Completa se presenta esta última xornada do 2014. Teremos parón de Nadal pero as competicións voltarán o 3 e 4 de xaneiro de 2015. E todos os equipos queren pechar o ano da mellor maneira.
Como os equipos costeiros da Preferente - Senra Sport, que buscan escadar posicións ante equipos da zona baixa. O Dumbría ten que sumar se quere achegarse arriba na visita ao Escairón, equipo recén ascendido que pecha os postos de descenso. Mentres, o XSC non pode fallar na casa ante a Sarriana, outro ascendido tamén en zona perigosa.
Pechará de líder o Sofán este 2014 na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Pero quéreo facer polo alto, e tirará do Carral, onde ata agora suma partidos por vitorias, para acabar con 3 puntos máis. O Baio, agora 4º, a 7 do líder pero a só 1 do Villestro e Puebla, terá unha visita complicada, un Unión que ten só 4 puntos menos que os de Félix. Pola súa parte, o Malpica recibe ao Cordeiro, e a Esteirana ten que sumar si ou si na súa visita ao campo do Agolada.
Pero o partido da xornada xogarase no Cairo, onde o Corme, en proceso de recuperación despois dunha longa “gripe”, recibe a un Soneira en bo momento.
E tamén de líder da 2ª Autonómica - ES Bazarra rematará o ano este sorprendente San Lorenzo. Pero antes terá que superar un dos escollos máis complicados da liga, o campo de Xaviña, onde o Buño mantén unha moi boa liña, manténdose como un dos equipos de arriba. Por detrás, o Zas visita ao Ponguel, e querrá sumar ante un Ponteceso que, por fin, sumou dúas vitorias seguidas.
Partidos importantes na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda, logo de sufrir a súa primeira derrota da temporada, recibe a un Muxía que xa non conta con Sieso como adestrador, sendo Suso Rey o que toma o mando de novo. O Corcubión visita a un Castrelo que ten máis opcións que nunca de meterse na loita pola promoción, mentres os Nantón-Lira e Cerqueda-Coristanco serán fantásticos choques directos entre os de arriba.
Antepenúltima xornada da primeira fase das Ligas Xuvenís. Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, co Dumbría xa campión, aínda temos unha fermosa loita aberta entre XSC, Esteirana e Os Miúdos polas dúas prazas restantes de cara á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Ningún dos tres pode perder nas súas visitas a Muxía, Outes e Corcubión, respectivamente.
Mentres, polo Norte, co Cabana e Camariñas xa clasificados pero pelexando polo título, é o Porteño o que ten que asegurar a súa praza. Ten 6 puntos de vantaxe sobre o Corme pero visita a un Ponteceso que suma dúas vitorias seguidas. O Corme non pode fallar co Malpica e o Zas no derbi en Baio se queren seguir con opcións.
Remata o ano para os equipos das Ligas Autonómicas. O Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría farano na casa, mentres os infantís da Liga Galega nada menos que en Ferrol ante o Racing. Ademais, o XSC da Liga Galega Cadete quere rematar coa mala xeira de 5 partidos sen gañar en Arteixo.
Xa nas Ligas comarcais, o Fisterra-Cee será o partido máis interesante da 1ª Cadete, mentres nos peques os dous equipos do Outes queren certificar o seu gran comezo de campaña rematando o ano no máis alto.
E nos Veteranos, teremos partidazo por todo o alto na 1ª División. O líder, o Hosgran, que acabará o ano líder, medirá forzas ante o Coristanco, 3º a 7 puntos e cun partido menos.
| Escairón | 21/12 - 16:00 | Dumbría |
| Xallas StComba | 21/12 - 16:00 | Sarriana |
| Sofán | 21/12 - 16:00 | Silleda |
| Baio | 21/12 - 16:00 | Unión |
| Corme | 21/12 - 16:00 | Soneira |
| Malpica | 21/12 - 16:00 | Cordeiro |
| Agolada | 21/12 - 16:30 | Esteirana |
| Volantes | 20/12 - 16:30 | Porteño |
| Fisterra | 20/12 - 17:00 | Camelle |
| Ponteceso | 21/12 - 16:00 | Zas |
| Mazaricos | 21/12 - 16:00 | Cee |
| Camariñas | 21/12 - 16:30 | Montelouro |
| Carnota | 21/12 - 16:30 | Castriz |
| Buño | 21/12 - 17:00 | San Lorenzo |
| Outes | 21/12 - 17:00 | Seaia |
| Baíñas | 21/12 - 18:00 | Cabana |
| Ameixenda | 20/12 - 16:00 | Muxía |
| Castrelo | 20/12 - 17:00 | Corcubión |
| Nantón | 21/12 - 16:00 | Lira |
| Cerqueda | 21/12 - 20:00 | Coristanco |
| Corcubión | 20/12 - 12:00 | Os Miudos |
| Fisterra | 20/12 - 12:30 | Dumbría |
| Castriz | 20/12 - 16:00 | Cee |
| Muxía | 20/12 - 16:00 | Xallas StComba |
| Outes | 21/12 - 10:00 | Esteirana |
| Coristanco | 20/12 - 16:00 | Laxe |
| Cabana | 20/12 - 16:00 | Camariñas |
| Baio | 20/12 - 16:00 | Zas |
| Malpica | 20/12 - 16:00 | Corme |
| Ponteceso | 20/12 - 16:15 | Porteño |
| Dumbría | 20/12 - 11:30 | Arosa |
| Atl. Arteixo | 20/12 - 16:00 | Xallas StComba |
| Racing Ferrol | 20/12 - 12:00 | Dumbría |
| Fisterra | 20/12 - 10:30 | Cee |
| Outes | 20/12 - 16:00 | As Baleas |
| Ponteceso | 20/12 - 16:00 | Cabana |
| Esteirana | 20/12 - 16:30 | Muxía |
| Baio | 21/12 - 10:00 | Corme |
| Coristanco | 21/12 - 11:00 | Sofán |
| Corme | 20/12 - 16:00 | Ponteceso |
| Cabana | 20/12 - 18:00 | Os Miudos |
| Cee | 20/12 - 18:00 | Xallas StComba |
| Sofán | 20/12 - 19:00 | Vimianzo |
| Esteirana | 21/12 - 10:30 | Coristanco |
| Outes | 21/12 - 11:45 | Zas |
| Dumbría B | 18/12 - 18:30 | Dumbría |
| Esteirana B | 20/12 - 10:00 | Cee A |
| As Baleas | 20/12 - 10:30 | XSC A |
| Esteirana A | 20/12 - 11:00 | Cee B |
| Outes A | 20/12 - 12:00 | Sofán |
| Lira | 20/12 - 12:00 | Fisterra |
| Os Miúdos A | 20/12 - 13:00 | Os Miúdos B |
| Outes | 20/12 - 11:00 | Sofán |
| XSC B | 20/12 - 11:00 | Cee |
| As Baleas | 20/12 - 11:30 | XSC A |
| Esteirana | 20/12 - 12:00 | Cee B |
| Os Miúdos A | 20/12 - 12:00 | Os Miúdos B |
| Lira | 20/12 - 13:00 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 15
| At. Milagrosa | 21/12 - 11:00 | Soneira |
| Laxe | 21/12 - 11:00 | Ponteceso |
| Dumbría | 21/12 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| Hosgran | 21/12 - 10:00 | Coristanco |
| Cabana | 21/12 - 10:00 | Castriz |
| San Román | 21/12 - 12:00 | Bértoa |
| Baio | 21/12 - 12:00 | Zas |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 15
| Malpica | 21/12 - 11:00 | Leiloio |
| Poniente | 21/12 - 10:00 | Porteño |
| Cerqueda | 21/12 - 12:00 | Agualada |
| Sofán | 21/12 - 10:00 | Buño |
| Camariñas | 21/12 - 11:00 | San Isidro-Razo |
| Corcoesto | 21/12 - 11:00 | Erbecedo |
| Dep. Carballo | 21/12 - 11:00 | Vimianzo |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).