Axenda do Fútbol da Costa para a Semana Santa



E chega a Semana Santa e o fútbol non decae. Unha Semana Santa soleada que nos permitirá disfrutar de boas doses de deporte. Como en Xaviña, onde os máis peques serán protagonistas do I Torneo de Fútbol-8 de Buño, que se celebrarán os 2 e 3 de abril no campo malpicán.
Pero tamén teremos competicións ligueiras e copeiras. Saben que se as táboas ligueiras están sempre accesibles en www.futboldacosta.com, os cadros copeiros se actualizan nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.
Por exemplo, teremos xornada na Preferente - Senra Sport con choques complicados. E tanto para o cadro xalleiro, que recibe ao poderoso líder, un Negreira que pelexa cóbado con cóbado co Noia, e que necesita os puntos de Fontenla. Ademais, o Dumbría visita ao Riveira o aoves, equipo co que loita na zona morna.
Descansan as Ligas de 1ª (se ben o Malpica xoga o partido aprazado polo pasamento de Pombo), 2ª e 3ª Autonómica, pero teremos algún que outro amistoso, como o derbi entre Camariñas e Porteño polo Torneo da Mostra do Encaixe. A cita, o xoves ás 18:00h no Hermanas Patiño.

O que si teremos é doble sesión xuvenil. Xa temos listo o Sorteo da Copa da Costa Xuvenil, pero antes da xornada sabatina de Oitavos, toca rematar a Liguilla Previa este xoves, na que Zas e Malpica se xogan o pase aos Oitavos.
Temos tamén Ligas Autonómicas, cos choque do Dumbría (xogan hoxe mércores) e XSC cadete, este último máis necesitado de puntos.
Ademais, sorprenden os calendarios irregulares dos máis pequenos. Esta Semana Santa teñen partido os das ligas Alevín e Benxamín Costa Sur, unha liga que comezaba en novembro e que rematará a comezos de maio. E sen embargo non hai partidos no Norte, nunha liga moito máis curta, que arrincaba en febreiro e rematará en xuño…
Os Veteranos tamén descansan así que a xornada queda do seguinte xeito:
Preferente - Senra Sport, xornada 30
Xallas StComba | 05/04 - 18:00 | Negreira |
Atl. Riveira | 02/04 - 18:00 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 19
Agolada | 05/04 - 18:00 | Malpica |
Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 13 e última
Baio | 02/04 - 17:00 | Muxía |
Zas | 02/04 - 17:00 | Corme |
Ponteceso | 02/04 - 17:00 | Malpica |
Castriz | 02/04 - 17:00 | Coristanco |
Outes | 02/04 - 17:00 | Fisterra |
Corcubión | 02/04 - 18:00 | Esteirana |
- Descansa Cee.
Copa da Costa Xuvenil, Oitavos (partido único)

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 30
Dumbría | 01/04 - 17:30 | Lugo |
Liga Galega Cadete, xornada 30
Bertamiráns | 05/04 - 11:00 | Xallas StComba |
F8 Alevín Costa Sur, xornada 21
Dumbría | 01/04 - 16:00 | Dumbría B |
Os Miúdos B | 01/04 - 17:00 | Os Miúdos A |
Cee B | 01/04 - 18:00 | Esteirana A |
Cee A | 01/04 - 19:00 | Esteirana B |
XSC A | 04/04 - 11:30 | As Baleas |
Fisterra | 04/04 - 12:00 | Lira |
Sofán | 10/04 - 19:00 | Outes A |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 21
Os Miúdos B | 01/04 - 16:00 | Os Miúdos A |
Fisterra | 04/04 - 11:00 | Lira |
XSC A | 04/04 - 12:30 | As Baleas |
Cee B | 06/04 - 17:30 | Esteirana |
Cee | 06/04 - 18:30 | XSC B |
Sofán | 10/04 - 20:00 | Outes |
Crónicas da semana
- Veteranos: O Coristanco retoma o mando a falta de 3 xornadas.
- Ligas Galegas: O XSC albisca a salvación.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- 2ª Autonómica: O Zas non perdoa.
- 1ª Autonómica: Unha xornada de luto para esquecer.
- Preferente: 4 puntos contra os colistas.
- Análise e resultados dunha xornada futboleira de luto.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).