Axenda da última fin de semana do curso no Fútbol da Costa
Última fin de semana do curso no Fútbol da Costa. Pero vén cargada de emocións.
O venres 26 temos a II Gala do Fútbol da Costa-QPC na Casa da Cultura de Cee. Unha noite con 27 premios, moitas risas e emotividade ca homenaxe que queremos renderlle a Álex Pombo.
Ademais teremos citas co Fútbol base en Dumbría e Cabana.
A Gran Festa do Fútbol da Costa
Pero ademais, teremos a final da Copa da Costa, a gran Festa do Fútbol da Costa. O Platas Reinoso de Baio acollerá esta finalísima entre Corme e XSC, dous equipazos que chegan, cansos, pero nun bo estado de forma. Hai baixas importantes como a de Alejo para o cadro cormelán, mentres Doro, adestrador e alma do equipo, xa disputou os seus primeiros minutos despois dunha longa lesión ante o Seaia polo que pode que salte ao campo a intentar gañar un título máis.
Paralelamente, o evento social é de gran calado. A pasarela de xogadores, de adestradores, das mozas dos protagonistas, dos familiares... O Platas Reinoso será un gran evento social.
Nós faremos un amplo seguemento, e faremos o carrusel en directo a través do Facebook do Fútbol da Costa, a través do twitter @quepasanacosta e dende www.copadacosta.com.
Final para o Dumbría
Oportunidade de ouro para o Dumbría. Despois do empate a 0 da ida, o equipo de Leis e Lobelos ten todo de cara para prantarse o ano que vén na Liga Galega Xuvenil, e completar así unha case inmellorable campaña, cos títulos de Liga regular, liga dos campións, e Copa da Costa, e tras perder só 2 partidos durante o ano.
O Bertamiráns será un rival duro, pero o equipo dumbriés ten que ser o favorito.
Gran festa solidaria dos Veteranos
O campo de Verdillo acolle este domingo ás 11:00h da mañá a Final da Copa da Costa dos Veteranos. O Ponteceso quere dar a sorpresa ante un Coristanco que non quere que lle pase como na Liga, e quere rematar o ano alomenos cun título.
Ademais, antes do partido haberá un enfrontamento entre un combinado de 1ª contra un de 2ª, e todo o recadado será para apoiar a José Mato.
Gran Final da Copa da Costa
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, volta da final
0-0 | Bertamiráns - Dumbría | Sábado 28 ás 20:00h |
Final da Copa da Costa dos Veteranos
Torneo Base en Cabana
E como non, chega a cita Cabanesa co Fútbol Base. Este sábado 27 e domingo 28 de xuño os pequenos invadirán o campo das Redondas. 14 equipos en benxamíns e 16 en alevíns dan conta do traballo do club cabanés, un dos nominados como mellor equipo de fútbol base na Gala QPC.
Memorial Andújar
O vindeiro sábado 27, no 5º Memorial Manuel Andújar, Torneo de Fútbol 8 cos equipos Benxamin e Alevin do CF Dumbría, Galicia de Caranza, Olímpico de Rutis, SD Fisterra, Muxía CF, Outes CF, UC Cee e SD Negreira.
E despois partido decisivo polo ascenso dos xuvenís á Liga Galega Xuvenil entre Dumbría e Bertamiráns.
FS en Santa Comba
Por Santa Comba están armando un bo Maratón de Fútbol Sala, con máis de 3.000 € en premios. Os 27 e 28 de xuño, o pavillón de Fontenla acollerá este espectáculo. Podes inscribir ao teu equipo por 120€, na Taberna do Meu Compadre, antes do 25 de xuño ás 22:00h, ou nos teléfonos 617 641 873 ou 686 248 444.Novas da Gala
- Os Árbitros e Acción Deportiva do curso terán o seu premio na #GalaQPC do Fútbol da Costa.
- Os nominados aos Premios do Fútbol da Costa 2014-2015.
- Alejo, Manuel Varela e Ubaldo Cerqueiro falaron da Copa e da #GalaQPC na Radio Galega.
- Isidro, un “Home-Ghol”.
- Pachi y Culo farán as risas na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Os primeiros candidatos aos Premios da Gala Fútbol da Costa – QPC.
- En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
Crónicas da semana
- Copa da Costa: O Corme batíu co Sofán nunha fermosa tarde no Cairo.
- Gran mazazo á familia do Zas tras quedar ás portas do ascenso.
- Xa temos final da Copa, o Zas queda sen ascenso e o Coristanco novo equipo da 2ª.
- Fase de Ascenso: O Dumbría, a un paso do ascenso á Liga Galega Xuvenil.
Torneos de verán
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).