Venres. 26.04.2024
El tiempo

Dúas de cal e dúas de area na xornada de tenis de mesa

Dúas de cal e dúas de area na xornada de tenis de mesa

A piques de estrear as novas equipacións, os equipos de tenis de mesa da bisbarra afrontaban a pasada fin de semana unha nova xornada na casa. Deu alegría o Anorthosis machacando ao Hípica Coruña e permitindo que non se acheguen aos compañeiros do Angepón, que manteñen a 10ª praza, con 4 puntos sobre os coruñeses.
Pola contra o Angepón non puido cun potente Lalín B, 4º na táboa empatado a 22 puntos co Anorthosis.

En 3ª galega deronse dúas sorpresas. Caía o Concello Zas Tívoli, pero mantén a 4ª posición. Ademais o O Pinar vencía ao Breogán Oleiros G para saír dos postos de abaixo.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. 14ª xornada

  • Anorthosis Vimianzo - Hípica Coruña (7-0).
  • Concello de Zas Angepon - CTM Lalín "B" (1-6).

Contundente a vitoria do Anorthosis Vimianzo (21 - 4 nos sets) que non reflexa a igualdade que houbo en moitos sets (nos partidos individuais cando houbo igualdade, 10-10, sempre se resolveu favorable aos da casa).

O Concello de Zas Angepon non tivo a máis mínima oportunidade de sorprender ao CTM Lalín "B". O único partido gañouno Stevo pero xa os de Lalín gañaban 4-0. Notouse a ausencia de Angel, por accidente doméstico, pero tamén serviu para que outro xogador da canteira, Gabriel Bouzas, se foguee.

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 12

  • Concello de Zas P Tívoli - Andeiro Promesas (2-5).
  • Concello de Zas O Pinar - Breogán Oleiros "E" (5-2).

Sorpredente a derrota do Concello de Zas P Tívoli ante o Andeiro Promesas, onde perderon 4 partidos por 3-2 e dous deles despois de ir gañando 2-0. Agora a seguir entrenando para facelo mellor nos vindeiros encontros.

Polo outro lado, e collendo moita moral, o Concello de Zas O Pinar gañoulle ao Breogan Oleiros "E". A constancia nos entrenamentos empeza a dar resultados. Moi ben no seu debut Roi Vázquez gañando os dous partidos nos que participou.

Vindeira cita

Ata dentro de 15 días non volverá a competición.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas de tenis de mesa

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios