Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: 5 equipos á caza do Ameixenda

3ª Autonómica: 5 equipos á caza do Ameixenda
Nanton-Laxe Foto-Nanton A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Descansaba o líder, o imbatido Ameixenda tras 12 xornadas desta 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. E os 5 que forman o grupo perseguidor seguen “a tortas”. Nun só punto quedan Cerqueda, Lira, Coristanco, Corcubión e Nantón tralas vitorias de cerquedáns, lirachos e cabaneses e derrotas dos coristanqueses e corcubioneses.

Deu un paso atrás o Castrelo na pelexa por meterse nese grupo, pero está competindo moi ben. Mentres, parece que o Muxía se quere unir á loita polas 6 primeiras prazas, e o Coristanco foi un os primeiros que o paga.


Muxía - Coristanco (1-0)

  • MUXÍA: José Antonio, Peski, Ruso (Tomás, min.75), Pataca, Martinciño, Esteban, Javi, Conguito, Gerardo (Rubén, min.90), Iván Lagoa e Víctor Alcaina (Antonio, min.85).
  • CORISTANCO: Nacho, Jose, Rubén, Marcos, Facal, Joni (Pazos, min.46), Mato, Míchel, Toni, Moreno (Cholo, min.46) e Gonzalo.
  • Goles: 1-0, min.76: Iván Lagoa por riba do porteiro.

Xogábase en Arliña este partido pois o da ida cambiaran de orde. E foi un choque de brega e moira loita, con dous equipos moi ben armados atrás e o vento como un xogador máis. Na primeira, o vento sumaba para o cadro local, pero as dúas primeiras chegadas eran anuladas por un gran, coma sempre, Nacho na porta coristanquesa. Pediron unhas mans dentro da área os locais mentres o equipo de Da Silva tivo unha ocasión un córner de Rubén que saíu fóra por pouco.

Na segunda comezou avisando o Coristanco, cun tiro de Gonzalo que saía lambendo o poste. Cholo tivo a mellor para os visitantes quedando só tras un erro de Ruso, pero José Antonio sacaríalle o balón.

Pouco despois, o Muxía presionaba un balón que botara fóra o cadro visitante, rouba o balón e Iván Lagoa marca un golazo por riba do porteiro, case que para pechar o choque.


Lira - Corcubión (3-2)

  • LIRA: Peipo, Paki, Josiño, Eloy, Javi Pelos, Deme, Manu, Iago, Oli, Yanki, Pata. Ta,mén: Adrián Porto, Trozo, Germán, Cibrán e Yeray.
  • CORCUBIÓN: Berto, Checho, Jose, Marco, Javi, Toja, Alberto, Lema, Gorka, Lourido e Javi Floreal (Balucho, min.70).
  • Goles: 1-0, min.60: Javi Pelos a pase de Germán; 1-1, min.65: Checho; 2-1, min.66: Germán; 3-1, min.89: Pata; 3-2, min.92: Gorka.

Partido intenso, e disputado, cunha gran primeira metade pero que quedou sen goles dada a orde dos dous conxuntos. Rompeuse o choque na segunda metade, volveuse tolo con ocasións para os dous bandos. Avisaban os visitantes cun balón ao pau nada máis saír dos vestiarios, pero foi o Lira quen se adiantaba. Duraba pouco a alegría local pois Checho empataba de seguido. Pero nada máis sacar de centro, Germán rouba un balón e pon por diante de novo ao cadro liracho.

Varias ocasións dispuxo aí o Lira para sentenciar, mentres os corcubioneses protestaban a actuación arbitral. Era Pata o que sentenciaba ao fío do final, xusto antes de que Gorka, xa sen tempo a máis, recurtase.


Nantón - Laxe (4-3)

Nanton-Laxe Foto-Nanton
  • NANTÓN: Guillermo, Carlos, Eloy, Félix, Diego, Dani Costa, Fabio (Dani, min.25), David, Luís, Martín e Lareu.
  • LAXE: Anxo, Aarón, Jaja, Carlos, Bras (Roberto, min.65), Miguel (Jacobo, min.86), Samu Soneira, Borja, Roberto, Dani e Samueliño (Djamel, min75).
  • Goles: 1-0, min.20: Félix de cabeza nun córner; 1-1, min.50: Dani aproveita un balón morto; 2-1, min.55: Luís tras unha internada de Lareu; 2-2, min.65: Dani de tacón; 2-3, min.70: Samueliño de penalti cometido sobre Dani; 3-3, min.80: en propia meta; 4-3, min.85: Luís.
  • Lesión: o laxense Miguel.

Igualadísimo partido nas Fontiñas de Laxe, digo de empate, sen un dominador claro no que o Laxe demostrou estar ao nivel do resto de competidores. Adiantábase o cadro cabanés nun saque de esquina, mentres os locais tiñan varias accións pero sen fortuna.

A segunda metade volveuse tola, e os ataques superaron claramente ás defensas. Marcaba o Nantón, empataba o Laxe, marcaba o Laxe, empataba o Nantón. Ata que faltando 5 minutos, Luís faría o definitov 4-3.


Cerqueda - Castrelo (3-2)

  • CERQUEDA: Ángel, Sergio, Atu, Dani, Pailos (Gesto, min.68), Lorenzo, Jhonny, Juanjo (Rubén, min.32), Darío (Dani Añón, min.80), Javi (Pedro, min.58) e Martín.
  • CASTRELO: David Buxantes, Víctor (Suso, min.70), Pichón, Darío (Lucho, min.50), Capote, Luís, Quintáns, Roi, Israel, Félix (Edreira, min.53) e Stiven (Raúl, min.70).
  • Goles: 1-0, min.10: Darío tras unha contra levada por Martín; 2-0, min.35: Javi dende a frontal nunha contra; 2-1, min.55: Edreira coa axuda dun defensa tras un córner peiteado por Luís; 3-1, min.67: Darío; 3-2, min.80: en propia meta.
  • Expulsión: o porteiro cerquedán Ángel e o vimiancés Capote.
  • Lesión: Gesto trala dura entrada de Capote. Os cerquedáns esperan que non vaia a máis a lesión..

Bo partido en Xaviña entre un Cerqueda que xa presentaba a súa candidatura a semana pasada ante o Ameixenda, e un Castrelo tremendamente mellorado que pode meterse na pelexa polas 6 primeiras prazas.

Foi un choque diferenciado polas dúas partes. O Castrelo saíu con gañas e sen medo avalado polas dúas vitorias seguidas anteriores e facía unha forte presión no campo do Cerqueda. Pero na primeria chegada, gol local por medio de Darío. O Castrelo, tras un bo comezo, veuse abaixo e se amosou algo falto de intensidade e desordenado, tendo ademais moitas baixas.
Á media hora de xogo Ángel foi expulsado por protestar un posible penalti a Darío minutos antes, eso fixo que os visitantes colleran ánimos para pelear, pero en outra contra Javi facia o 2 -0 no minuto 38 de forte disparo dende a frontal.

Quedaba moito partido, cun Cerqueda con 10 pero con 2 goles por riba. Na segunda saíu en tromba o cadro vimiances e cun gran cambio de actitude conseguían meterse no partido tras un córner, e cunha gran presión seguía poñendo ao Cerqueda atrás. Eso fixo volver a confianza os visitantes que , sen embargo, vía como novamente Darío facia o 3-1.

Pero o Castrelo reaccionou outra vez, e mentres o Cerqueda intentaba deixar pasar o tempo, chegaba o segundo dos vimianceses, que fixo poñerse nerviosos aos locais. No minuto 90 foi expulsado Capote por unha dura falta sobre Gesto, que saíu moi danado do xeonllo. Houbo que parar o partido mentres se atendia e esperaba pola ambulancia. Xa na prolongación, con 9 xogadores o Cerqueda, puido aguantar a sufrida vitoria.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios