Completa xa case temos a fin de semana futboleira (só falta o arrinque da liga Cadete) co comezo da 3ª Autonómica. E o facemos nesta fin de semana de outubro pasada por auga. De feito, así nola describen os amigos de 4gotas:
O tempo da fin de semana na Costa da Morte seguirá sendo otoñal. Podemos dividir a Costa en dúas partes.
Unha de Muros a Muxía, onde haberá chuvias intermitentes, puntualmente intensas o venres e sábado a primeira hora, sendo moi febles e ocasionais o resto do sábado e o domingo ata a tardiña cando volverán as chuvias. O vento a partir do mediodía do domingo volverá a soplar con moita forza do sur-sudoeste.
A outra ao norte de Muxía. Alí o venres non choverá ata chegar o solpor. Ademais canto máis preto de Malpica veremos máis sol. O sábado non choverá ata a noite que caerá algún chuvasco illado (tamén na madrugada do domingo). Despois o domingo á tardiña tamén chegarán chuvias intensas e tamén desde o mediodía do domingo soplará con moita forza o vento do sudoeste.
A Previa
E comezamos a previa pola Preferente que chega co derbi probablemente máis interesante da temporada. O Dumbría, con varios ex xogadores do XSC, recibe ao cadro xalleiro nun momento perfecto para medir forzas. Os de Julio Martínez sorprenderon cun arrinque espectacular de tempada trala estampida a final de pretempada, mentres que o renovado equipo de Canosa ten que aspirar a máis e esta pode ser unha boa pedra de toque para medir as posibilidades.
Ademais, o Bergantiños buscará manter o liderato ante o Estudiantil e o Soneinra necesita sguir sumando ademais ante un dos que pode ser rival, o Mugardos.
Na 1ª Autonómica tamén temos derbi. Entre dous equipos que están que se saen, como son Malpica e Baio. A xornada é clave para o Ponteceso. O pechacancelas necesita puntuar e terá un fronte un rival directo como o Sigüeiro. Ademais, o Camariñas recibe ao Bertamiráns B e a Esteirana a Lamela.
A 8ª xornada da 2ª Autonómica trae dous focos de atención tremendamente interesantes. En San Pedro, o Castriz de Corredoira recibe ao Sofán de Pablo Mallón, choque de trens. Ademais, no San Paio de Refoxos Cee e Corme medirán forzas, cun Cee ben posicionado e un Corme que non pode seguir fallando se quere estar arriba.
E tralo partido adiantado do pasado domingo, arrinca ao completo a 3ª Autonómica. Un Liga curta, e de feito esta semana só teremos 5 partidos, e que comeza con moitas incógnitas. O Sp. Seaia debuta ante un dos favoritos, o reforzado Baíñas. Un dos encontros que a priori parece interesante será o Cerqueda-Ameixenda.
En Xuvenís, xornada matutina no Gr.3, cun partido máis que interesante. O Dumbría terá unha proba de forza ante un Fisterra que está a só 1 punto. Ademais, ca Esteirana e o Outes descansando, o XSC e o Cee intentarán aproveitar calquera tropezo para achegarse arriba.
No Gr.4 o choque máis interesante será o Baio-Malpica, sendo case que a última oportunidade para o cadro baiés de meterse na loita.
Fermosa ocasión para achegarse ao Conco na tarde do sábado para disfrutar da gran División de Honra Cadete. O Dumbría, 4º, recibe a todo un Deportivo, 2º, no partido máis esperado do ano.
Tamén chega o Deportivo ao Conco na Liga Galega Infantil para enfrontarse ao equipo dumbriés.
Ademais, teremos en liza os Cuartos da I Copa da Costa Cadete, coon bos partidos, unha semana antes de comezar a Liga e deixar as semis para o 2014.
Na Liga Infantil, Cee e Corme buscarán continuar coa súa imbatibilidade ante Coristanco (4º) e Cabana (7º), respectivamente.
E para rematar, na Liga Intermunicipios teremos un dos choques do ano, entre dous dos favoritos que ademais levan 3 vitorias en 3 partidos. O Sp. Brea e o Cereo medirán as súas forzas.
Soneira SD | 27/10 - 17:00 | Gal. Mugardos |
Ag. Estudiantil | 27/10 - 17:00 | Bergantiños C.F |
C.F. Dumbría | 27/10 - 17:00 | Xallas StComba |
Ponteceso S.D. | 27/10 - 16:30 | Sigüeiro C.F. |
S.D. Esteirana | 27/10 - 16:30 | C.F. Lamela |
Camariñas C.F. | 27/10 - 17:00 | Bertamiráns B |
S.C.D. Malpica | 27/10 - 17:00 | C.D. Baio |
Camelle S.D. | 26/10 - 16:00 | U.D. Carnota |
Volantes F.C. | 27/10 - 16:30 | Buño S.D.C |
Porteño C.F. | 27/10 - 16:30 | Outes C.F. |
S.D. Castriz | 27/10 - 16:30 | S.D. Sofán |
Mazaricos C.F. | 27/10 - 16:30 | S.D. Fisterra |
Indep. Carballo | 27/10 - 16:30 | U.D. Corcubión |
U.C. Cee | 27/10 - 16:30 | Corme C.F. |
S.D.San Lorenzo | 27/10 - 16:30 | Muros S.D. |
Sp. Zas | 27/10 - 16:30 | Cabana S.D. |
Sp. Seaia | 26/10 - 15:30 | C.D. Baíñas |
C.D. Nantón | 27/10 - 16:30 | SDC Corcoesto |
Lira C.F. | 27/10 - 16:30 | S.D. Coristanco |
Muxía C.F. | 27/10 - 16:30 | C.F. Castrelo |
U.D. Cerqueda | 27/10 - 17:00 | S.D. Ameixenda |
U.D. Montelouro | 1-4 | S.D. Laxe |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 9
Xallas StComba | 26/10 - 12:00 | Muros S.D. |
C.F. Dumbría | 26/10 - 12:00 | S.D. Fisterra |
Mazaricos C.F. | 26/10 - 12:00 | U.C. Cee |
Soneira S.D. | 26/10 - 16:30 | Lira C.F. |
- Descansan Outes e Esteirana.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 9
S.D. Coristanco | 26/10 - 12:00 | Muxía C.F. |
Ponteceso S.D. | 26/10 - 12:00 | Porteño C.F. |
Corme C.F. | 26/10 - 15:30 | Camariñas F.C. |
C.D. Baio | 26/10 - 15:45 | S.C.D. Malpica |
S.D. Laxe | 26/10 - 16:30 | Cabana S.D. |
C.F. Dumbría | 26/10 - 16:00 | R.C. Deportivo |
C.F. Dumbría | 26/10 - 10:00 | R.C. Deportivo |
Montañeros B.G. | 26/10 - 10:15 | Xallas StComba |
Bergantiños C.F. | 26/10 - 16:30 | C.D. Foz |
- A: Coristanco – Cabana (27/10 - 16:30h).
- B: XSC – Cee (27/10 - 11:00h).
- C: Muros – Esteirana (26/10 - 16:00h).
- D: Fisterra – Zas (26/10 - 10:30h).
S.D. Sofán | 27/10 - 10:00 | S.D. Fisterra |
C.D. Baio | 27/10 - 10:00 | Ponteceso S.D. |
Muxía C.F. | 27/10 - 10:30 | Outes C.F. |
Corme C.F. | 27/10 - 10:30 | S.D. Coristanco |
Cabana S.D. | 27/10 - 11:00 | U.C. Cee |
E.M.F. Vimianzo | 1/11 - 17:30 | E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 7
Ponteceso | 27/10 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Nantón | 27/10 - 11:00 | San Román |
San Lorenzo | 27/10 - 11:00 | Soneira |
Baio | 27/10 - 11:00 | Zas |
Camariñas Vet | 27/10 - 11:00 | Cabana |
Bértoa | 27/10 - 10:00 | Coristanco |
Laxe | 27/10 - 11:00 | Dumbría |
Muros | 27/10 - 11:00 | Castriz |
Poniente | 27/10 - 10:00 | Vimianzo |
Dep. Carballo | 27/10 - 12:00 | Camelle |
Buño | 27/10 - 10:00 | Sofán |
Cerqueda | 27/10 - 12:00 | Malpica |
Agualada | 27/10 - 11:00 | At. Milagrosa |
Corme | 27/10 - 12:00 | Erbecedo |
Leiloio | 27/10 - 11:00 | Porteño |
Laxe | 27/10 - 16:00 | Cances |
A Piña | 27/10 - 16:00 | Rus |
Sp. Brea | 27/10 - 16:00 | Cereo |
Peña Galicia | 27/10 - 18:00 | Xornes |
Sp. Seaia | 27/10 - 19:00 | Baldaio |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).