Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa
Continúa o Fisober da Liga Autonómica na boa liña de xogo e resultados. As de Fran Toba fixeron un bo partido na mariña lucense ante o Ribadeo FS e mantéñense nos postos de arriba.
Pero a nova da semana é o comezo da Liga Provincial, con 3 equipos da zona en liza. Comenzaba unha nova andadura para o filial do Fisober contra un dos rivales máis potentes da categoría, o Manureva, que endosou un claro 0-12 ás da Costa.
E a Liga comezaba con derbi entre A Salina de Esteiro e o Ponteceso F.S.F., que remataba cun claro 3-0 para as muradás.
Liga Autonómica
- Resultado: RIBADEO FS - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (1-3)
- FISOBER: Paula, Patri, Ana, Noelia e Barca; tamén xogaron: Elsa, Ylenia, Alba, Myrella, Olalla e Eva.
- Goles: 0-1: Patri; 0-2: Ana; (Descanso); 1-2: Eva; 1-3: Noelia.
- Resultado: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO - MANUREVA TALLERES (0-12).
- FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO: Noelia, Iria, María, Tamara e Myrella; Tamén xogaron; Mónica, Inés, Loly, Laura e Nuria.
O equipo de Fran Toba e Iván Chans foi superior durante a maior parte do partido gozando de infinidade de ocasións que eran case sempre respostadas polo bo facer da porteira local. Desta vez comenzou forte o Fisober e os catro minutos Patri co calcaño enviaba o balón as redes entre unha maraña de pernas. Tentaron respostar o gol as locais por medio da súa capitana pero non conqueriu a igualada.
Pero os últimos sete minutos todo trocou, e foi despois de unha falta indirecta pola tardanza no saque. Foron uns minutos de dominio local e de boas e claras ocasións para elas. Ata en tres ocasións a porteira visitante Paula tivo que frear as perigosas chegadas das de Ribadeo.E cando todo indicaba que se ía chegar co 0-1 o tempo de lecer, a 1 minuto do fin Ana tivo a opción de mellorar o resultado aínda que non o logrou, a segunda a 35 segundos para o fin de periodo non errou e unha combinación con Patri deixou o 0-2 a favor das da Costa.
A segunda metade foi de máis ida e volta pero con menos ocasións. Eso si no primeiro minuto as locais fixeron intervir a Eva que se colocou baixo os paus neste segundo periodo. No ida e volta ahora era a xogadora de Fisober Elsa a que tiña a súa opción. E como non a resposta do Ribadeo non se fixo esperar para poñer en perigo a Eva. No minuto seis a local Eva aproveitaba un despiste e facía o 1 a 2 que facía perigar o resultado para o Fisober.
Aos dez minutos Ylenia viase as caras de novo ca porteira local Antía, pero non había maneira de superala. Ribadeo non se rendía e a piques estivo de lograr a igualada cando a capitana local emulou o toque de calcaño de Patri no primeiro gol visitante e fixo intervir a Eva. Fisober non estaba disposto a deixar escapar a victoria e propuxose non pasar perigo nos últimos minutos. E máis cando despois dunha xogada de pizarra Noelia lograba o tranquilizador un a tres a falta de cinco para o final.
Con este gol os últimos minutos foron tranquilos para as da Costa, e Noelia aínda dispuxo dun dobre penalti e Barca a sete segundos do fin elevou en exceso ante a saída de Antía.
Liga Provincial
Cun plantel totalmente remozado e con xogadoras que disputaban o seu primeiro partido oficial co Fisober B e nunha liga federada tamén ante un equipo cheo de xogadoras con moitos minutos de competición as súas costas e actuales campeonas de Copa.
O filial terá como obxectivo para a tempada o aprendizaxe e ter minutos nunha liga oficial, para que algunha xogadora consiga dar o salto o primeiro equipo.
A Salina de Esteiro - Concello de Ponteceso F.S.F. (3-0)
Máis información
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.