Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Resultados e análise dunha xornada co primeiro campión do curso

Resultados e análise dunha xornada co primeiro campión do curso
O Dumbria Xuvenil e familia

Nova xornada completa, penúltima deste 2014, para o Fútbol da Costa. E coma sempre, comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport con novas dispares para os nosos, contrarestando a liña dos últimos resultados. Viña o XSC entonado tras dúas vitorias pero o Estudiantil puido cos xalleiros deixándoos na 13ª praza. Pola contra, o Dumbría que viña de dúas derrotas seguidas, non fallou no inédito ata hoxe partido no Conco ante o Noia, un dos aspirantes. Os dumbrieses sacaron 3 puntazos e demostraron que poden competir con calquera. Queda a promoción a 4 puntos e o ascenso directo a 5, pero iso si, con 8 equipos na pelexa.

Doble derbi costeiro da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Dura derrota da Esteirana na casa ante un gran Malpica. O cadro esteirán vive semanas convulsas e se nota no terreo de xogo, quedando agora de penúltimos a 6 puntos da salvación. Iso si, Pedrosa mantense á fronte do equipo.
Mentres, por Vimianzo, o cadro soneirán, máis necesitado, gañaba a todo un Baio nun partido de poder a poder e tremendamente igualado ata o final.
O que non falla é o líder, o Sofán, que segue contando partidos por vitorias no Carral, aproveitou para ampliar a renda e xa saca 6 puntos aos perseguidores inmediatos, Villestro e Puebla, e 7 ao cadro baiés.
Vitoria tamén importantísima para o Corme, confirmando a reacción e sumando a terceira vitoria consecutiva, meténdose xa 8º na táboa, con 21 puntos empatado co Malpica.

Vai sen freos o San Lorenzo na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O Camelle nada puido facer ante a chegada do líder, que aumenta a súa vantaxe co 2º, o Zas, a 8 puntos. I é que o cadro zaense tiña un especial derbi ante o Baíñas, con dous irmáns nas directivas que se repartiron os puntos. O Castriz non fallou, pero sufríu, ante o Camariñas, o Outes conseguía unha gran vitoria nas Redondas; como a do Volantes en Malpica ante o Seaia; a do Buño na casa ante o Carnota ou a do Mazaricos en Louro. Ata aquí teñen opcións de meterse na pelexa, sempre que o líder baixe o pistón.
Por abaixo, Camelle e Montelouro seguen en serios problemas e a salvación segue a 6 puntos.

E tiña que chegar algún día a primeira derrota do Ameixenda na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. E tivo que ser ademais en Corcubión, feudo ao que voltaban os Manolín, Mario, Víctor e Antón Lestón, e que acaban goleados por un cadro local que fixo un dos seus mellores partidos da temporada. Mantén a vantaxe de 6 puntos sobre corcubioneses e o Cerqueda, que conseguía gañar apuradamente ao Muxía en Arliña freando as posibilidades dos roxiños de meterse na pelexa pola promoción. No choque directo, Coristanco e Nantón empataban e manteñen as súas aspiracións. O que sumou 3 puntos foi o Castrelo, que se achega a só 4 puntos do grupo de 6 de arriba.

Xuvenís: Xa temos o primeiro campión

E non podía outro que este Dumbría, equipo que xa debería estar noutra categoría. Os de Lobelos e Leis non quixeron esperar e con 3 xornadas de marxe cantaron o alirón e aseguraron a presencia na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Fermosa está a loita desas dúas prazas restantes, con 3 equipos nun pano. A Esteirana sufría a derrota dumbriesa esta semana (aínda lle queda pasar o trance ao cadro xalleiro), quedando os esteiráns empatados con 28 puntos cos Muídos, que conseguiron frear as aspiracións do Outes, polos 31 do XSC, que vencía o derbi ante o Castriz. Quedan 3 xornadas de infarto entre os tres
Polo Norte tamén están as cousas fermosas. Cabana e Camariñas aseguraban esta fin de semana o seu pase á Liguilla, con dous partidos máis que complicados. O líder vencía en Zas cun gol de córner e a 5 do final, mentres o Camariñas vencían ao Coristanco tirando de novo da calidade de Javi, autor de 2 goles. Queda o Porteño con moitas papeletas para meterse no trío de arriba, pero os de Ordóñez non podían pasar do empate ante un Baio moi mellorado con respecto ao comezo de temporada. Sacan 6 puntos os da Ponte ao Corme, 7 ao Zas e 8 ao Coristanco, así que cunha vitoria e un empate estará na Liguilla.

Polo demais, non foi boa a xornada nas Ligas Autonómicas. O Dumbría caía na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría en Ourense e queda na metade da táboa. Un puntiño sumaba na casa o XSC da Liga Galega Cadete, un puntiño que lle vale para seguir escapando dos postos de abaixo. E outro punto o que sumou o Dumbría na Liga Galega Infantil pero que non lle vale para moito.

Xa nas Ligas locais, o Corme colócase líder da 1ª Cadete ao vencer á Esteirana, que chegaba moi pegada, e aproveitar o empate do Cabana ante o Baio. Cee e Fisterra matéñense aí.
Mentres, en 1ª Infantil, O XSC non decae pero o Fisterra segue firme o seu paso despois de superar a todo un Corme. Os Miúdos e Cabana completan o cadro de arriba.
Ademais, nos peques do F8, cómpre destacar a superioridade do Outes, líder en Benxamíns e Alevíns.

Xa nos Veteranos, o Hosgran aumentou a vantaxe sobre os rivais na 1ª División, pois o Coristanco caía sorprendentemente na casa ante o Cabana, polo que queda segundo o Dumbría, a 6 do líder.
E na 2ª División, o Agualada non fallou e xa saca 4 puntos ao Porteño, que non pasaba do empate ante o Cerqueda, e o máis importante, saca 7 puntos ao Erbecedo.


Preferente - Senra Sport, xornada 16

Dumbría 1-0 Noia
Ag. Estudiantil 3-0 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 15

Cordeiro 0-1 Corme
Esteirana 0-2 Malpica
Sofán 2-1 Sigüeiro
Soneira 2-1 Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 15

Camelle 0-4 San Lorenzo
Cabana 1-5 Outes
Porteño 1-1 Fisterra
Seaia 1-2 Volantes
Montelouro 1-4 Mazaricos
Zas 0-0 Baíñas
Cee 0-1 Ponteceso
Castriz 2-0 Camariñas
Buño 3-2 Carnota

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 15

Corcubión 5-0 Ameixenda
Laxe 2-5Castrelo
Muxía 0-1 Cerqueda
Coristanco 1-1 Nantón
  • Descansa Lira.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 15

Os Miudos 3-0 Outes
Xallas StComba 2-0 Castriz
Fisterra 5-6 Muxía
Dumbría 5-0 Esteirana
Cee 5-2 Corcubión

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 15

Porteño 1-1 Baio
Malpica 2-4 Ponteceso
Camariñas 3-1 Coristanco
Zas 1-2 Cabana
Corme 6-3 Laxe

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 15

Pab. Ourense 2-0 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 15

Xallas StComba 2-2 Boiro

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 13

Dumbría 1-1 Residencia

1ª Cadete, xornada 14

Muxía 0-1 Fisterra
As Baleas 7-3 Coristanco
Corme 4-0 Esteirana
Cee 3-0 Outes
Cabana 4-4 Baio
Os Miudos 3-1 Ponteceso
  • Descansa Sofán.

1ª Infantil, xornada 14

Xallas StComba 5-2Sofán
Zas 2-4Cabana
Ponteceso 2-3 Esteirana
Os Miudos 2-1Cee
Fisterra 4-3 Corme
Coristanco 1-1 Outes
  • Descansa Vimianzo.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 7

XSC A 2-2 Esteirana B
Dumbría 4-6 Outes A
Cee A 2-1 Esteirana A
Os Miúdos B 0-7 As Baleas
Cee B 0-2Lira
Fisterra 2-7 Dumbría B
Sofán 5-1 Os Miúdos A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 7

Dumbría 2-3 Outes
Cee 1-9 Esteirana
XSC A 7-3XSC B
Cee B 16-1 Lira
Os Miúdos B 1-14 As Baleas
Sofán 2-3 Os Miúdos A
  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 14

Zas 2-3 At. Milagrosa
San Lorenzo 0-2 Laxe
Ponteceso 0-3 Dumbría
Xuv. Bergantiños 2-3 Hosgran
Coristanco 1-2 Cabana
Castriz 0-2 San Román
Bértoa 1-0 Baio
  • Descansa Soneira.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 14

Vimianzo 3-3 Nantón
Leiloio 4-0 Poniente
Porteño 1-1 Cerqueda
Agualada 3-1 Sofán
Buño 1-0 Dep. Carballo
San Isidro-Razo 3-5 Corcoesto
Erbecedo 3-0 Camariñas
  • Descansa Malpica.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios