Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo

2ª Autonómica: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo
Zas-Bainas-Foto-Alejandro Mel Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Se por arriba o San Lorenzo vai sen freos, parece que se forma un grupo de arriba importante trala 15ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Entre os 2º clasificado, o Zas, e o 8º, o Baíñas, só hai 8 puntos de diferencia. Precisamente ambos protagonizaban un dos derbis da xornada, pois se na 1ª tocaba Soneira-Baio, aquí era outro derbi soneirán, un choque tremendamente igualado que define como está a competición.

Nese grupo, boas pero apretadas vitorias do Castriz, Outes, Buño, Volantes e Mazaricos.
Por abaixo, Montelouro e Camelle non dan sinais de vida.


Camelle - San Lorenzo (0-4)

  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor (Brais, min.70), Valiña, Arnosi, Muxisco (Tonsón, min.60), Macho, Dido, Mario, Felisiano, Felipe (Peseta, min.60) e Sergio (Tajes, min.70).
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Adrián Varela, Pablo Novo, Rudy (David, min.65), Álex Figueiras, Adrián Fraga, Javi Pensado (Fuentefría, min.55), Schuster (Anxo, min.67), Carlitos e Juni.
  • Goles: 0-1, mim.1: Juni; 0-2, min.55: Javi Pensado; 0-3, min.62: Juni; 0-4, min.66: Schuster.

Non frea o san Lorenzo a pesar de que sufríu no Rodeiro, nun campo enlamado e con moito vento. A pesar de todo saíu a por todas, marcou no primeiro minuto e nos 20 primeiros minutos tivo varias para sentenciar o choque, mesmo combinando ben por fases do partido e demostrando por que é o líder.

Foise metendo no partido o Camelle, que rematou o primeiro tempo inquedando á meta de Diego. Sufríu ata a segunda metade o cadro carballés, que co vento en contra puido baixar o balón e xogar máis cómodo e sentenciar no primeiro treito da segunda.

Non era partido da súa liga polo que Camelle quere ir recuperando efectivos pensando na volta do Nadal. “Queda moito”, afirma Pedro Gómez ante moita xente que lle di o “xa está feito”.


Cabana - Outes (1-5)

  • CABANA: Víctor, Raúl, Eloy (Dani Mato), Ismael, Iván de Treos, Moreno (Pereira), Josiño, Miky Pose (Diego), Berti, Fernando (Adan) e Iván Mato.
  • OUTES: Gato, Rafa (Borja), Saúl (Manu), Rober Amoedo, Chúa, Martín, Chía, Fabio, Elías (Jura), Mario (Oki) e Babu (Piki).
  • Goles: 0-1, min.46: Róber Amoedo; 0-2, min.61: Piki; 0-3, min.68: Piki; 0-4, min.72: Saúl; 1-4, min.80: Josiño; 1-5, min.85: Róber Amoedo.

Está o Cabana no peor momento da temporada a nivel anímico. Non acaba de atopar o xogo a pesar de ser un grupo, o que leva Raúl Periscal, tremendamente traballador, polo que están seguros que que vai ser posible revertir a situación. O que está claro é que volverán ser competitivos tras este tropezo, iso si, ante un gran Outes.

O cadro de Manu Roque pasou polas Redondas como un gran bloque que aspira a todo. De feito, ten a zona alta moi preto. Boa conta delo, e da calidade dos seus xogadores, foron os 5 tantos, verdadeiros golazos de nomes tan importantes como Piki, sempre arriba na táboa de goleadores, Róber Amoedo, un grande do fútbol galego, ou do veterano Saúl, coñecido na casa como "deserto" por como é capaz de secar aos mellores rivais, pero que, como vemos, tamén sabe mollar.
Na primeira metade o cadro da Serra avisou por medio de Elías, Mario, que mandou ao longueiro, e Fabio que tirou á reviravolta preto. Pero na segunda, a partir do golazo de Amoedo e do primeiro de Piki, acabouse o choque.


Porteño - Fisterra (1-1)

Porteno e Fisterra na Grixa-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Óscar, Gabi, Maikol, Manuel, Doyle, Roi, Iago (Cachi, min.50), Cristian (Wii, min.80), Marcos (Jose, min.70) e Meu Lar.
  • FISTERRA: Norber, Manuel Cartamil, Santi, Robertín, Yeray, Roa, Roco, Piti, Juan, Guardiola e Aitor. Tamén xogaron: Eddy e Mané.
  • Goles: 1-0, min.30: Meu Lar; 1-1, min.40: Yeray.

Partido igualado na Grixa entre dous equipos da zona media que non quixeron arriscar demasiado. Adiantouse pronto o Porteño, cun gol obra de Meu Lar, pero pronto Yeray empataba para os fisterráns. Demasiado respecto na segunda.

Porteno-Fisterra-Foto-Porteno

Seaia - Volantes (1-2)

  • SEAIA: Jesús, Adrián (Eme, min.46), Víctor, Avelino, Vistas, Miguel (Dimaga, min.55), Felipe, Damián (Richard, min.60), Nando, Camilo e Magovi (Manu, min.65).
  • VOLANTES: Marcos, Brea, Juan, Mayu, Miguel, Edu (Mingos), Picho, Óscar, Espi (Fran), brais(parde), Piti (Javi).
  • Goles: 0-1, min.5: Espi; 0-2, min.55: Piti; 1-2, min.70: Richard de falta.

Volvíu aparecer o de sempre, o pichichi Piti, que con este gol xa leva 16 goles anotados nesta campaña, para darlle a vitoria aos laranxas, que segue asomando a cabeza pola zona alta.

Tívoo un partido complicado en Malpica, ante un bo Seaia, que no único erro da defensa vía como Piti abría o marcador aos 5 minutos. Poucas ocasións houbo máis na primeira metade, cun cadro local que levaba control na primeira metade, e un Volantes que tivo algunha ocasión á contra.

Na segunda saíu o Seaia máis enriba, cun partido máis vibrante e fermoso, con máis fútbol. Pero Piti aparecía de novo para facer o segundo. Non tirou a toalla o cadro local que recurtaba cunha falta de Richard, e metía atrás aos laranxas, que nunha contra pedían penalti que non sinalou o colexiado. Tivo varias aí o Seaia para lograr o empate pero o derroche físico e de sacrificio non tivo premio.


Montelouro - Mazaricos (1-4)

  • MONTELOURO: Isma, César (Pepe, min.60), Abel, Pablo, Pedro (Fernando, min.85), Gelo, Geico, Dani Coriños (Benja, min.80), David (Pesi, min.72), Edu e Riki.
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban, Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro (Coxo), David, Estéfano (Cabrexo), Pereiro (Molinos) e Chenel.
  • Goles: 0-1, min.25: Estéfano; 0-2, min.70: Chenel nunha contra; 1-2, min.80: Dani Corniños; 1-3, min.83: Cabrexo; 1-4, min.87: Cabrexo.

Non reflicte o resultado o visto no Agra da Filgueira, pois o cadro loureán foi quen levou o peso do partido e o Mazaricos, que soubo ler ben o devir do choque, matouno á contra. Os de Jurjo seguen ca pólvora mollada arriba, pero seguen competindo ben. Onte prantaron cara a un gran Mazaricos, que soubo sobrepoñerse aos clásicos de Louro, os míticos “mikasa” e ese campo de terra.

A primeira metade foi mala, con apenas un par de ocasións por bando. Nunha delas chegaría o primeiro de Estéfano. O cadro local chegaba pero sen acerto. Na segunda metade mellorou o xogo e no min.70, Chenel marcou o segundo nun contrataque picándolla ao porteiro local.

Non baixou os brazos o Montelouro e recurtaban a 10 para o final, pero xa co equipo volcado, dúas contras amarelas de Cabrexo sentenciaban o choque.


Zas - Baíñas (0-0)

Capis do Zas-Bainas-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Oli (Fabián, min.56), Vecino, Canedo, Peque (Pablo, min.75), Dani (Samuel, min.70), David Blanco, Rubio e Alex (Abel, min.60).
  • BAíÑAS: Sergio, Martín, Rodri, Luís, Mario, Vilas, Esteban, Eloy (Cristian, min.77), Braulio (Tasky, min.57), Jaime (Diego, min.88) e Javi Suárez.

Gran ambiente en Andrés con charanga e todo. Era un partido especial con dous irmáns nas directivas de sendos equipos, Os Muíño. Miguel é presi en Zas dende hai tempo, e Víctor, é o Secretario do seu Baíñas, equipo ao que viu nacer.

Foi un típico partido de rivalidade, de loita en cada balón, con moito xogo aéreo e moitísima intensidade. Partido malo para o público pero bo para os adestradores, tremendamente igualado, con numerosas ocasións de gol para os dous conxuntos a pesar do empate sen goles, se cadra o Zas con algo máis de presencia en área rival, con dous remates ao pau de Vecino como grandes ocasións, pero tamén a defensa local tiña que sacar baixo paus un par de xogadas de tasky, que voltaba tras varias semanas.

Comezaba pegando o Zas coa de Vecino e unha de Canedo que probaba a Sergio. A segunda metade do primeiro tempo foi do Baíñas, que chegou con perigo nunha de Jaime. Xa no 73 Vecino mandou de novo ao longueiro unha falta de Peque, pero respondía o Baúñas cun balón que tiña que sacar a defensa baixo paus tras un erro de Anxo. Uns zaenses que pediron penalti sobre Samu no treito final.

Ademais, cómpre destacar a actuación arbitral, que nun partido complicadísimo de pitar, o fixo de marabilla.

Zas-Bainas-Foto-Alejandro Mel

Cee - Ponteceso (0-1)

Cee animando ao Ponteceso-Foto-Sd
  • CEE: Parroto, Aitor (Fiuza, min.60), Jorge, Jacobo, Tebo, Paco, Josiño (Yago, min.70), Hidalgo, Bruno (Lamela, min.65), Leo e Isma Leis.
11 do Ponteceso en Cee-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Lorenzo (Sergio Xuv, min.45), Diego Collazo, Moscoso, Dani Valle, Alberto Recarey, Javi Peón, Martín Puente (Youssef min. 70), Juanma (Ismail, min.78), Dieguito, Eloy (Pablo Márquez, min.85).
  • Goles: 0-1, min.75: Eloy.
Cee e Ponteceso saltando ao San Paio de Refoxos-Foto SD Jorge e Alberto Recarey-Foto-SD

Gran detalle dos ceenses ao comezo do partido levando unhas camisolas de ánimo a Penedo, que vén de operarse do xeonllo e estará toda a temporada de baixa. Moito ánimo o que lle mandamos dende aquí ao corcubionés.

Partido de poder a poder, con dous equipos que non pasan polo seu mellor momento deportivo, pero cada vez que se enfrontan saen grandes choques. O caso é que parece que os dous equipos están nun momento de cambio, con moita xuventude nos seus planteis que de seguro volverán competir no máis alto nas vindeiras campañas. Calidade non falta en ningunha das dúas plantillas.

Empezou o partido igualado e pouco a pouco o Cee foise facendo co control, presionando ós mediocentros visitantes e levando peligro por medio sobre todo de Bruno e Hidalgo pero sen grandes ocasións. O Ponteceso, que se presentaba con numerosas baixas por lesións de varios xogadores, aguantaba as embestidas locais, como un tiro de Leo que parou Brais.

Nótase a man de Barca e Curro no cadro pontecesán, que aguantou mellor fisicamente que un Cee que a partir da hora de xogo foi quedando sen gasoliña. Comezou aí o Ponteceso, tirando de xuventude, a crear perigo, baseándose nunha defensa sólida e un vestiario unido e 100% gañador. Primeiro un man a man que salvou Parroto e despois o gol, a partir de aí o equipo ceense rompeuse e o Ponteceso estivo bastante cómodo. Cómpre destacar o gol de Eloy, que está en estado de gracia, gran partidazo novamente do rapaz, nun Ponteceso que facia diagonales, paredes no seu mellor partido da tempada.

Non puido empatar o Cee pero amosou unha imaxe máis sólida, pois recuperaron a Fiuza e ficharon ao mítico Paco, o vimiancés que dá equilibrio.

Dende o club pontecesán queren avisar á xente de que este vindeiro sábado 20 de decembro, ás 13:00h, terá lugar unha misa na Igrexa de Cospindo por todos os familiares falecidos de xogadores, ex xogadores, directivos, ex directivos e afeccionados da SD Ponteceso.


Castriz - Camariñas (3-2)

  • CASTRIZ: Diego, Martín Gemelo, David Velo (Moli), Álex, Dani Martínez (Sergio), Bruno, Agra, Martín Uruguayo, Luís (Balsa), Adrián Prol e Bolón (Chinda).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denís, Martín Kanga (Martín, min.35), Piti, Darío, Pereira, Ismael, Sule, Javi, David (Saviola, min.75) e Yuyo.
  • Goles: 0-1, min.20: Yuyo; 1-1, min.30: Adrián Prol con Martín Kanga lesionado no chan; 2-1, min.44: Agra; 2-2, min.60: Sule; 3-2, min.75: Alex.

Partido igualado onde un empate tería sido máis xusto visto o visto no terreo de xogo. Pero o Castriz estivo máis acertado cara gol e soubo ler o partido. Dominaron máis os locais en todo caso, pero era o Camariñas o que se metía por diante. Protestaron os de Gerpe o empate xalleiro, pois estaba Martín Kanga lesionado sobre o campo. Antes do descanso Agra metía por diante aos xalleiros ante as protestas visitantes por un posible fóra do xogo.

Máis do mesmo na segunda, co empate de Sule e pouco despois o gol da vitoria de Álex. Ao final o cadro xalleiro, co Camariñas volcado e con 3 defensas, tivo varias contras para aumentar a renda.


Buño - Carnota (3-0)

  • BUÑO: Toni, Casais, Eloy, Matías, Fran Borrazás; Miguel Dourado (Neucha, min.60), Jorge Calvete, Uru; Jorge Pombo (Víctor, min.85) e Dani Calvete (Emilio, min.70).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Pablo Pichín, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Ferreiro; Manuel Luís, Niko, Nakata (Raúl), Pumuky (Berni), Míchel e Pablo Beiro.
  • Goles: 1-0, min.20: Jorge Pombo; 2-0, min.70: Neucha; 3-0, min.90: Neucha.
  • Expulsión: o carnotán Pedro Pichín na segunda.

Partido no que o Buño foi lixeiramente superior, pero non tanto como reflexa o marcador. Comezaba poñéndose por diante o equipo local, nunha xogada protestada polos carnotáns que entenderon que cando prolongan hai un xogador en posición ilegal. Pero tamén o Carnota respondía e Pablo Beiro mandou un córner ao pau.

A rigorosa expulsión de Oedro Pichín na segunda matou ao cadro carnotán, que se viu abaixo e o Castriz sentenciou nun córner e nunha contra.


Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios