Basket: Afrontando a recta final


Non foi bo o peche da temporada para a familia do ACB Costa da Morte. Os sénior pecharon con derrota, pero cunha boa imaxe, a súa temporada ante un equipo de maior categoría, o líder da 3ª, se ben o equipo completa así unha temporada notable, realizando moi bos encontros derrotando os lideres da liga, e clasificando na zona media da categoría, ahora xa pensando en mellorar para a temporada do ano que vén.
Mentres, a falta de tres xornadas para o remate desta fase de ascenso das Junior do ACB, as ceenses perden case tódalas opcións de ascenso, polo que intentarán conseguir algunha vitoria para rematar a temporada da mellor maneira posible.
Ademais, cómpre sinalar que a atención carballesa céntrase nos máis pequenos, pois o 17 de maio será o Día do Pequebasket.
E no tocante á Familia Artai, 4 eran os partidos para os artaicos na ponte de maio; xornada estraña que arrincaba o xoves 30 de abril e acababa o luns 4 de maio ás sete da tarde. Dúas vitorias e dúas derrotas neses catro partidos espaciados nos cinco días citados. E cómpre centrarse nos infantís, co seu dobre desprazamento á provincia pontevedresa de onde viñeron cunha vitoria e unha derrota. Espectacular a segunda volta dos de Iván Villaverde, con seis vitorias nos oito últimos partidos e con opcións de permanencia nestas dúas xornadas que faltan.
Familia ACB
Copa Sénior Masculina, Ida
- Resultado: FUCOBET BETANZOS - ACB COSTA DA MORTE (75-62)
- ACB: Manu (8,1T); Lucas (8.1T); Deril (21,1T); Pais (13,1T); Cristian (2); Adrian (8); Luciano (2).
- PARCIAS: 16-16 / 26-14 / 15-8 / 18-24.
O último partido da temporada para o equipo sénior do ACB Costa da Morte celebrábase na mañá do sábado na pista da Betanzos e foi aí onde os ceenses ensinaron a súa mellor cara pese a que a eliminatoria estaba absolutamente decidida despois da gran derrota do partido de ida.
Enorme saída o campo do equipo costeiro que conseguía, cunha gran defensa en zona 3-2, poñerlle as cousas difíciles os de Betanzos, desquiciados polos moitas recuperacións do equipo ceense que conseguían anotar con facilidade o contraataque e con moito acerto desde a liña de tres durante todo o partido. No segundo parcial os de Betanzos se animaban e viase un partido igualadísimo pese a diferencia de categoría dos dous equipos. Xa nos tramos finais a expulsión de Manu, nunha pequena tangana deixou o equipo sen o seu base titular, pero a gran aportación de Luciano e Adrian do equipo junior fixo olvidar a súa baixa, e a de Tinin, Sergio, José e Diego por motivos laborais realizando un último cuarto espectacular deixando a diferencia final en só 13 puntos e cun moi bo sabor de boca.
Fase de Ascenso Junior Feminina, xornada 3
- Resultado: ES BAZARA ACB COSTA DA MORTE - CALASANCIAS (26-71)
Mal partido das júnior ceenses na terceira xornada da fase de ascenso á Liga Galega, ante un equipo ao que gañou na liga regular. De novo un mal comezo de partido fixo que as de Pais perdesen tódalas súas opcións de vitoria. No segundo cuarto, con varias canastras seguidas de Lara e asistencias de Yoli, parecían achegarse no marcador, pero tras o descanso, outra paxara no seu xogo e moitas facilidades na defensa fixo que as diferenzas no marcador chegasen aos trinta puntos.
2ª División Infantil Feminina – Copa Primavera
- Resultado: ESCUELA MUNICIPAL DE BALONCESTO A LARACHA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (28-27)
Mal partido e derrota merecida das pequenas do ACB na súa visita a Laracha. O partido comezaba con dominio visitante, collendo rendas de ata seis puntos de vantaxe pero sen ningún brillo no seu xogo. así se chegaba o descanso con catro puntos no marcador para o equipo ceense.
Na segunda parte mais do mesmo ata o ultimo cuarto onde estaba todo por decidir, momento no que fixo acto de presenza o arbitro principal, que con varias decisións difíciles de crer e unha técnica o adestrador visitante, o partido pasaba dun 14-18 a un 25-18. Cando as pequenas se viron co partido perdido as ceenses comezaron a xogar como saben e lograron un parcial de oito cero que a falta dun minuto deixaba todo por decidir.
A falta de cinco segundos do final e con empate a 27, as locais conseguían un tiro libre que as poñía por diante e o tiro a desesperada de María non chegou o seu destino.
Polo tanto, derrota merecida nun partido que xamais debeu perder que complica o seu paso pola copa primavera 2015.
Cadete Feminino, Copa Primavera
- Resultado: SANTO DOMINGO BETANZOS – ACB COSTA DA MORTE (35-28)
Nova derrota das cadetes costeiras na Copa Primavera, este vez en Betanzos. Viaxaban este fin de semana as cadetes con moitas baixas, polo que tiveron que completar a convocatoria con catro infantís.
Mal partido en liñas xerais de ambos equipos, con moitos erros no tiro e defensas zonais moi pechadas, que se decidiu no terceiro cuarto. Destacar o bo partido de Cintia e de María Marcote, esta última de categoría infantil.

Carballo prepárase para o Día do Pequebasket
Mentres, por Carballo, a familia Xiria xa pensa na cita do Pequebasket, unha cita que aglutinará a 48 equipos de toda a provincia, con nenos de entre 5 e 8 anos. A festa do pequedeporte será o 17 de maio e Romay fai de padriño.
Familia Artai
Liga Galega Infantil, xornada 19
- Resultado: ESTUDANTES DE PONTEVEDRA - C.B. ARTAI (51-46)
- PARCIAIS: 11-7 13-8 12-8 15-23.
- C.B. ARTAI: Carlos (19), Edu (13), Manu (6), Pérez (2), Rubén, Pablo, Mario (2), Nión (4), Caamaño, Yago, José e Marco.

Encontro entre dous equipos encadrados na parte baixa, rivais directos pola salvación, polo tanto. Chegaban os de Carballo en bus, a chuviosa mañá do venres, algún aínda con legañas e bostezando. Pagaron caro os do cole o mal calentamiento, entrando ao partido con pouca actividade, moi pardillos en defensa e dando ás a un Pontevedra ao que meteron eles mesmos no partido. Os do cole movían ben o balón en ataque, pero renunciaban a tiros sos a pés parados ralentizando o ataque e o camiño ao aro, xa que os pontevedrese pecháronse cada vez máis ao ver que o azuis non tiraban.11-7 acabou o primeiro cuarto, chegando os de Pontevedra nove arriba ao descanso grazas a un segundo cuarto que transcorreu polo mesmo camiño.
Á volta de vestuarios os do cole saíron máis enchufados, coas ideas máis claras e buscando as situacións que lles interesaba, pero non era o día os fallos en bandexas sos ou en tiros desde debaixo do aro provocaron que nuevamente os locais levásense o cuarto.
E último período onde os de Carballo, cun parcial 0-8 metíanse no partido aproveitando o descanso do mellor xogador local. Un gran Carlos, roubou 3 balóns seguidos, e anotou 12 puntos neste cuarto, pero a diferenza nunca baixou deses 5 puntos.
Liga Galega Infantil, xornada 20
- Resultado: SIGALTEC - C.B. ARTAI (62-68).
- PARCIAIS: 16-24 14-15 22-17 10-12.
- C.B. ARTAI: Carlos (10), Edu (12), Manu (21), Pérez (6), Rubén, Pablo, Mario (14), Nión (2), Caamaño (1), Marco (2), Yago e José.
Chegaba o cadro artaico a Vilagarcía a mañá do domingo sabendo que si deixaban a vitoria en casa a pelexa pola permanencia estaría perdida e o obxectivo de pelexar ata a última xornada incumplido. E non lles tremeu o pulso aos xogadores “colegiales”. Un inicio titubeante dos de Sigaltec, unido á actividade e concentración dos nosos nos primeiros cinco minutos, puxeron un 2-22 no marcador que ninguén do anexo de Fontecarmoa críase. Dous tempos mortos locais e as rotaciones romperon o ritmo do partido, maquillando Villagarcía o marcador e enchufándose no partido.
A defensa azul cortaba as ideas aos laranxas, que atacaban moi estáticos buscando a Arufe unha xogada tras outra. Este desequilibraba no 1x1 pero custáballe a finalización. Á vez no aro rival eran os laranxas os que non deixaban xogar aos azuis que non se aclaraban como atacar a defensa local e intentaban solucionar pola súa conta. Os carballeses íanse 9 arriba ao descanso.
A volta de vestuarios dividiuse en dous partes moi distintas entre elas. Os primeiros dez minutos ambos equipos atacaban con movemento de balón, atacando o movemento da defensa e anotando fácil. E os últimos dez en que os xogadores de ambos equipos intentaron solucionar individualmente, as defensas impoñíanse aos ataques e o marcador estivo gran parte do cuarto parado en 59-61. Finalmente o maior acerto e o bo criterio trouxo a vitoria cos nosos infantís para Carballo.
Cadete Masculino - Copa Primavera - Volta dos Oitavos
- Resultado: BÁSQUET CORUÑA 00, - CB ARTAI (59-47).
- PARCIAIS: 19.12 14.12 18.10 8.13.
- CB ARTAI: (12 12 10 13) Mato 9, Pozas 5, Nion, Juan 6 (2tr), Barreiro 7, Lopez 5 (1tr), Calvo 9 Rei 4 e Lois 2.
Partido dominado polos locais desde o primeiro cuarto que xa partían cunha vantaxe de 10 puntos do partido de ida, e onde os colegiales sempre foron a remolque do partido.Ao final non puido ser e o CB Artai Cadete quedou eliminado. Aquí termina a aventura copeira para eles, que en ambas eliminatorias loitaron e deron a cara ante un Basket Coruña mais que firme candidato a levarse o titulo.
Cadete Feminina - Copa Primavera - Xornada 3
- Resultado: C.B. ARTAI - OBRADOIRO (37-34)
- Parciais: 18-5 6-5 7-8 6-16
- CB ARTAI: Nuri (8), Emma (6), Sabe (7), Sara (2), Maria, Celi, Caye (2) e Sarita (12).
Gran inicio das mozas do cole, que con actividade de defensiva e bo movemento de balón en ataque conseguían 13 puntos de vantaxe no marcador. A partir do segundo cuarto a alternancia de defensas das coruñesas atascou o ataque local que non soubo ler nin atacar a zona, individual e presión que propoñía Obradoiro, vivindo da vantaxe de 13 puntos o resto do partido, a punto estivo de dar a volta ao partido o equipo visitante.
Crónicas da temporada
- Basket: O Carballo a un paso celebra un meritorio subcampionato galego nunca completa fin de semana.
- Basket: Boa saúde para os equipos do ACB e emotiva homenaxe para rapaces do Artai.
- O ACB fai un fortín do pavillón ceense.
- Máis gasolina para a familia do ACB.
- Basket: O Xiria acada o ascenso a 1ª.
- Basket: O Basket Xiria, a un paso do ascenso.
- Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Basket: Fin de semana con historia no baloncesto carballés.
- Basket: Pensando na cea dos 30anosbasketxiria.
- Basket: Unha vitoria enorme do ACB e unha xornada regular na familia Artai.
- Carballo suma, Cee non tanto.
- As Junior do ACB colócanse líderes.
- Básket: Gripazo para os Séniors do ACB pero boa saúde para as Júnior.
- Basket: Doble derbi con sabor bergantiñán.
- O ACB pecha o ano con vitoria.
- O ACB xa voa.
- Unha xornada baloncestísica marcada polos despachos.
- Os tiros libres dan a primeira vitoria da temporada ao ACB.
- Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino.
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).