![Dumbria-XSC-Foto-Mca Cuns Dumbria-XSC-Foto-Mca Cuns]() 
Xornada cun pouco de todo esta última do mes de novembro no Fútbol da Costa. Xa cun ollo na #CopadaCosta2015 trala celebración do sorteo, os equipos volvían ás ligas con gañas de manterse arriba.
E comezamos pola Preferente - Senra Sport o repaso desta xornada, co partidazo da xornada, ese esperado derbi entre dous equipos con moitos amigos sobre o campo, pero sen amizades sobre o césdepe. E relativa sorpresa no Conco, alomenos a tenor das tendencias que traían os dous equipos nas últimas xornadas. Chegaba o Dumbría na 5ª praza, tras 3 vitorias consecutivas, pero apareceu o XSC, 14º, no Conco, e levou os 3 puntos. Queda así a vantaxe entre ambos reducida a 4 puntos a favor dos dumbrieses, que aínda están preto da promoción de ascenso.
Xornada dispar para os nosos, pero con máis vitorias que derrotas na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Baio caía en Esteiro no derbi costeiro deixando escapar a un Sofán que non dá tregua, e volvía cos 3 puntos de Agolada, sacando xa 7 ao 2º clasificado, o propio cadro baiés, empatado co Puebla. Unha vitoria que non lle serve á Esteirana para saír dos postos de descenso, pero para telos a tiro, a só 3 puntos.
Ademais, importantes vitorias para Malpica e Corme, que lles permiten ir escadando posicións. O Malpica, que leva 5 vitorias nos últimos 6 partidos, vencía en Sigüeiro, ante un dos de abaixo, e supera xa a metade da táboa con 18 puntos. O Soneira queda 15º tras caer co Puebla, nada menos que ao 3º. Máis importante se cabe a vitoria do Corme, que rompe unha xeira de 8 partidos sen gañar, deixándoos con 15 puntos.
Vibrante a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Segue o San Lorenzo sen baixar o ritmo e a súa vítima foi desta volta o Seaia. Non fallou o Zas, e iso que tivo que suar sangue para superar a un gran Volantes, quedando os zaenses a 4 do liderato. E a 7 está o Castriz, que tampouco fallaba ante un Ponteceso que estreaba míster, Barca, pero que malia desplegar bo fútbol non consegue arrincar bos resultados. Ollo ao Outes, que goleaba ao Cee e mete a cabeza aí arriba, quedando a 9 do liderato, mentres que o Buño non pasaba do empate ante un mellorado Camariñas, nun choque tremendo, e queda a 10 dos carballeses.
Por abaixo, primeira vitoria do Montelouro na tempada, ante o Baíñas, empatando así agora na última praza co Camelle, que sumaba un puntiño no derbi ante o Porteño. Queda o Ponteceso con 8, e aí ábrese unha pequena fenda, ata Camariñas e Carnota, con 12 puntos.
Igualadísima está a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira a estas alturas de temporada. 2 empates e dúas vitorias pola mínima foron os resultados desta 13ª xornada. Sufriu o líder, o imbatido Ameixenda, para vencer ao Castrelo, o equipo vimiancés que se está a meter na loita polos postos de promoción por méritos propios. Os ceenses teñen 27 puntos, 8 máis que o grupo perseguidor, comandando polo Lira, que empataba en Arliña. O Muxía e o Castrelo, empatados a 11 puntos, son os equipos que van ter que poñer o picante á competición, nesa loita polas 6 primeiras prazas. Pelexando estarán o Corcubión e o Nantón, que empataban a 3 e quedan igualados con 18 puntos, os mesmos que un Cerqueda que caía en Laxe, permitindo a primeira vitoria do equipo de Toni, que a pesar de todo, aínda estaría a tempo de pelexar.
Fantástica a xornada na Liga Xuvenil Sur,  Gr.2 - MáisDeporte. Co Dumbría destacado, 10 puntos de vantaxe sobre o segundo grupo, a pelexa polas 2ª e 3ª praza parece intensísima. Precisamente 3 equipos pelexarán nestas últimas 5 xornadas. Un deles, Os Miúdos, xa pasou o coco dumbriés esta xornada. Ademais, O XSC, vencía un duro escollo, o Outes, ao que ademais alonxaba da pelexa. Tamén conta con 25 puntos a Esteirana, que vencía en Cee.
Parecida está a cousa na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, pero parece que se abre unha fenda entre o 3º, Porteño, e o 4º, Coristanco. 6 puntos os separan trala vitoria dos da Ponte na Grixa aos bergantiñáns, nun choque de intensidade máxima. Por encima, o Cabana non fallaba en Malpica, nin o Camariñas en Corme, quedando cabaneses e os dous equipos camariñáns como grandes favoritos para meterse na seguinte liguiña.
Fantástica a vitoria do Dumbría en Lalín, quedando na 8ª praza da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Non tivo tanta sorte o XSC na Liga Galega, caendo en Pontedeume ante o penúltimo; nin tampouco o Dumbría infantil, que ve como se alonxa a posibilidade de meterse no Grupo polo título.
 
Xa nas Ligas Locais de Base, o Cabana deu un salto na 1ª Cadete, vencendo ao Fisterra, ao que deixa a 6 puntos, e poñéndose de líder ao aproveitar a derrota do Corme ante o Cee, outro que está na pelexa, como Esteirana, Fisterra e Ponteceso.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC mantén o liderato a pesar de descansar, pero o Fisterra, que vencía en Outes, xa lle pisa os talóns, quedando a só 1 punto. Por detrás, os Miúdos.
![Imaxe do choque dos Veteranos entre Dumbria e Soneira Imaxe do choque dos Veteranos entre Dumbria e Soneira]() 
E pechamos cas Ligas de Veteranos, onde na 1ª División o Hosgran mantén o liderato a pesar de non pasar do empate en Verdillo. Saca 3 puntos ao Dumbría, que vencía, nun dos partidos da xornada, ao Soneira en Vimianzo, alonxando a un dos favoritos a 8 puntos do liderato. O Coristanco queda 3º, pois caía ante un Baio que se mete na pelexa, igual que os veciños do Zas, que descansaban.
Na 2ª División, o Agualada non pasaba do empate ante o Corcoesto, pero mantén 5 puntos de vantaxe sobre o Porteño, 2º, que vencía o derbi co Camariñas. O partido da xornada chegaba xusto detrás, e devolve ao San Isidro-Razo á loita polo ascenso, tras superar ao Erbecedo por 4-2.
Estes son os máis de 80 resultados da fin de semana:
| Dumbría | 0-1 | Xallas StComba | 
| Esteirana | 2-0 | Baio | 
| Lesende | 0-1 | Corme | 
| Sofán | 2-0 | Agolada | 
| Soneira | 1-2 | Puebla | 
| Sigüeiro | 1-3 | Malpica | 
| Cabana | 1-3 | Fisterra | 
| Porteño | 2-2 | Camelle | 
| Seaia | 1-4 | San Lorenzo | 
| Cee | 0-3 | Outes | 
| Montelouro | 3-0 | Baíñas | 
| Carnota | 1-1 | Mazaricos | 
| Zas | 5-4 | Volantes | 
| Castriz | 2-0 | Ponteceso | 
| Buño | 3-3 | Camariñas | 
| Corcubión | 3-3 | Nantón | 
| Castrelo | 0-1 | Ameixenda | 
| Muxía | 0-0 | Lira | 
| Laxe | 2-1 | Cerqueda | 
| Dumbría | 5-1 | Os Miudos | 
| Cee | 2-4 | Esteirana | 
| Fisterra | 2-2 | Corcubión | 
| Muxía | 3-1 | Castriz | 
| Xallas StComba | 2-1 | Outes | 
| Zas | 5-2 | Laxe | 
| Porteño | 1-0 | Coristanco | 
| Malpica | 1-4 | Cabana | 
| Ponteceso | 0-2 | Baio | 
| Corme | 1-2 | Camariñas | 
| Eume Dep. | 4-2 | Xallas StComba | 
| Fisterra | 1-3 | Cabana | 
| Outes | 2-1 | Muxía | 
| Cee | 5-4 | Corme | 
| Esteirana | 4-2 | Os Miudos | 
| Ponteceso | 3-0 | As Baleas | 
| Baio | 5-1 | Sofán | 
| Sofán | 4-2 | Zas | 
| Cabana | 3-1 | Ponteceso | 
| Vimianzo | 0-1 | Os Miudos | 
| Cee | 7-2 | Coristanco | 
| Outes | 1-4 | Fisterra | 
| Esteirana | 2-2 | Corme | 
| Cee A | 5-2 | Dumbría B | 
| Cee B | 0-15 | Outes A | 
| XSC A | 5-1 | Lira | 
| Fisterra | 1-0 | Dumbría | 
| Os Miúdos B | 0-4 | Esteirana A | 
| Os Miúdos A | 6-6 | Esteirana B | 
| Sofán | 6-2 | As Baleas | 
 
| Cee B | 4-2 | Outes | 
| XSC A | 12-3 | Lira | 
| Fisterra | 3-1 | Dumbría | 
| Os Miúdos B | 0-8 | Esteirana | 
| Os Miúdos A | 12-0 | XSC B | 
| Sofán | 7-4 | As Baleas | 
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 12
| Xv. Bergantiños | 0-1 | San Román | 
| At. Milagrosa | 10-2 | Laxe | 
| Soneira | 1-4 | Dumbría | 
| Coristanco | 0-1 | Baio | 
| San Lorenzo | 2-2 | Hosgran | 
| Ponteceso | 5-1 | Cabana | 
| Castriz | 1-20 | Bértoa | 
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 12
| Buño | 0-1 | Dep. Carballo | 
| Malpica | 5-2 | Vimianzo | 
| Nantón | 4-1 | Poniente | 
| Leiloio | 2-1 | Sofán | 
| Porteño | 4-0 | Camariñas | 
| Agualada | 0-0 | Corcoesto | 
| San Isidro-Razo | 4-2 | Erbecedo | 
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).