Nova xornada completa de Fútbol da Costa na penúltima fin de semana de novembro. Pasada por auga ademais. Pero aquí seguimos traendo os 80 resultados e a análise da xornada.
E comezamos por arriba, con novas dispares para os nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Non acaba de atopar o sitio o XSC. O cadro de Coméndez, con moitas baixas, está en liña descendente e non consegue darlle a volta cando a cousa se pon de costas. A boa nova protagonizouna o Dumbría, vencendo en Dubra e colocándose 5º, a só 1 punto da Promoción de ascenso, e a 6 do liderato.
Matéñense as liñas ascendentes e descendentes dos equipos costeiros da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Gañaban Baio, Malpica e Sofán, e perdían Corme, Soneira e Esteirana. Os sofanistas seguen líderes, tras vencer no primeiro partido da súa historia en Compostela ante o Amio, e sacan 4 puntos ao segundo clasificado, un Baio que non fallaba en casa ante o Lesende. A terceira vitoria chegada dende Malpica, que conseguía remontar ante o Agolada e xa alcanza a metade da táboa.
Pola zona baixa quedan Soneira, Corme e Esteirana, estes dous últimos en postos de descenso, tralas súas dolorosas derrotas pola mínima.
Segue o San Lorenzo impecable na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Non sacaba nada de Verdillo o Cabana, e os carballeses sacan 4 puntos ao Zas, que tivo que suar tinta para vencer en Ara Solis nun choque convulso. O Castriz caía en Vimianzo ante o Baíñas e perde lixeiramente o tren, permitindo que Buño, Outes, Mazaricos, Volantes e Baíñas (os 5 conseguían sendas vitorias) queden a tiro do grupo cabeceiro.
Por abaixo, Camelle e Montelouro seguen paralizados, pero o Ponteceso tampouco acaba de arrincar.
Intensa a xornada na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Descansaba o líder, o imbatido Ameixenda, e a cousa está que ferve por detrás, con 5 equipos nun punto. Cerqueda e Lira quedan con 18 tras vencer ao Castrelo e ao Corcubión pola mínima, mentres Coristanco, Corcubión e Nantón quedan con 17 puntos.
Boa xornada nos Xuvenís. Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, co Dumbría ao seu (xa saca 7 puntos ao segundo tras vencer ao Castriz), Os MIúdos afianzan a súa segunda praza tras vencer ao Cee. Por detrás, empatados na 3ª praza, XSC e Esteirana, que precisamente asinaban un vibrante empate en Esteiro. O Outes, tras vencer ao Fisterra, aínda está a tiro da 3ª praza, mentres fisterráns e ceenses daban un paso atrás nas súas aspiracións.
Mentres, o Cabana mantense forte na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte tras vencer a un moi bo Ponteceso. O Camariñas queda a 3 puntos tras vencer ao Zas, e o Porteño a 4 tras gañar en Laxe. O Coristanco perde un pouco o ritmo e queda a 3 puntos da 3ª praza tras empatar na casa ante o pechacancelas. O Corme aínda está aí, pero perdeu unha boa ocasión de pasar aos coristanqueses pero non pasaron do empate ante o Baio.
Cambio de líder na 1ª División dos Veteranos. O Hosgram recupera o liderato tras vencer a todo un Soneira, e aproveitar a derrota do Coristanco ante o Bértoa. Zas e Dumbría, ademais, non pasaban do empate ante Castriz e Milagrosa.
Xa na 2ª División, o Agualada escapa, xa con 6 de vantaxe sobre o Erbecedo, tras vencer, con apuro, ao Deportivo Carballo, e o empate do Erbecedo ante o Buño. Porteño e San Isidro tampouco puideron seguir o ritmo do líder.
| Xallas StComba | 1-2 | Gal. Mugardos |
| Dubra | 0-1 | Dumbría |
| Corme | 0-1 | Sigüeiro |
| Bertamiráns B | 1-0 | Soneira |
| Flavia | 2-1 | Esteirana |
| Baio | 3-1 | Lesende |
| Malpica | 2-1 | Agolada |
| Amio | 1-2 | Sofán |
| Camelle | 0-1 | Seaia |
| Volantes | 2-2 | Cee |
| Porteño | 2-4 | Buño |
| San Lorenzo | 4-2 | Cabana |
| Fisterra | 0-2 | Zas |
| Baíñas | 2-1 | Castriz |
| Ponteceso | 1-1 | Carnota |
| Mazaricos | 3-1 | Camariñas |
| Outes | 2-0 | Montelouro |
| Muxía | 1-0 | Coristanco |
| Lira | 3-2 | Corcubión |
| Nantón | 4-3 | Laxe |
| Cerqueda | 3-2 | Castrelo |
| Esteirana | 3-3 | Xallas StComba |
| Os Miudos | 2-1 | Cee |
| Outes | 4-1 | Fisterra |
| Corcubión | 2-2 | Muxía |
| Castriz | 0-4 | Dumbría |
| Camariñas | 4-2 | Zas |
| Laxe | 2-6 | Porteño |
| Coristanco | 1-1 | Malpica |
| Baio | 1-1 | Corme |
| Cabana | 2-1 | Ponteceso |
| Xallas de Santa Comba | 0-3 | Deportivo B |
| Os Miudos | 4-1 | Fisterra |
| Cabana | 3-2 | Cee |
| As Baleas | 2-1 | Baio |
| Sofán | 3-11 | Esteirana |
| Coristanco | 1-3 | Ponteceso |
| Corme | 3-2 | Muxía |
| Coristanco | 3-3 | Sofán |
| Corme | 1-0 | Outes |
| Zas | 3-7 | Vimianzo |
| Ponteceso | 1-0 | Cee |
| Fisterra | 2-1 | Cabana |
| Os Miudos | 1-4 | Xallas StComba |
| Dumbría B | 5-1 | XSC A |
| Dumbría | 18-1 | Cee B |
| Esteirana B | 2-5 | As Baleas |
| Fisterra | 5-2 | Sofán |
| Lira | 5-3 | Os Miúdos B |
| Esteirana A | 9-2 | Os Miúdos A |
| Outes A | 2-1 | Cee A |
| XSC B | 2-8 | As Baleas |
| Dumbría | 3-5 | Cee B |
| Fisterra | 9-2 | Sofán |
| Esteirana | 4-3 | Os Miúdos A |
| Lira | 10-2 | Miúdos B |
| Outes | 13-0 | Cee |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 11
| Dumbría | 0-0 | At. Milagrosa |
| Hosgran | 4-2 | Soneira |
| Cabana | 1-1 | San Lorenzo |
| San Román | 0-1 | Ponteceso |
| Baio | 0-0 | Xv. Bergantiños |
| Bértoa | 3-2 | Coristanco |
| Zas | 2-2 | Castriz |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 11
| Poniente | 1-5 | Malpica |
| Cerqueda | 3-1 | Nantón |
| Camariñas S.D.V | 1-4 | Leiloio |
| Corcoesto | 4-3 | Porteño |
| Dep. Carballo | 3-4 | Agualada |
| Erbecedo | 1-1 | Buño |
| Vimianzo | 2-2 | San Isidro-Razo |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).