Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cerqueda e Malpica chegan a un acordo para disputar a Copa

Cerqueda e Malpica chegan a un acordo para disputar a Copa
Cerqueda e Malpica chegaron a un acordo

Alegrámonos encarecidamente de ler este comunicado que onte publicaba o Presidente da UD Cerqueda zanxando o asunto da retirada da Copa da Costa. Ambos clubes chegaron a un acordo, dando un gran exemplo ao fútbol costeiro, trala polémica suscitada onte con sendos comunicados, e finalmente disputarán a eliminatoria de Cuartos de Copa o sábado querendo así zanxar o asunto.

Alegrámonos tamén que fose o noso compañeiro Alberto Pose un dos que mediase para que ambos clubes chegasen a un acordo.

Comunicado da UD Cerqueda

Como Presidente da Union Deportiva Cerqueda, e despois de un día maratoniano en negociacións, con Alberto Pose, como mediador entre a Unión Deportiva Cerqueda, S.C.D. Malpica e Federación Galega de Fútbol.

Chegouse a un acordo, que respaldará a federación galega de Fútbol maña venres, para a celebración do partido de cuartos de final da copa da costa entre U.D. Cerqueda – S.C.D. Malpica, o sábado día 1 de xuño as 16:00 en Xaviña Buño.

Quero tamen pedir as disculpas oportunas a S.C.D. Malpica, por si se sentiu ofendida polo comunicado que este Club ofreciu onte. Nunca foi esa a miña intención, e dende aquí o máximo respeto a xogadores, directiva e afección.

Este Club só se vai centrar nestes 4 partidos que vamos afrontar.

Pidovos de corazón que a xente que esta vinculada a este Club, seguidores e simpatizantes non fagades unha guerra de comentarios por facebook.

Loxicamente este Presidente terá que dar as explicacions oportunas cando remate ese último partido en Camelle.

Agradecer a Alberto Pose todo o tempo que lle adicou a este tema.

Centrémonos só no fútbol e forza Cerqueda.

  • Ángel, Presidente Unión Deportiva Cerqueda.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios