Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Corcubión freou ao Ameixenda

3ª Autonómica: O Corcubión freou ao Ameixenda
Imaxe do Laxe-Castrelo-Foto-Castrelo A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Tiña que chegar a primeira derrota do Ameixenda na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. E o fixo na 15ª xornada nun partido especial ademais, no Cubaleiro.

A xornada viña marcada pola sanción ao Lira, que deixa indignado ao cadro liracho pois non existiu aliñación indebida no choque ante o Corcubión. Así e todo, a acta estaba mal, o Corcubión reclamou, pasou o prazo de reclamacións e o Lira, que descansaba ten 3 puntos menos.

Colócase así o cadro corcubionés a só 6 puntos do Ameixenda, empatado cun Cerqueda que superaba unha gran prona en Arliña, freando as aspiracións do Muxía de meterse na pelexa pola Promoción. Aínda ten opcións o cadro muxián, como o Castrelo, que vencía en Laxe e queda a só 4 puntos do Coristanco, que empataba ante o Nantón.


Corcubión - Ameixenda (5-0)

  • CORCUBIÓN: Sito, Trillo, Senra (Alán, min.46), Marco (Checho, min.78), Balucho, Gabi, Sebas, Toja, Lema, Lourido (Javi FLoreal, min.83) e Gorka (Edu, min.76).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Javichu, Camacho, Iván, Antón Lestón (Demetrio, min.63), Jesús (Momaño, min.46), Borja (Bichiño, min.46), Miro, Víctor, Mario e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.26: Lema; 2-0, min.29: Lourido; 3-0, min.32: Lourido; 4-0, min.73: Lourido; 5-0, min.83: Edu.
David Lourido anotou un hattrick co Corcubion-Foto-Jorge parri

Voltaba Manolín ao Cubaleiro, e con el outros xogadores corcubioneses como Mario, Víctor, Antón Lestón ou Cristian, que tamén xogou en Corcubión ás ordes do eterno Manolín. E o cadro local fixo o mellor partido da tempada. I é que os de Carlos Lema están recuperando efectivos,. como Edu ou Alán, e sobre todo David Lourido, que está collendo a forma e a puntería. Primeiro hattrick do rápido dianteiro branquiazul, que de seguro vai colocar aos seus ben arriba.

O choque foi marcado polos 3 goles en apenas 5 minutos do ecuador da primeira metade, que practicamente deixaban roto o partido. Na segunda, intentouno o Ameixenda, pero o Corcubión, ben plantado, soubo esperar e matalo á contra.


Laxe - Castrelo (2-5)

Laxe e Castrelo no campo laxense-Foto-Castrelo
  • LAXE: Anxo, Gora, Samu Soneira (Adri, min.46), Carlos, Bras, Miguel (Rubén, min.70), Borja, Roberto (Jaja, min.46) , Dani, Zurich (Iván,m in.46) e Samueliño.
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Raúl, min.77), Pichón (Suso, min.73), Darío (Berdoias, min.69), Víctor (Ozón, min.67), Luís, Edreira, Roi (Lucho, min.47), Félix, Capote e Stiven.
  • Goles: 0-1, min.10: Luís; 0-2, min.29: Roi; 0-3, min.40: Roi; 0-4, min.63: Stiven; 1-4, min.66: Samueliño de penalti; 1-5, min.72: Stiven; 2-5, min.87: Samueliño de falta directa.

Mal partido do Laxe, sen intensidade, mal situados e sen gañas. O Castrelo, sen facer o mellor partido, leva 3 puntos que o achegan ao grupo da Promoción. Foi superior o cadro vimiancés, en intensidade e xogo, e tamén en ocasións. A primeira parte control viistante e pronto Luís facía xustiza no marcador. Roi ampliaría a renda anotando dous mans a mans antes do descanso, deixando un 0-3 ao descanso que puido ser maior se Roi e Stiven non desaproveitaran sendas ocasións de gol.

Non baixou o ritmo o Castrelo. Stiven ampliaría a renda, e o Laxe empataría dende os 11 metros por unha rigorosa man de Félix. Máis adiante Roi case marca de gol olímpico pero bateu na escadra. O Castrelo seguiu traballando ben e Stiven marcaría o 1-5 dentro da área pequena desviando un tiro de Luís. Suso dispoña dunha gran ocasión para estrenarse como goleador pero non atinou a empurrala. Lucho nunha falta estubo apunto de marcar o 1-6 pero a escadra impediuno e no 87 nunha falta e de novo a balón parado, marcaría o Laxe o definitivo 2-5, cunha fermosa falta de Samueliño.


Muxía - Cerqueda (0-1)

  • MUXÍA: José Antonio, Currás (Ruso, min.80), Pataca, Martín, Peski, Víctor, Esteban (Antonio, min.65), Gerardo, Conguito, Rubén (Castreje, min.60) e Iván (Tomás, min.15).
  • CERQUEDA: Ángel, Pailos (Uru, min.46), Atu, Dani, Javi Pazos, Jhonny (Juanjo, min.50), Lorenzo, Sergio, Darío, Martín (Xabi, min.70) e Javi (Jacobo, min.46).
  • Gol: 0-1, min,55: Jacobo.
  • Expulsión: o muxián Pataca por doble cartón no min.70.
  • Lesión: o muxián Iván.

Pau para o Muxía que aspiraba a meterse na pelexa pola promoción. Pero nunha Arliña con poucos afeccionados, o Cerqueda confirmou o seu bo estado de forma sacando unha vitoria tan apretada como importante, que os deixa na 2ª praza a 6 do liderato. O Muxía foi o dominador do partido, pero lle falta pegada ao equipo de Sieso. O Cerqueda estivo ben, levando a iniciativa: Martín evisou pero fallou as tres ocasións das que dispuxo. O Muxía controlab ben o mediocampo con boas triangulacións pero só chegou unha vez a portería, que despexou ben Ángel.

O segundo tempo o míster do Cerqueda Emilio, fixo un lavado de cara o equipo e funcionou pois aos 10 minutos Jacobo se prantaba diante de José Antonio e marcaba a porta baleira tras regatealo, dando no pau. O Muxía sacou a casta e colliu o mando do partido, creando perigo a balón parado e o Cerqueda estragaba varias contras de man a man que Darío non atinou a cerrar o partido.


Coristanco - Nantón (1-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Marcos (Míchel, min.60), Rubén, Mato, Jose (Bértoa, min.70), Facal, Pazos, Toni, Moreno (Cholo, min.60), Gonzalo e Juan.
  • NANTÓN: Guillermo, Dani Costa, Eloy, Diego, Dani B., Raúl, Martín, David, Lareu, Fabio, Luís. Tamén: Ernesto, Carlos e Patelele.
  • Goles: 0-1, min.65: Luís en xogada persoal; 1-1, min.80: Mato tras varios rexeites nun córner.

Partidazo de poder a poder na Rocheira, de moita loita e corazón, que rematou cun xusto repartido de puntos. O cadro de Da Silva buscou máis a meta rival ante un Nantón ben armado atrás e buscando ao de sempre, o pichichi Luís, un dos vellos roqueiros.
Os locais intentaban aproveitar as numerosas xogadas a balon parado e os sempre perigosos disparos de Lagoa, que xa probaba a Guillermo aos 5 minutos. Pero a ocasión máis clara sería para os cabaneses, cun balón que sacaba Toni.

A segunda metade comezaba co Coristanco máis enriba, pero nunha contra Luís facía o seu 12º gol para adiantar ao Nantón. Despois do gol encaixado reaccionaba o Coristanco con máis empuxe e pechando ao Nanton no seu campo. Pouco puido aguantar o Nantón a súa vantaxe, cando nunha xogada a balón parado o Coristanco aproveitaba un rexeite onde a pelota queda morta case en liña de gol nada máis que empuxala, conseguindo así o definitivo 1-1.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios