As infantís do ACB, alcaldesa de Cee


Nunha fin de semana de eleccións municipais só as do equipo infantil feminino conseguiron acadar os votos suficientes para ser nombradas alcaldesas do ACB Costa da Morte. As peques están a realizar un gran avance a final de temporada e desfrutarán agora das roldas finais da copa Primavera. O reso de equipos, remataron aquí a temporada.
Familia ACB
Copa Primavera Cadete Feminino, volta dos Cuartos
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – SANTO DOMINGO DE BETANZOS (26-49)
Mal partido no último encontro da temporada para as ceenses. Enfrontábanse no pavillón de Brens ante un rival asequible pero as baixas e a falta de frescura no xogo fixo que tanto o ataque como a defensa sufrisen durante os corenta minutos. Debido as mencionadas baixas completaron o equipo con cinco xogadoras do equipo infantil que fixeron un bo partido.
Copa Primavera Infantil Masculino
- Resultado: MARISTAS CHAMPAGNAT – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (63-55)
Fantástico partido o visto na tarde do sábado no colexio coruñés, con dous equipos anotando con fluidez durante todo o encontro. Os ceenses dispuxeron de vantaxes de ata dez puntos durante momentos do partido, grazas o sobresaínte partido de Dani, 30 puntos, pero cando xa cantaban a vitoria, un ultimo cuarto nefasto e o gran acerto no tiro dos coruñeses lles daría a vitoria final.
- Resultado:: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – ESCOLA BASKET XIRIA (37-64)
Aprobado xusto para os infantís, que pese a mellorar no tramo final da temporada, no grupo da copa primavera puideron loitar algo máis e demostrar o mellor nivel do que dispoñen.
Copa Primavera Infantil Feminina
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – ESCOLA BALONCESTO A LARACHA (40-31)
Fantástica e decisiva vitoria das infantís na súa casa ante un rival sempre correoso. Tras un primeiro cuarto de nervios, e un bo segundo cuarto as ceenses se iban o descanso catro arriba.
Tras a reanudación as ceenses encontraron o seu mellor xogo e conseguiron vantaxes de ata dez puntos a falta de cinco minutos, pero apareceu o cansazo, mermando o xogo local e aproveitándoo as de Laracha que se achegaban a so un triplo de empatar o partido.
A gran defensa evitou que se consumara a remontada de Laracha e varias canastas en contraataque no tramo final fixéronas despegar de novo no marcador e conseguir a vitoria final que a falta dunha xornada lles á o pase matemático a seguinte rolda da copa primavera.
Crónicas da temporada
- Basket: Os peques colleron o protagonismo.
- Difícil semana para o baloncesto costeiro.
- Basket: Afrontando a recta final.
- Basket: O Carballo a un paso celebra un meritorio subcampionato galego nunca completa fin de semana.
- Basket: Boa saúde para os equipos do ACB e emotiva homenaxe para rapaces do Artai.
- O ACB fai un fortín do pavillón ceense.
- Máis gasolina para a familia do ACB.
- Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª.
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).