División de Honra Cadete: O Dumbría saca o rodete


Chegaba o Dumbría para enfrontarse ao Val Miñor coa intención de levarse eses 3 puntos que tanto se lles resistían nas últimas xornadas do campionato. O partido daba comezo baixo unha intensa néboa que facía complicada a práctica do futbol, pero aínda así daba comezo en encontro. Ao final, importante vitoria que os coloca de novo 4º na táboa.
División de Honra Cadete, xornada 19
- Resultado: Val Miñor - Dumbría (1-5)
- DUMBRÍA: Gabri (Jorge, min.57), Tomás, Jose M, Pablo, Samuel, Jose, Ismael (Gonzalo, min.73), Raúl (Borja, min.41), Juan de Dora (Gabriel, min.77), Eduardo, Rachón (Rubén, min.77).
- Goles: 1-0, min.27; 1-1, min.40: Edu; 1-2, min.54: Juan de Dora; 1-3, min.63: Juan de Dora; 1-4, min.72: Jose; 1-5, min.75: Rachón.
Os primeiros compases do partido ían a favor do Dumbría onde Juan de Dora fallaba unha ocasión clara aos 11 minutos que enviaba ao pau. Pouco despois chegaría o primeiro gol do partido obra do Val Miñor, tras un saque de esquina que o porteiro dumbriés non consegue atallar e acaba no fondo da rede. Finalizando a primeira metade chegaría a xogada clave do encontro, un golazo de Edu desde a frontal do área que se coa por toda a escuadra e facía valer así a superioridade dos homes de Juan Porrúa e Joaquin durante toda a primeira metade.
A segunda metade, o Dumbría foi unha auténtica apisoadora, onde non deron opción ao Val Miñor a meterse no encontro, chegarían os goles uno tras outro moi rápido. Unha segunda metade onde o Killer, Juan de Dora volvería ver porta e a facer un dos seus mellores encontros, con estes 2 goles a moral vólvelle a subir e a afrontar con ilusión o seguinte encontro tanto a el como ao resto de compañeiros, xa que o partido de hoxe foi moi completo en todas as súas lineas e logo de tantos empates e derrotas, esta vitoria éncheos de ilusión e forza.
Agora mesmo póñense 4º na táboa clasificatoria e esperan ao Arosa este próximo fin de semana que se situa a 3 puntos por baixo dos dumbrieses.
Crónicas do Dumbría
- X.17: División de Honra Cadete: Terceiro tropezón dumbriés consecutivo.
- X.11: Dumbría Cadete: Pura poesía.
- X.9: O Dumbría segue facendo do Conco un campo inexpugnable na División de Honra Cadete.
- X.6: Juan de Dora mete ao Dumbría na crema da División de Honra Cadete.
- X.5: Cadetes: O Dumbría segue gañando e 4 equipos xa están nos Cuartos da Copa.
- X.4:O Dumbría cadete aprende a perder.
- X.2: O Dumbría abre a campaña das Ligas Autonómicas base.
Novas relacionadas
Fonte
- Crónica e fotos de Jorge Parri.