Axenda para unha fin de semana chea de finais no Fútbol da Costa


Nova xornada completa de fútbol costeiro con moitas frontes abertas e grandes finais. O XSC xogándose o descenso da Preferente, o ascenso directo e a Promoción da 3ª Autonómica, o pase aos Cuartos da Copa da Costa, as fases de ascenso as Ligas Galegas, as fases finais dos peques de F8… Son moitas as cousas en xogo e terán os resultados en tempo real en www.copadacosta.com e www.futboldacosta.com.
Nova sesión copeira
Horarios diversos pra esta volta dos Oitavos da Copa da Costa, despois de que Sofán, Zas e Castriz deran xa un paso case definitivo cara Cuartos. Alí espera xa o Fisterra, trala renuncia do Ameixenda para poder centrarse na final polo ascenso directo á Liga da Costa.
Teremos o ollo moi posto o sábado en Fontenla, para ver o choque entre un XSC, pensando na súa final do domingo por evitar o descenso, e o Baio, e tamén no Cairo, onde Corme e San Lorenzo demostrarán por que a Copa é tan potente. Ademais, os choques do Seaia co Ponteceso e do Camariñas co Carnota serán ben intensos e abertos.
Final para XSC
Necesita gañar o XSC, que depende de si mesmo, nesta última xornada para manter a Preferente - Senra Sport. O equipo de Doro visita a un Riveira sen nada en xogo, e conta con que o Dumbría e o Noia lle fagan un favor vencendo dous dos tres rivais directos. Co empate pode valer, pero dependería dos resultados dos seus rivais.
Fase de Ascenso á 1ª
Adiantou o Zas o choque de Copa para o venres, para ter tempo e poder preparar a primeira xornada da Fase de Ascenso. Reciben os de Iván Cancela ao Palmeira, que pode ser o rival a batir despois de que na primeira xornada superase ao Tordoia.
Última xornada da 3ª
Fermosa chega a última xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda xógase en Cee un ano, e se vence, ou fai o mesmo resultado que o Coristanco, será novo equipo da Liga da Costa. Pero en fronte terá a un Lira que tamén se xoga o pase á Promoción, pois o seu rival, o Nantón, enfróntase a un líder xa relaxadísimo, que leva 3 derrotas seguidas. Así, o Coristanco non pode fallar ante Castrelo e esperar que si o faga o Ameixenda.
5 equipos nas Fases de Ascenso
5 equipos temos en competición nas Fase de Ascenso ás Ligas Galegas. Despois da primeira ocasión perdida, os tres campións únense na segunda fase cos 2º clasificados para afrontar unha serie de eliminatorias para chegar á liga autonómica. Arrincan os nosos fóra de casa, con partidos na tarde do sábado e mesmo na mañá dominical para Os Miúdos e Dumbría en xuvenís, Cabana e Corme en Cadetes e XSC en Infantís.
Fases finais dos peques de F8
Mentres polo Norte seguen ca súa Liga de F8, os campións do Sur en Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns afrontan a Fase Final.
Copa da Costa, Volta dos Oitavos

Preferente - Senra Sport, xornada 38
Dumbría | 24/05 - 18:00 | Residencia |
Atl. Riveira | 24/05 - 18:00 | Xallas StComba |
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica
Zas | 24/05 - 17:00 | Palmeira |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 36
Laxe | 24/05 - 17:00 | Muxía |
Ameixenda | 24/05 - 17:00 | Lira |
Cerqueda | 24/05 - 17:00 | Nantón |
Castrelo | 24/05 - 17:00 | Coristanco |
- Descansa Corcubión.
Fases de Ascensos ás Ligas Galegas
Xuvenil:
24/05 - 12:00 | Betanzos - Os Miúdos | - |
23/05 - 19:00 | Bastavales - Dumbría | - |
Cadetes:
23/05 - 17:30 | Palas - Cabana | - |
23/05 - 18:00 | Abanqueiro - Corme | - |
Infantís:
23/05 - 16:30 | Fátima - XSC | - |
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 13
Dumbría | 23/05 - 11:00 | Lalín |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 12
Zas | 22/05 - 18:30 | Corme |
Muxía | 23/05 - 17:00 | Baio |
Coristanco | 23/05 - 17:00 | Vimianzo |
- Descansa Cabana.
F8 Benxamín Costa Norte, xornada 12
Zas | 22/05 - 19:30 | Corme |
Muxía | 23/05 - 16:00 | Baio |
Coristanco | 23/05 - 16:00 | Vimianzo |
- Descansa Cabana.
Fase Final Campionatos F8
Categoría Alevín – Sé Caranza – Grupo 2º Norte

Categoría Benxamín – Sé Laracha – Grupo 1º Norte

Categoría Prebenxamín – Sé LIno Balado, Sigüeiro – Grupo 2º Norte

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Dezaseisavos

Novas relacionadas
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
- Os Cee e Fisterra campións de F8 afrontan as Fases Finais en Laracha, Sigüeiro e Ferrol.
- O Zas non se rende e xa ten rivais para a Fase de Ascenso.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: O carnotán Martín decidíu o derbi para o Bergantiños ante o Dumbría.
- Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións.
- Copa da Costa: Sofán, Zas e Castriz dan un paso cara Oitavos.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda dá un paso cara o ascenso, e Corcubión e Muxía aseguran praza na Promoción.
- Preferente: O XSC de Doro fai os deberes e depende de si mesmo.
- Resultados e análise da xornada futboleira nas Letras Galegas.
Torneos estivais
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Primeiros títulos colleitados
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).