Axenda deportiva da ponte da Constitución


Chega a ponte da Constitución e con ela moitas citas deportivas. Ademais do fútbol da Costa) temos xadrez, balonmán, baloncesto, volei, fútbol sala...
Pero antes de ir co fútbol da costa, analizamos rapidamente o parte de sancións. Un parte que dá como gañador do partido da semana pasada ao Porteño ante un Lira ao que ademais le sanciona con 2 puntos. Ademais na outra incidencia da semana pasada, o Comité non decide que sucede co Soneira-Corcubión de xuvenís e dá dous días ao Soneira que acredite que avisou ao cadro corcubionés do cambio de horario.
E xa a golpe de xoves 6 temos varios partidos, como o derbi aprazado da 1ª Autonómica, un Ponteceso-Malpica importante para ambos. Ademais, o xoves teremos tamén 4 partidos de xuvenís, 1 en cadetes, 2 de infantís, xornadas completas nas Ligas galegas así como 1 encontro de Veteranos.
Xa pensando na fin de semana os equipos da Preferente terá unha oportunidade de seguir sumando. En 1ª, non será tan fácil pois todos se enfrontan a equipos fortes.
Na Liga da Costa non haberá choques directos, e o líder recibirá ao Outes, mentres que o Baio recibe ao Carnota, o Cee ao Cabana e o Sofán visita ao Muros.
O partido da xornada será o derbi camariñán da 3ª. O líder, o Porteño, terá que visitar o Rodeiro para enfrontarse a un Camelle que está a só 3 puntos (6 se contamos a vitoria a medias da semana pasada) no que será un auténtico partidazo adiantado ao sábado. Ademais, o Independiente terá en fronte a un Coristanco en plena revolución. E descansará o Cerqueda polo que Ameixenda, Lira e Soneira B buscarán sumar e recortar.
En Xuvenís o xoves temos varios encontros, destacando o Cabana-Baio no norte.
Preferente, xornada 16
O Paramo | 09/12 - 16:00 | Soneira |
Xallas StComba | 09/12 - 16:00 | Sada |
Viveiro | 09/12 - 16:00 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 15
Ponteceso | 06/12 - 17:00 (x11) | Malpica |
Fisterra | 08/12 - 16:30 | Cacheiras |
Lamela | 09/12 - 16:00 | Malpica |
Camariñas | 09/12 - 16:30 | Ag. Estudiantil |
Ponteceso | 09/12 - 18:00 | Arzúa |
2ª Autonómica, xornada 15
Montelouro | 08/12 - 16:00 | Zas |
Esteirana | 08/12 - 16:30 | Outes |
Corcubión | 09/12 - 16:00 | Buño |
Cee | 09/12 - 16:00 | Cabana |
San Lorenzo | 09/12 - 16:00 | Volantes |
Dumbría B | 09/12 - 16:00 | Castriz |
Muros | 09/12 - 16:00 | Sofán |
Mazaricos | 09/12 - 16:00 | Corme |
Baio | 09/12 - 16:30 | Carnota |
3ª Autonómica, xornada 15
Camelle | 08/12 - 16:00 | Porteño |
Castrelo | 08/12 - 16:30 | Nantón |
Baíñas | 09/12 - 16:00 | Ameixenda |
Lira | 09/12 - 16:00 | Soneira B |
Fisterra B | 09/12 - 16:00 | Laxe |
Muxía | 09/12 - 16:00 | Alcaián |
Corcoesto | 09/12 - 16:00 | Xaviña |
Indep. Carballo | 09/12 - 17:00 | Coristanco |
- Descansa Cerqueda.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Dumbría | 06/12 - 11:30 (x.14) | Esteirana |
Fisterra | 06/12 - 16:30 | Outes |
Esteirana | 08/12 - 12:15 | Soneira |
Corcubión | 08/12 - 16:00 | Muros |
Mazaricos | 08/12 - 16:00 | Xallas StComba |
Cee | 08/12 - 16:00 | Dumbría |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Baio | 06/12 - 16:00 | Cabana |
Zas | 06/12 - 16:00 | Camariñas |
Muxía | 08/12 - 16:00 | Corme |
Laxe | 08/12 - 16:00 | Ponteceso |
Coristanco | 08/12 - 16:00 | Malpica |
Liga Galega Cadete, xornada 13
Sp. Coruñés | 06/12 - 12:00 | Bergantiños |
Dumbría | 06/12 - 16:30 | Calasanz |
Liga Galega Cadete, xornada 14
Bergantiños | 09/12 - 12:00 | S.de Compostela |
Lugo B | 09/12 - 12:00 | Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 14
Ural | 06/12 - 12:00 | Dumbría |
Bergantiños | 06/12 - 16:30 | S.de Compostela |
Liga Galega Infantil, xornada 15
Negreira | 08/12 - 11:00 | Bergantiños |
Dumbría | 08/12 - 12:00 | Calasanz |
1ª Infantil, xornada 12
Muxía | 06/12 - 11:00 | Cee |
Coristanco | 06/12 - 16:00 | E.M.F. Vimianzo |
Fisterra | 09/12 - 10:30 | Outes |
As Baleas | 09/12 - 10:30 | Sofán |
Corme | 09/12 - 10:30 | Xallas StComba |
Os Miudos | 09/12 - 10:30 | Baio |
Ponteceso | 09/12 - 15:45 | Esteirana |
- Descansa Cabana.
Ligas de Veteranos, xornada 13
1ª División
Baio | 3-1 (x.8) | Camariñas |
Castriz | 09/12 - 11:00 | Soneira |
Coristanco | 09/12 - 11:00 | Bergantiños |
Baio | 09/12 - 11:00 | Nantón |
Zas | 09/12 - 11:00 | Ponteceso |
Bértoa | 09/12 - 11:00 | San Román |
San Lorenzo | 09/12 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Vimianzo | 09/12 - 11:00 | Corcubión Vet. |
Cabana | 09/12 - 11:00 | Camariñas |
2ª División
Sofán | 09/12 - 11:00 | Malpica |
Cerqueda | 09/12 - 11:00 | Poniente |
Corcoesto | 09/12 - 11:00 | Laxe |
Porteño | 09/12 - 18:00 | Muros |
Camelle | 06/12 - 16:00 | Corme |
Dep. Carballo | 09/12 - 10:00 | At. Milagrosa |
Leiloio | 09/12 - 11:00 | Buño |
- Descansa Agualada.
Xadrez
O domingo 9 de decembro terá lugar, no Centro Social do Concello de Vimianzo, o 3º Torneo de Circuito de Xadrez Costa da Morte, que dará comezo as 16:00 horas.
Volei
A seguinte xornada adiantase o xoves 6 e presumese complicada contra os líderes das súas categorías.
- 11:00h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría – Vigo.
- 11:00h Infantil femenino Manuela Rial – CV Ourense.
- 12:30h Cadete femenino Voleibol Dumbría – CV Ourense.
Baloncesto
O "Clube de Baloncesto Baio", co que colaboran a Xunta de Galicia, Concello de Zas, e Seguros Reale, levará a cabo o próximo domingo, 9 de Decembro no Pavillón Municipal de Baio o 2º torneo Seguros Reale S L U Roberto Mouro de Baio que se disputará entre os equipos CB Baio, Carballo basket, CB Noia , e as Escolas de Baloncesto de Santa Comba
Ás 10:30h comenzarán os partidos que se desenvolverán durante todo día, e unha vez rematados, entregaranse os trofeos ós participantes.
Ademais, os equipos do ACB Costa da Morte vivirán outra semana completa.
Fútbol Sala
1ª Provincial:
- Fisober F.S.F. “B” - Espartanas F.S.
- Manureva Suevos - Concello de Ponteceso F.S.F.
- Descansa Esteirana.
Balonmán
- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro xoves, día da Constitución, xogarase no Pavillón Municipal de Camariñas ás 18:00 horas un emocionante partido contra o Ribeiro Viña Costeira, un equipo moi duro, co que se perdeu de 1 gol na primeira volta. Será o último partido do ano en Camariñas, ata logo da parada de Nadal.
- 1ª Estatal: Importantísima a seguinte xornada para o Calvo Xiria, que se despraza a Lalín para enfrontarse a un equipo que nestes intres con catro puntos menos na táboa clasificatoria. O duelo terá luga no Lalín Arena o sábado ás 18:30 horas.
Máis información
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
Crónicas da semana
- Xuvenís: Xornada incompleta.
- 3ª Autonómica: O IDC pasa unha das probas de lume.
- 1ª Autonómica: Peor imposible.
- 2ª Autonómica: A letal Esteirana é máis líder tralo tropezo do Sofán no desterro.
- Preferente: Empate e os 3 entre os 6 primeiros.
- Resultados da primeira fin de semana de decembro no #futboldacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).