Venres. 30.10.2020
El tiempo

Copa da Costa: Unhas grandes semis

Copa da Costa: Unhas grandes semis

Corme-Dumbría por un lado e un choque xalleira polo outro serán as semifinais da Copa da Costa 2012. Dúas grandes eliminatorias, con 4 equipazos en forma, que non darán nada por perdido.

E se ben Santa Comba e Dumbrái xa tiñan o pase sentenciado da ida, os partidos do Corme ante o Camariñas, e do Xallas co Cee forn ben intensos ata os últimos segundos.

Camariñas - Corme (2-0)

  • CORME: Susiño, Lelo, Adolfo, Pandi, Alejandro, Martin, Brais (Diego), Adri, Lucas, Iago (Gonzalo), Alejo (Abel).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Diango, Maikel, Manuel, Alberto (Yuyo), Paco, Moriño, De la Sierra, Carlos, Martín, Javi.
  • Goles: 1-0, min.80: Alejandro tras unha falta rápida; 2-0, min.89: Alejandro tras unha boa internada.
  • Expulsións: Carlos (min.80) e o míster Pepucho.
Partidazo no Cairo. Co 2-2 da ida toda a Costa miraba a un dos mellores encontros que se poden ver a día de hoxe na Liga da Costa. De feito, o ascenso do cadro camariñán e a excelente temporada (con negativa de ascenso por non estar dacordo co novo modelo de competición) cormelá, dan conta dos equipos dos que falamos.

E foi un choque directo, sen contemplacións. Cun Camariñas ben armado, (a baixa de Juan oBello fíxolle moito dano aos de Pepucho) o Corme non era quen de chegar con perigo, nin sequera en contras.

Na segunda non se abriu o partido pero o Camariñas tivo que arriscar algo máis pois o empate a 0 non lle valía. Todo cambiou a 10 para o final. Unha falta en cuartos de cancha era botada con rapidez polos locais e Alejandro batía a Pombo mentres os camariñáns protestaban. Gol e dúas expulsións foi o resultado, que practicamente acababa coa eliminatoria, pois o Camariñas xa necesitaría 2 goles. Foi o propio Alejandro, de novo, o que puña o defintivo 2-0 tras unha gran internada.

Xallas - Cee (1-0)

  • XALLAS: Chely, Castro (David, min.89), Ivan Forjan, Gesto, Rubio, Ricardo (Adrian, min.70), Ruben Forjan, Brais (Sebas, min.58), Luis, Toni, Alexandre (Oscar, min.80).
  • CEE: Parroto, Fiuza (Isma, min.70), Nico (Ivan, min.89), Julio, Luis, Fermín (Penedo, min.53), Angel, Victor, Tasky, Diego, Fer.
  • Goles: 1-0, min.48: Alexandre.
  • Expulsión: Parroto (min.89) con vermella directa tras unha contra do Xallas na que Toni intenta unha vaselina que Parroto para cas mans, segundo o colexiado, fóra da área.
  • Saíu mellor os primeiro minutos o Xallas; Toni e Rubén Forján probaban a un seguro Parroto. Non tardaría en espertar o Cee e ter o control do balón, e tras un bo pase de Víctor, Diego probaba pero o seu tiro párao sen complicacións Cheli. Fer tampouco chega a un bo centro de Anxo. Nos minutos finais do primeiro tempo volvía esmagar o Xallas cunha gran xogada individual de Toni por banda que se atopa cun bo Parroto.

    Na segunda parte máis do mesmo: saíu mellor o Xallas, que xa avisaba antes do primeiro gol cun tiro que volvía lucirse Parroto. O gol chegaría aos tres minutos nunha confusa xogada: Alexander pelexa un balón que consegue golpear e o seu tiro cóase na portería ante a incredulidade dos ceenses.
    O Cee volvía a ter o balon e o control pero os seus ataques non eran completos. Julio, aos 62 minutos, toca un balón colgado que saca un defensa verde na liña de gol.

    O partido mativo a tensión ata o último instante pois un tanto do Cee dáballe a volta á eliminatoria. E tivo o pase na súa cabeza Ángel xa no 93, pero o seu remate a saque de falta de Fer, saiu pegado ao pao.

    Santa Comba - Soneira (4-3)

    • SANTA COMBA: Diego, Roberto, Oscar, Angelo, Orlando, Jota (Chinda, min.53), Doro (Baña, min.53), Toni (Darío, min.53), Noli (Marcos, min.64), Julián, Mon.
    • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Pablo, Pichi, Marquitos, Darío (Cristian Figueroa, min.55), Mayor, Mauro, Javi (Vía, min.46), Brais (Cristian Canosa, min.65), Chans (Richi, min.50).
    • Goles: 1-0, min.25: Angelo de corner; 1-1, min.30: Mayor de penalti; 1-2, min.55: Darío tras un balón ás costas a trompicóns; 2-2, min.60: Noli define tras regatear ao porteiro tras un pase interior de Mon; 3-2, min.65: Mon tras unha boa xogada persoal; 3-3, min.75: Richi de pillo, tras un saque longo de portería de Fran que Roberto deixou pasar; 4-3, min.90: Mon tras un centro raso de Darío.

    Partido de amigos cun resultado acorde coa pouca tensión. Foi un choque limpo, bonito, no que os xogadores se adicaron a disfrutar. Con alternancia no marcador e no xogo, xalleiros e soneiráns festexaron a xornada.

    Dumbría - Cabana (4-0)

    Partido xogado a golpe de xoves sen interese ningún, pois a eliminatoria estaba sentenciada da ida e o Cabana estaba pensando na Fase de Ascenso, malia que non lle foi moi ben.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

    comentarios