Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As cadetes do ACB caen pero se levantan

As cadetes do ACB caen pero se levantan

As cadetes tiñan moitas ilusións depositadas no partido do domingo ante o Calasancias, pero o partido non saíu para nada como se pensaba, e as da Costa caeron.
En calquera caso o traballo desenvolvido ao longo da tempada é moi bo, e o partido non era definitivo xa que quedar segundas ou primeiras non influía na segunda fase. Agora é cando empeza o importante da tempada e as da Iván García están sobradamente preparadas para afrontar a seguinte rolda.
Cómpre destacar o respaldo da afección, que encheu o pavillón de Brens e non parou de animar en todo o partido.

Pola sua banda, escápase a permanencia para o Oso Polar, tras caer ante o Cenor Cluny, e terá que gañar si ou si a vindeira semana ante o Narón se quere manter a categoría.

Senior Maculino

  • Resultado: CENOR CLUNY - OSO POLAR (75-52).
  • Parciais: 14-10; 15-14; 25-16; 23-12.
  • Oso Polar: Pais (4), Rober (16), David (21), Fabián (2), Santi (4) - Tamén: Manu (2), Andrés (3), Iván.

Partido igualado nos 2 primeiros cuartos, pero cunha actuación moi irregular por parte dos xogadores do Oso Polar que estiveron moi desacertados en ataque, cun xogo moi precipitado, e en defensa con numerosos descoidos e erros de concentración impropios dun equipo que se xogaba a vida. Só o desacerto do equipo santiagués mantivo o partido igualado ata o descanso.

Na segunda parte do encontro o Cluny non perdoou ningún dos descoidos do conxunto ceense, e mellorou moito o acerto desde a linea de 6,25, con iso bastoulle para levar con bastante facilidade o encontro.

Vindeira xornada

A próxima xornada o Oso Polar recibe a visita do Emparesa Narón coa obrigación de conseguir a vitoria se quere seguir con opcións de conseguir o obxectivo da permanencia.

Cadete Feminino

  • Resultado: ROMAR MOREIRA CONSTRUCCIÓNES - CALASANCIAS (27-40).

O conxunto coruñés foi superior desde o comezo do encontro q rompeu nos os 2 primeiros ataques con dous triplos.

O Romar Moreira Construcións en ningún momento estivo a gusto na pista de Brens, buscando sempre malas opcións en ataque, e xogando moi precipitadas, e en defensa en ningún momento mostraron a intensidade á que nos teñen afeitos.
Só houbo un momento de inspiración no que parecía que ao final conseguirían remontar o partido pero foi só un espellismo, e ao final impúxose a maior superioridade física do Calasancias.

Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA - AS TORRES (61-31).

A alegría da fin de semana veu da man do Ferroatlántica infantil feminino, que unha vez máis xogou un bo partido ante un dos mellores equipos da competición.
Desde o principio viuse que o equipo local era superior realizando o seu xogo de rápidos contraataques, aínda así o equipo das Torres nunca lle perdeu a cara ao partido.
Ao final o a 10ª vitoria consecutiva para as nosas mozas.

Infantil masculino

  • Resultado: CULLEREDO - FERROATLÁNTICA (82-45)
  • Ferroatántica: Adri, Tomás, Cristian Vazquez, Cristian Marcote, Antón, Jesús.

Partido moi complicado para o equipo visitante que asistía ao encontro con só 6 xogadores, e un deses 6 non puido chegar ao partido ata o segundo cuarto. En calquera caso o xogo en ataque foi moi bo, cometendo poucos erros e participando os 5 xogadores na maioría de ataques. Os problemas estiveron en defensa, onde o equipo de Culleredo sorprendeu moitas veces ao contraataque.

Destacar a gran actuación de Adri que anotou 19 puntos e traspasou a presión local sempre que quixo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios