Mércores. 15.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda dá un paso cara o ascenso, e Corcubión e Muxía aseguran praza na Promoción

3ª Autonómica: O Ameixenda dá un paso cara o ascenso, e Corcubión e Muxía aseguran praza na Promoción
O Ameixenda mais preto do titulo

Apretadísima a xornada sabatina na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira para esta penúltima xornada. Cunha gran final na Rocheira, entre Coristanco e Ameixenda, que deparou un empate final que deixa, polo golaverage, ao Ameixenda dependendo de si mesmo para acadar o ascenso directo na última xornada. Pero ollo, que chegará un Lira necesitado de puntos para conseguir a Promoción, e este Lira é capaz de todo.

Precisamente na loita pola Promoción, Corcubión e Muxía aseguraron praza, polo que serán Lira e Nantón os que se xoguen a 4ª praza na última xornada. O Lira aproveitaba o descanso do Nantón para poñerse por diante pero ollo que a semana que vén, como dicimos, visita a un Ameixenda co ascenso directo en xogo, mentres ao Nantón tócalle visitar a un Cerqueda campión, que xa suma 3 derrotas dende a celebración do seu título por mor da normal relaxación.


Coristanco - Ameixenda (1-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Mato, Rubén, Sergio, Marcos (Joni, min.70), Pazos, Iván,(Damián, min.60), Andrés, Ivi, Juan e Gonzalo.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Purty, Samuel, Bichiño, Jesús, Jasvichu, Camaño (Iván, min.85), Momaño (Álex, min.46), Mario (Borja, min.75), Andrés e Cristian (Mateo, min.82).
  • Goles: 1-0, min.22: Ivi; 1-1, min.56: Samuel á saída dun córner.

Partidazo na Rocheira entre dous equipazos ante case medio millar de afeccionados que quixeron vibrar con esta finalísima da 3ª costeira. E iso que o partido tardou en comezar pola falta dos árbitros asistentes, e comezaba cun minuto de silencio polo falecemento dun neno de 2 anos atropelado na mañá do sábado en Erbecedo.

Comezaba o choque moi forte, co cadro de Da Silva consciente de que lle tocaba levar o mando, pois o empate lle valía aos de Pato. Pazos mandaría un balón á cruceta dez minutos e máis tarde Ivi abría o marcador. O Coristanco seguía mñais metido e Ivi enviaría outro balón á madeira tras un pase atrás de Pazos. Co Ameixenda meténdose máis en campo contrario remataba o primeiro tempo.

E saíu con forza o cadro ceense na segunda, pechando aos locais no seu campo. Pronto chegaría o empate á saída dun córner para os ceenses, o que obrigaba de novo ao Coristanco a ir polo partido. E sacou a rabia o cadro local, e tiveron a vitoria preto. Ivi e Gonzalo fallaron dúas e a xogada clave chegaría nun balón que remata Gonzalo, peta nun defensa visitante, e o rexeite é aproveitado por Andrés para enviar o balón ao fondo das mallas pero o colexiado invalida o tanto por fóra de xogo, a pesar das protestas dos locais e do público.

Así remataría o partido, cun empate que soubo a vitoria aos ceenses e que rematou cheo de rabia para os locais, que teñen que gañar ao Castrelo e esperar que o Ameixenda non o faga ante o Lira. Ou irse preparando para a Promoción.

O Ameixenda celebrando a vitoria na Rocheira

Muxía - Castrelo (4-2)

  • MUXÍA: Papi, Antonio (Jonathan, min.56), Gusa, Currás, Claudio (Ruso, min.56), Conguito, Julián, Peski (Man, min.80), Martín, Víctor Alcaina (Marco, min.70) e Josiño.
  • CASTRELO: Caamaño, Darío, Marcos (Luís), Quintáns (Stiven), Ozón, Suso, Berdoias (Víctor), Rafa, Lucho e Elvis (Carreira).
  • Goles: 1-0, min.10: en propia meta tras un centro raso; 1-1, min.15: Suso; 2-1, min.20: Conguito de penalti; 2-2, min.30: Félix; 3-2, min.55: Víctor Alcaina; 4-2, min.70: Jonathan.

Asegurou praza na Promoción o Muxía a costa do Castrelo, nun partido aberto e igualado con ocasións para dous, nun choque fermoso para os afeccionados e no que o Muxia amosou mellor pegada e levouse os 3 puntos e o Castrelo deulle minutos aos menos habituais. E iso que os muxiáns están con moitas baixas, por lesións e motivos laborais, que obrigou a Suso Rey a meter a xuvenís como Víctor Alcaina ou Josiño e mesmo cadetes como Gusa no 11 inicial.

A primeira foi moi igualada. E o choque se rompería cun tanto en propia meta aos 10 minutos, que adiantaba aos locais. Pero o Castrelo reaccionaba e empataba pouco despois, e sen tempo a disfrutalo o Muxía metíase de novo por diante dende os 11 metros, pero repetíase o mesmo guión e o Castrelo volvía empatar.

Tralo descanso era o Muxía o que facía valer o seu posto na táboa e sentenciaba aos 20 minutos co tantos de Víctor e Jonathan, ante un Castrelo que aí xa non podía respostar.

Afrontará con problemas o Muxía a Promoción por mor das lesións de xente importante no grupo, pero aínda así os de Suso teñen moita ilusión por volver á Liga da Costa.

Corcubión - Laxe (6-2)

  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Marco, Isma, Balucho, Lema, Toja, Mario, Trillo, Alan e Gorka. Tamén xogaron: Checho, Germán, Tito e Miguel.
  • LAXE: Aarón, Bras, Djamel, Suárez, Borja, Adrián, Dani Arguelles, Dani Pose, Manu, Iván e Elías.
  • Goles: 0-1, min.2: Adrián Lema; 1-1, min.3: Lema; 2-1, min.5: Gorka; 3-1, min.37: Lema; 4-1, min.69: Germán; 5-1, min.70: Lema; 6-1, min.80: Lema; 6-2, min.86: Adrián Lema.

Meteuse na Promoción o Corcubión, que descansará a semana que vén cos deberes feitos para afrontar a súa volta á Liga da Costa. E o fixo comandado por un Lema que fixo 4 goles, sumando xa 27 goles, adiantando así a Luís na loita polo pichichi. Pero ollo, que Luís ten o partido da semana que vén para recuperar o gol de vantaxe que ten hoxe o corcubionés.


Lira - Cerqueda (5-4)

O Lira pode meterse na Promocion
  • LIRA: Peipo, Eloy, Pelos, Josiño, Pardelo, Estrella, Fran Perico, Pata, Adrián Porto, Saúl e Demetrio. Tamén xogaron: Aitor, Miky, Yerai, Oli e Santi.
  • CERQUEDA: Rubén, Gesto (Ángel, min.55), Uru, Eliseo, Pedro, Xabi, Lorenzo, Juanjo, Darío, Jacobo e Dani Seaia.
  • Goles: 0-1, min.31: Darío; 1-1, min.33: Pelos; 2-1, min.68: Fran Perico; 3-1, min.72: Fran Perico; 3-2, min.73: Darío; 4-2, min.76: Fran Perico; 4-3, min.84: Darío; 4-4, min.86: Jacobo; 5-4, min.90: Pelos.
Lira e Cerqueda en Lombans-Foto-UD

Partido de tolos en Lombáns que non se decidiu ata oi último segundo. O Cerqueda presentouse con 12 xogadores dos cales 3 eran porteiros e sen defensas tendo que inventar unha liña defensiva. E o Lira xogábase as súas opcións de meterse na Promoción tras unha temporada tremendamente irregular, capaz o mellor e do peor.

Os primeiros minutos o Lira xogou con moito respecto e mandaba o Cerqueda e por velocidade Darío abría o marcador. Pero os locais, ca auga ao pescozo, soltáronse e empataron rápido. A segunda parte foi unha tolemia con 7 goles. Os locais remontaban e poñían terra de por medio cos tantos de Fran Perico en poucos minutos, e Darío volvía a recortar distancias, pero o Lira pegaba de novo. Cando todo parecía sentenciado co 4-2, o Cerqueda adelantou liñas e Darío facía o 3 da tarde e Jacobo no 86 empataba o partido. Pero o Lira, á heroica, no 90 penalti a favor dos locais que transformaba en gol Pelos e pitar o final do partido, quedando coas opcións intactas para a finalísima do San Paio de Refoxos da vindeira semana.

Aquí vemos o primeiro gol e o último gol do Cerqueda ante o Lira, marcados por Darío e Jacobo:

Primeiro e último gol do partido contra o Lira , marcados por Darío Iglesias Márquez e Jacobo Pena Rey

Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 17 de Maio de 2015

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios