Venres. 26.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: O Corme batíu co Sofán nunha fermosa tarde no Cairo

Copa da Costa: O Corme batíu co Sofán nunha fermosa tarde no Cairo
Corme-Sofan da semis de Copa 2015-Foto-Fin Lema

Será o Corme o rival do XSC na festa do Fútbol da Costa na fin de semana da II Gala do Fútbol da Costa – QPC, da que xa sabemos os primeiros candidatos.

Despois dun choque sen tensión o sábado en Fontenla, o fútbol costeiro miraba ao Cairo na tarde dominical, onde as afeccións do Corme e do Sofán daban o do de peito para intentar meter ao seu equipo na finalísima. Foi finalmente a parroquia local a que celebrou o pase á soñada final.

Corme - Sofán (2-0)

  • CORME: Javi, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Joshua; Adrián Doldán (Brais Torrado, min.85), Sergio (Samu, min.95), Lucas (Eloy cadete, min.92), Brais; Juan Chans (Jose, min.70) e Toniño.
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Javi Souto (Ceide, min.82), Rubén, Pablo Martínez, Félix, Seo (Maneiro, min.62), Luís, Leilán (Rojo, min.74), Bertín e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.45: Lucas; 2-0, min.97: Brais Torrado.
Corme e Sofan no Cairo-Foto-Fin Lema

Espectacular ambiente no Cairo para ver unha semifinal fantástica, chea de fútbol e emocións. O 1-1 da ida daba unha pequena vantaxe ao cadro de Lentejo, que soubo xogar co marcador. Ningún quería arriscar e as defensas volvíanse impoñer aos ataques, polo que cada ocasión valería un mundo. Alejandro e Miguel Torrado estiveron imperiais na área local e apenas permitiron un par de ocasións, mentres Brais e Sergio Sueiro dominaban o medio campo. Por bando visitante, Leilán de falta, un disparo de Luis, e varios balóns parados que a defensa cormelán solventou foron as chegadas.

Dominou o Corme de saída no segundo tempo, e Juan Chans tivo unha moi clara que salvou Félix. Pasaban os minutos e a calor facía que o físico minguase, non así a tensión. Un tanto cambiaba o panoraba, e o Sofán buscaba a balón parado ese tanto, e o propio Félix o tivo na súa cabeza.

Xa co tempo cumplido e as forzas moi mermadas, Lucas anotou nunha contra matando as esperanzas visitantes, e Brais Torrado, tamén no desconto facía o segundo gol local.

Corme-Sofan no Cairo-Foto-Fin Lema

Así celebrou o Corme o ascenso:

A marea Azul celebrando o pase a final-Foto-Fin Lema

Así celebrou a Marea Azul do Corme C.F. o pase á final da #CopadaCosta tras vencer 2-0 ao SD SOFAN.Gracias Paloma polo documento!

Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 21 de Xuño de 2015

XSC - Seaia (6-0)

  • XSC: Couto (Koke, min.46), Alberto, Cristian, Rubio, Aarón (Adrián, min.50), César, Choco (Santi, min.48), Vía Rápida, Kevin (Marcos min.48), Joshi e Steven (Doro, min.78).
  • SEAIA: Illote, Javi Rañal, Víctor (Richard, min.19), Adrián, Dimaga, Nando, Felipe, Eme, Tato, Moisés e Magovi.
  • Goles: 1-0, min.3: Vía Rápida; 2-0, min.38: Kevin; 3-0, min.42: Kevin; 4-0, min.48: Choco; 5-0, min.62: Adrián; 6-0, min.88: Doro de penalti.

Partido sen historia en Fontenla o disputado o sábado tralo 1-7 da ida. Para o Seaia xa foi toda unha alegría estar aquí, e onte xa estaban máis pendentes do San Adrián que do fútbol.

A mellor nova para a familia xalleira, a volta aos terreos de xogo de Doro, que fixo de adestrador-xogador, disputando 15 minutos e mesmo marcando un tanto de penalti.


Novas da Gala

Crónicas da semana

Crónicas da Copa

Artigos futboleiros

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios