Bm. Camariñas e Xiria afrontan un festivo final de Liga na casa
Pese ás baixas, o Bm. Camariñas, xa sen opcións, fixo un bo partido en Pontevedra no penúltimo partido da Fase polo título. Queda agora a guinda, co partido na casa o vindeio sábado ante o Carballal, no que o equipo conserveiro agarda que sexa unha festa para toda a afección.
Mentres, en Carballo medíase o Calvo Xiria ao líder da categoría nun partido que ben podía deixar sentenciada a liga a prol dos zamoranos, como finalmente foi trala derrota sufrida polo conxunto do Chapela. Xa pensan pois os carballeses na despedida da liga de 1ª Estatal, que será a vindeira semana no Vila de Noia ante o Lalín.
1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 11
- Resultado: Balonmán Pontevedra - Balonmán Camariñas (27-25).
- BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex, Quin, Catalán (3), José Ramón (7), Jacob, Xabi (5), Perón (4), Damián, Antelo, Fran Varela (3), Carlos Pereiro (3).
Presentábase este domingo ás 12 da mañá no Pabellón Municipal de Pontevedra, un Camariñas moi mermado de efectivos, con baixas de Fary por enfermidade, Moncho por compromisos deportivos, Borja e Marcos lesionados, e Iván aínda convalecente da súa operación de ombreiro. Malia todo o Camariñas non se amilanoiu ante o lider, regresando cunha derrota do seu último desprazamento desta tempada.
Queda agora soamente un último partido que se xogará en Camariñas o vindeiro sábado día 21 en horario unificado das 18:30h, ao ser a xornada en que se deciden todos os postos da clasificación final. Os camariñáns xogarán ante un rival directo como é o Carballal vigués. Espérase que o mister Fran Puga poida contar xa con case todos os xogadores para así poder despedir a tempada no pabellón municipal de O Areal, en todo caso, o club balonmano Camariñas, agradece a presenza de socios e afeccionados en xeral para animar ao equipo local Camariñas Conservas Boya no último partido da tempada.
1ª Estatal, xornada 23
- Resultado: Calvo Xiria A- MMT Seguros Zamora(25-26).
- Calvo Xiria 25 (10+15): Iago [p], Ramón (4), Jesús , Dubra (2), Manuel (6), Pablo (7), Sergio -sete inicial- Naya [p], Jorge (4), Brais (1), Calvete (1), Mario.
As dificultades eran moitas para os carballeses xa que á categoría do rival e ao seu estado de ánimo tiñan que engadirse as baixas de Cuco e Kike por lesión e Chimpo e Gonzalo por motivos profesionais. O partido comezou cos locais anotando con continuidade e mandando no marcador, pero pouco a pouco o Calvo colleu o ritmo necesario e foi achegándose no marcador ata poñerse por diante ao pouco de pasar o minuto quince. Pero dúas situación de desvantaxe numérica seis contra catro, unha no minuto 20 e outra no 29, foron demasiado lastre para un conxunto, o verdibranco, que tamén acusou o curto da súa plantilla para este partido e que se traduciu en perdas de balón por cansazo físico e en contras demasiado cómodas para os locais.
O segundo tempo estivo de máis e xa nada puido facer o conxunto carballés para frear o sprint final dos zamoranos para a consecución do título de liga. Cómpre destacar a labor de Naya e Manuel.
A vindeira xornada o Calvo Xiria recibe no Vila de Noia ao Lalín, no que suporá a despedida da liga de 1ª Estatal na súa casa para os carballeses.
Máis información
Novas relacionadas
- O Bm. Camariñas di adeus ao ascenso.
- O Bm. Camariñas ve alonxarse o ascenso malia non fallar.
- O Bm. Camariñas segue aspirando a todo e o Xiria supera o derbi co OAR.
- Xiria e Conservas suman e suben enteiros.
- O Balonmán Xallas alegra unha mala semana para Xiria e Camariñas.
- Mala xornada para Bm. Camariñas e Xiria.
- O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título.
- O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición.
- O Bm. Camariñas vence pero non convence.
- O Bm. Camariñas empeza con mal pé a Liga polo Título.
- O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo.
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.