Preferente: Cambio de marcha


Cambiaron as tornas esta xornada na Preferente - Senra Sport. Viña o XSC de colleitar dúas vitorias consecutivas, e derrota ao canto ante o Estudiantil. Viña o Dumbría de sufrir dúas derrotas seguidas, precisamente unha ante o veciño costeiro, e importante vitoria ante o Noia, que lle demostra ao cadro dumbriés que pode competir con calquera equipo.
Queda agora o equipo de Canosa e Lobelos na 8ª praza, a só 5 puntos do segundo clasificado. Pola súa banda, o XSC de Coméndez queda 13º, con 4 puntos menos que os dumbrieses.
Dumbría - Noia (1-0)

- DUMBRÍA: Iván, Tantán, David (Bryan, min.76), Iago, Kevin (Pablo Conde, min.76), Aarón, Adrián Makaay, Jesús, Diego Cespón, Marcote (Javi, min.60) e Darío (Cote, min.70).
- Gol: 1-0, min.44: Jesús.
Partido con bo ritmo e igualado, aínda que as mellores ocasións foron para o cadro dumbriés. As mellores foron dous goles anulados a Adrián Makaay, un en cada parte, pero ademais contaron con boas ocasións de Marcote e do propio Makaay ao fío do descanso. Unha xogada que servía de prolegómeno ao gol local, que chegaba a un do descanso por medio de Jesús.
Na segunda seguía o mesmo guión, sen un dominado claro pero co Dumbría algo máis afiado. Makaay tivo dúas, pero non as puido materializar e o equipo acabou sufrindo. De feito, a 5 do final os visitantes remataron o pau nun corner eles e Iván tivo que desviar un bo disparo a corner. Eles arriscaban para empatar e o Dumbría tamén puido sentenciar á contra.
Ag. Estudiantil - Xallas StComba (3-0)

- XSC: Julián, Rubén Forján, Cristian (Oscarín, min.70), Rubio, Aarón, Jota, Marcos (Steven, min.81), David Baña (Choco, min.63), Pablo Muíño, Jesús e Kevin (Sergio Barbeira, min.80).
- Goles: 1-0, min.47; 2-0, min.49; 3-0, min.60.
- Expulsión: Aarón no min.81.
Non puido sacar nada positivo o XSC da súa visita ao campo do Estudiantil. Un cadro que estreaba adestrador, e que completou un gran partido. A primeira parte foi moi igualada, con 2 equipos que lle gusta ter o balón. Non houbo demasiadas ocasións.
Saíu un pouco dormido o cadro xalleiro na segundo tempo, e nada máis saír marcaron a balón parado, e deixaron sentenciado o choque en apenas dous minutos, o segundo nun tiro desde a frontal a escuadra deses que se marcan poucos. A partir de aí baixou os brazos o equipo costeiro, e os locais foron moi superiores.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.15: 38296>O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).