mércores. 30.04.2025
El tiempo

As xogadoras do ES Bazarra despediron a tempada loitando ante o Noia

As xogadoras do ES Bazarra despediron a tempada loitando ante o Noia
ES BAzarra ACB Costa da Morte Senior Feminina-Foto- Duriel Nunez ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Tocáballe descansar aos Sénior do ACB, que son os que teñen a permanencia máis complicada. Pero as bravas do ES Bazarra disputaban mércores e domingo os cruces co grupo sur ante o Noia. As ceenses non puideron recuperar os 24 puntos de desvantaxe que trouxeron de Noia e así despiden unha máis que satisfactoria temporada.

2ª División Sénior feminino

  • Resultado Ida: NOIA CURROPESCA.COM - E.S. BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE (66-42).
  • Parciais: 18-8; 20-14; 19-7; 9-13 (Acumulado: 18-8; 38-22; 57-29; 66-42).
  • E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: Lidia, 5 ptos; Andrea, 0 ptos; Esther, 13 ptos (1 tripla); Fani, 15 ptos (1 tripla); Iria, 9 ptos – quinteto inicial – Yaiza, 0 ptos; Goretti, 0 ptos.

Mal partido das de Cee, con atasco no ataque e malas defensas, conseguindo as de Noia coller vantaxe no marcador a base de contraataques. Tralo descanso descalabro total das de Cee, quedando as da costa da morte en tan só 5 puntos anotados no 3º cuarto. Ó final, 24 puntos de diferencia cos que viaxan as de Noia para o partido de volta.

  • Resultado Volta: E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - NOIA CURROPESCA.COM (52-42).
  • Parciais: 12-9; 16-8; 8-14; 16-11 (Acumulado: 12-9; 28-17; 36-31; 52-42)
  • E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: Fani, 13 ptos (1 tripla); Yaiza, 4 ptos; Esther, 9 ptos; Sandra, 18 ptos (1 tripla); Iria, 2 ptos – quinteto inicial – Lidia, 4 ptos; Andrea, 0 ptos; Melissa, 2 ptos; Goretti, 0 ptos.

Partido no que o obxectivo das rapazas de Cee era remontar os 24 puntos que traían de vantaxa as xogadoras de Noia. O equipo de Cee marcouse ir cuarto a cuarto reducindo a desventaxa no marcador global da eliminatoria, e nos dous primeiros cuartos as cousas estaban saindo mais ou menos como se tiña pensado. Cunha vantaxa de 11 puntos no descanso as de Cee veían posible a remontada Pero, como no partido de ida, o terceiro cuarto marcou o resultado do encontro; novamente atasco no ataque e as de Noia recortaban a diferencia no marcador, poñendo xa moi complicado o resultado global da eliminatoria. Ó remate do partido a diferenza a favor das de Cee foron dez puntos, insuficientes para remontar os 24 que traía o equipo de Noia.

2ª División Cadete feminino

  • Resultado: COMPAÑÍA DE MARIA A ABACO ACB COSTA DA MORTE (51-27).

As rapazas de Pais traen un mal resultado no seu partido de ida para tratar de remontar na volta. Mal na defensa e peor no ataque.


Máis información

Crónicas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios