Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xa temos final da Copa, o Zas queda sen ascenso e o Coristanco novo equipo da 2ª

Xa temos final da Copa, o Zas queda sen ascenso e o Coristanco novo equipo da 2ª
Corme-Sofan-Fotop-SD

Menos dunha semana para a II Gala do Fútbol da Costa - QPC e para a grande festa do Fútbol Costeiro. Xa sabemos os primeiros nomes dos que serán escollidos como os mellores do curso e o vindeiro venres saberemos os galardoados. Pero antes, temos que coñecer moitas máis cousas que aconteceron nesta intensa última fin de semana de primavera.

En www.copadacosta.com temos xa todos os resultados, despois dunha fin de semana con 4 frontes moi abertas: as semis da Copa da Costa, o posible ascenso do Zas, a promoción da 3ª e a Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.

Xa temos finalistas de Copa

Como estaba previsto, o XSC convertíase o sábado no primeiro finalista tras volver a golear a un Seaia que estaba máis pendente do San Adrián, se ben para eles só chegar ata aquí foi toda unha alegría. Unha semifinal na que a boa nova deuna Doro, facendo de adestrador pero tamén saltando ao céspede trala súa longa lesión mesmo marcando un gol de penalti.

A gran atención destas semis centrábase no Cairo. Tralo 1-1 da ida, Corme e Sofán prometían un fermoso espectáculo e non defraudaron a pesar da calor. Foron 90 minutos intensísimos, e só contra o final, cos dous equipos moi cansos, e co Sofán volcado por conseguir un tanto, o Corme conseguíu marcar 2 goles xa no desconto por medio de Lucas e Brais Torrado para sentenciar confirmar que a final da CopadaCosta 2015 será Corme-XSC.

O Zas, ás portas do ascenso

O Zas na Fase de Ascenso-Foto-Paula

Aínda pendentes do Zas, a que chegue a Garda Civil... Necesitaba o Zas alomenos un empate para conseguir o ascenso e permitir que o Montelouro manteña a 2ª Autonómica. Un ambientazo en San Andrés prometía o partidazo, pero os goles do Tordoia e o colexiado augaron a festa... por agora.

Adiantouse o Tordoia, Rubio empataba a falta de 15 minutos para delirio da parroquia local, pero no min.90 o Tordoia marcaba o segundo enfriando o ambiente. Saltaban varios afeccionados visitantes, caía un xeo á area e o colexiado, faltando só 2 minutos decidía suspender o choque ata que chegase a Garda Civil. Media hora despois reanudábase o choque pero o Zas non era quen de poñer a igualada e quedarà un ano máis na 2ª, provocando ademais o definitivo descenso do Montelouro á 3ª Autonómica.

Coristanco, ascende finalmente

É o Coristanco novo equipo da Liga da Costa tras vencer 1-0 na Rocheira na volta da final da Promoción da 3ª. A ida en Corcubión remataba cun apretado 1-1 e un tremendamente intenso choque de volta deparou que sexa o cadro de Da Silva o novo equipo da 2ª Autonómica.

Por un Dumbría de Liga Galega

Deixa para o Conco o Dumbría do ascenso, ou alomenos iso esperamos tralo 0-0 da ida en Bertamiráns. Os de Óscar Leis e Diego Lobelos empataron sen goles no partido de ida e xogaranse a unha soa baza o ansiado ascenso á Liga Galega Xuvenil.

A final da Copa dos Veteranos

Coristanco-Ponteceso será a final da Copa dos Veteranos. O Coristanco xa metera os dous pé as final na ida, pero o Ponteceso sufriu para dar a sorpresa e eliminou a todo un Soneira, un dos grandes da categoría.


Copa da Costa, volta das semis

CopadaCosta 2105

Fase de Ascenso á 1ª, 6ª xornada


Promoción da 3ª, 6ª xornada

1-1Corcubión - Coristanco0-1

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, ida da final

0-0Bertamiráns - Dumbría-

Copa da Costa dos Veteranos, volta das semifinais

CopadaCosta dos Veteranos previa final

Novas da Gala

Crónicas da semana

Artigos futboleiros

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios