O Dumbría segue facendo do Conco un campo inexpugnable na División de Honra Cadete


Disputábase no Conco o partido da 9ª xornada da División de Honra Cadete, e o equipo dumbriés segue facendo do Conco un campo inexpugnable no que vai de tempada.
Un Dumbria que cada fin de semana que pasa segue facendo historia e gardándoa como un tesouro xamais alcanzado por ningún clube da Costa. A día de hoxe o equipo de Porrúa e Joaquín está nunha comodísima 6ª posición, a só 5 puntos do mesmo Deportivo, 2º clasificado por detrás do Celta.
Dumbría - Areosa (1-0)
- DUMBRÍA: Jorge,Tomás, Rachón, Pablo, Kario, Raúl, Samuel, Mauro (Borja, min.40), Juan de Dora (Luís, min.65), Edu (Miguel, min.65) e Isma (Senlle, min.75).
- Gol: 1-0, min.65: Rachón.
Nesta ocasión tiñan un equipo en fronte moi avezado que lles ía poñer as cousas moi moi difíciles, e non sería ata pasada a hora de xogo cando un gran gol de Rachón faría que os tres puntos se quedasen en casa e que o partido terminase coa vitoria.
Foi un resultado moi axustado onde as ocasións máis perigosas caeron ao lado dumbriés, pero que onte non tivo o acerto de outros días.
Foi un partido moi disputado por ambos lados onde as internadas de Isma pola banda, que non facía máis que volver tolo ao seu lateral marcador e a aqueles que se lle poñían por diante e á velocidade de Juan de Dora os que facían que a defensa do Areosa tivese que aplicarse ao 100%.
Pero non só a defensa do Areosa estivo ben aguantando as embestidas brancas, senón que o autentico baluarte da defensa dumbriesa se reencarna no auténtico e mítico xogador do Milán, Franco Baresi, un dos mellores centrais de todos os tempos. Falamos do Kanario, que sen dúbida está sendo un dos xogadores máis destacados deste equipo no que vai de tempada, ademais de ser o Capitán, o dono da defensa, o que saca os balóns perigosos, un xogador prometedor.
Crónicas do Dumbría
- X.6: Juan de Dora mete ao Dumbría na crema da División de Honra Cadete.
- X.5: Cadetes: O Dumbría segue gañando e 4 equipos xa están nos Cuartos da Copa.
- X.4:O Dumbría cadete aprende a perder.
- X.2: O Dumbría abre a campaña das Ligas Autonómicas base.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Rompeuse a racha do Outes nunha nova xornada marcada pola polémica.
- 1ª Autonómica: 3 por arriba e 2 por abaixo.
- Preferente: Mala xornada con estrea.
- Resultados desta segunda fin de semana de novembro no #fútboldaCosta.
- Cambio de líder nos dous grupos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Crónica de Jorge Parri (jorgeparri@quepasanacosta.gal).