Martes. 19.03.2024
El tiempo

Confirmadas a Liguilla de ascenso e a Copa Xuvenís

Confirmadas a Liguilla de ascenso e a Copa Xuvenís
Unha vez vistas as crónicas da derradeira xornada das Ligas Xuvenís (ver en "Crónicas da semana"), apuntamos as novidades con respecto ás novas fases. Este luns 30 de xaneiro, os clubes da Costa mantiveron unha reunión en Baio para decidir as vindeiras competicións: A Liguiña para clasificarse á Fase Ascenso á Liga Galega e mais a Copa da Costa xuvenil, algo sosa este ano ao non contar cos 8 mellores equipos do ano.

Ambas competicións comezan este sábado 4 de febreiro como podedes nos calendarios na parte inferior da nova e como podedes seguir os completos calendarios e resultados xa en www.futboldacosta.com.

Liguilla

A Liguilla para a Fase de Ascenso será a ida e volta entre os 4 primeiros de cada grupo, se ben o Corcubión se mete na Liguiña unha vez que Fisterra e Outes renunciaron. Así, do grupo de 8 clasificaranse os 2 primeiros, que serán os que se clasifiquen para a Fase de Ascenso á Liga Galega. Así, os encontros para esta xornada 1 da Liguilla que se xogarán este sábado 4 son:
  • Camariñas - Baio
  • Dumbría - Santa Comba
  • Corcubión - Soneira
  • Malpica - Cee

Copa Xuvenil

A Copa tamén será en sistema de Liga, con 2 grupos (1 de 5 e 1 de 6). Se ben renunciaron Muxía e Laxe (xa con problemas de asistencia dende hai tempo) son 11 os equipos participantes. Clasificaranse 4 de cada grupo e a partir de aí, haberá cuartos, semifinais e final.

Copa da Costa xuvenil: Grupo 1, xornada 1

  • Dumbría - Zas.
  • Esteirana - Coristanco.
  • Outes - Fisterra.

Copa da Costa xuvenil: Grupo 2, xornada 1

  • Mazaricos - Ponteceso.
  • Muros - Corme.
  • Descansa: Cabana.

Liguilla previa á Fase de Ascenso á Liga Galega

Copa da Costa Xuvenil

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios