúas eliminatorias.
  • A Esteirana quedou eliminada.

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

0-1Ánimas - XSC0-3
1-1Cabana - Dorneda5-6
  • O XSC é novo equipo da Liga galega Cadete.
  • O Cabana quedou eliminado.

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

2-1Callobre - Cee1-2
  • O UC Cee pasou a penaltis.

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 15

Dumbría 1-1Bergantiños
Lalín 3-1XSC

Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín

Alevíns:

5-3Xuv. Aguiño - Dumbría6-2

Benxamíns:

2-1Victoria - Outes0-1

Prebenxamíns:

4-0Fisterra - Narón0-2

Liga Alevín Norte, xornada 17

EF Corcubión 1-2 As Baleas
Cabana 1-2 Vimianzo
Muxía 7- 2 Baio
Coristanco 2-3 Corme
  • Descansa Sofán.

Liga Bexamín Norte, xornada 17

Cabana 3-2 E.M.F. Vimianzo
Muxía 7-1 Baio
Sofán 5-3 As Baleas B
Ponteceso 0- 2 As Baleas A
Coristanco 2-3 Corme

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos

Copa da costa veteranos

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios