Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Dúas remontadas para a esperanza

Ligas Galegas: Dúas remontadas para a esperanza
Bo partido do XSC Cadete da Liga Galega-Foto-XSC Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Caían os cadetes dumbrieses da División de Honra en Ourense, pero os empates dos infantís así como do XSC cadete ilusionan ás parroquias costeiras. Dous empates colleitados tras sendas remontadas que demostran que, a pesar das comlicadas situacións clasificatorias, estes equipos poden competir con calquera.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 15

Pab. Ourense - Dumbría (2-0)

  • DUMBRÍA: Gabriel, Josiño (Cristian, min.79), Fabio, Pablo, Raúl, Eloy (Mario, min.60), Jose, Marcos, Luís (Jorge, min.41), Borja e Ayoze (Gabi, min.41).
  • Goles: 1-0, min.60; 2-0, min,79.

Una boa primera parte do Dumbría dou paso a una segunda metade marcada por unha determinante acción que marcaría o resultado definitivo do encontro. Saltaba o Dumbría ó campo do Pabellón-Os Remedios coa idea de sumar os tres puntos e superar na clasificación a un Pabellón que o superaba nun só punto. A primera metade foi moi superior o Dumbría xogando moi ben ó fútbol, con moitas accións combinadas, moi seguros na súas liña defensiva e un medio campo que funcionaba á perfección. A volta de Marcos ó equipo coa boa axuda de Borja, Jose e tamén Eloy facía que o xogo fora moi fluído e as accións combinando ben o balón foran constantes no medio campo dumbriés aínda que esas accións non se reflectiran en ocasións claras de gol, materia pendente desde equipo.

Na segunda parte o Pabellón saíu decidido buscando os tres puntos. O cansancio foi apareciendo nos xogadores de Juan e Joaquín. O Dumbría perdía por momentos o dominio da pelota aínda que o equipo ourensán tampoco tiña ocasións de gol.
No minuto 65 chegaría a xogada clave do partido, unha falta no lateral dereito do equipo costeiro foi botada polo Pabellón e logo de que ninguén conseguira tocar a pelota chegaría ós pés do lateral dereito ourensán que batía por baixo a Gabriel.

Faltaban 15 minutos, o Dumbría volcábase en ataque, Pablo pasaba de ser central a dianteiro centro pero non conseguía o tanto da igualada. Xa no tempo de engadido os locais conseguían o segundo tanto cun Dumbría que daquela xa se olvidara de defender.


Liga Galega Cadete, xornada 15

Xallas StComba - Boiro (2-2)

  • XSC: Rubén, Pablo (Óscar), Raúl, Alberto, R (Rubén Suárez); Juanjo, Thiago; Manuel (Grille), Carlos, Juan Lois e Carlos Rieiro.
  • Goles: 0-1, min.37; 0-2, min.47; 1-2, min.52: Thiago; 2-2, min.57: Carlos.
  • Lesión: R.
  • Expulsión: Grille.

Remontou un 0-2 en contra aos cinco minutos da segunda parte o Xallas de Santa Comba nun partido marcado polo estado do terreo de xogo, moi brando e enlamado por mor da choiva dos últimos días, e onde os xalleiros tiveron que sobrepoñerse a dous mazazos dos visitantes, que se atoparon cunha cómoda vantaxe materializando as súas dúas ocasións de gol.

Os locais, tras un primeiro tempo frouxo e con pouco xogo, foron a máis na segunda metade, e os cambios tralo 0-2 deron un revolcón ao xogo e ao marcador, sobre todo tralo 1-2 obra de Thiago, e aos poucos encerraron aos brancos na súa área.

E moi ben puideron conseguir o triunfo nos últimos minutos, nunha gran ocasión de Óscar que non chegou a un balón enviado por Carlos Rieiro e que se paseou por diante da meta boirense. Ao final un 2-2 que fixo xustiza ao esforzo dos dous equipos tras oitenta minutos de loita e entrega por ambos conxuntos. Hai que lamentar a lesión de R nos locais, e a expulsión, a falta de dous minutos, de Pablo Grille por dobre amonestación.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 13

Dumbría - Residencia (1-1)

  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.70); Samuel (Brais Mtnez, min.67), Toni, Luís Mayán, Álex; Berto (Tajes, min.55), Moi, Brais Fernández, Xan (Hugo, min.60), Sergio (Jonnhy, min.75) e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.35; 1-1, min.70: Brais Fernández marca de falta lateral logo de que o balón pase por toda a área lucense.

Esperanzador partido dos infantís dumbrineses, que pese a non conseguir a vitoria, deixaron a sensación de que van a pelear de ti a ti con cada rival ata o ultimo alento.
Volvía a Liga galega ó Conco logo do estrano parón da liga, e volvía con outro aire para os de Conde e Huelvis. Chegaron 2 novos elementos para sumar, Luís Mayán e Moisés, e de feito, estiveron moi correctos, voluntariosos e aportaron un plus ó equipo. Aínda que o plus foi de todos, cunha actitude e ansia impagable, os nenos costeiros buscaron a vitoria ata o ultimo alento.

O partido foi de equilibrio, cun Residencia lucense, forte fisicamente, replegado e buscando a contra, aínda que se atopou cun entramado defensivo local moito mais efectivo que en semanas precedentes. Aínda así, os de Lugo adiantáronse no marcador, nunha das poucas chegadas de certo perigo que tiveron.

Esta vez, o Dumbría non baixou os brazos e creiu na posible remontada. Pecharon no 2ª tempo ao Resi no seu campo, Adrián e Moi empezaron a crear perigo desde o costado esquerdo, pero faltaba concretar o dominio. Incluso unha internada de Moi foi interptada dentro da área cunha zancadilla, pero o colexiado non quixo ver o evidente penalti.

Ata que unha falta lateral botada polo carnotán Brais Fdez, a media altura, foi superando a defensores e atacantes ata que bicou a rede cerca do segundo pau. Faltaban 10 minutos, e o Dumbría apretou os dentes e foise polo partido. Outra xogada de Moi, acabou cun centro que o recuperado Tajes non foi quen de introducir no marco visitante, nunha posición favorable, o que podia ser o tanto da xustiza. Non chegou.
Pero nas caras dos xogadores dumbrieses volveu a verse a ilusión por querer seguir vivos na máxima categoria do futbol infantil galego. Con ganas de seguir sumando, xuntos


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios