Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Axenda futboleira dunha fin de semana de finais

Axenda futboleira dunha fin de semana de finais
O Dumbria tera que remontar ante o XSC para estar na final da Copa da Costa-Foto-Jorge ParriO Dumbria tera que remontar ante o XSC para estar na final da Copa da Costa-Foto-Jorge Parri

Achégase a gran cita do fútbol da Costa pero esta fin de semana de San Xoán o fútbol terá un gran protagonismo. Unhas semis por todo o alto, dúas finalísimas e tres torneos de fútbol base déixannos unha fin de semana completa.

E se xa analizamos as importantes citas co fútbol base Torneos de fútbol base en Carballo, do Cabana SD e do UC Cee, imos repasar os choques máis importantes.

Comezando polas semifinais da Copa da Costa, que sabedes que este ano vén patrocinada por Senra Sport, que chegan algo descafeinadas tralos partidos de ida, nos que o Malpica case que meteu os dous pés na finalísima, mentres que o Xallas de Santa Comba ten un posto. Así e todo, e se o mermado Camariñas ten moi complicado remontar o 0-3 en Pedra Queimada ante un Malpica con todo, o Dumbría seguro que pon a eliminatoria complicada aos xalleiros en Fontenla.

A que é unha auténtica final é a do Baio en Ribeira. A parroquia baiesa mesmo fletou un par de buses para acodir ao partido, que pode significar o ascenso do Baio. E con ela estará tamén toda a familia de Mazaricos, pois o ascenso do cadro branquiazul significará a permanencia dos amarelos. Un empate válelle aos de Félix, que ten as dúbidas de Martín e MC, dúas pezas fundamentais que ninguén dubida que sairán de partida para dalo todo polo seu equipo.

Ademais, a fin de semana terá outra das citas máis esperadas do ano: a final da Copa da Costa de Veteranos. O Soneira, actual campión de Liga, organiza no Municipal de Vimianzo a gran festa dos maiores, dende o domingo ás 11:00h, co choque entre Coristanco e Cabana.

E se os pequenos teñen o protagonismo nos Torneos de Cee e Cabana, mención especial terán os infantís do Xallas de Santa Comba. Os de Santi Casal afrontan a final da Fase de Ascenso á Liga Galega, e chegan a Coruña cun 1-0 da ida en Fontenla ante o Ciudad Jardín. Moita sorte para eles, pois queremos que se unan ao Bergantiños e ao Dumbría na liga autonómica.

Reunión dos Clubes da Costa

A Federación convoca aos Clubes da Costa para unha nova reunión o vindeiro xoves 4 de xullo ás 20:00h no Pavillón de Baio, para programar as competicións da temporada 2013/2014.

Copa da Costa, volta das semifinais


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, 6ª xornada

Así está o cadro cando falta a última xornada da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

Copa da Costa de Veteranos, Final

Final Copa da Costa de Veteranos 2013

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, ida da final

Fase de Ascenso a Liga Galega Infantil XSC

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Torneos

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios